Saltar ao contido

Avenida do Fragoso (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°12′58″N 8°44′08″O / 42.215992325409, -8.7356531529864

Avenida do Fragoso
Localización
InicioPraza América
FinEstado de Balaídos
LocalidadeVigo
Código postal36210

A avenida do Fragoso é unha vía urbana da cidade de Vigo. Deseñouse na década de 1970 para unir a praza América co estadio de Balaídos.

A avenida do Fragoso é unha das principais vías radiais que parten da praza América. Para dar solución ao problema de acceso ao estadio de Balaídos, onde xoga como local o Real Club Celta de Vigo, redactouse un proxecto para construír un vial que conectase a praza América co campo de fútbol. Até entón, dito acceso realizábase mediante camiños desde as estradas de Vincios e Baiona.

O proxecto foi encargado polo concello ao enxeñeiro Sáez-Díez antes da redacción do Plan de Ordenación da Florida de 1958. Finalmente, na década de 1970 materializouse a construción do vial.[1]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A avenida do Fragoso recibe o seu nome do val de Fragoso, o val que ocupa gran parte do concello vigués e a contorna natural do río Lagares. Anteriormente, o val estaba integrado por tres concellos: Vigo, Bouzas e Fragoso. Este último concello abranguía as parroquias viguesas de Coruxo, Cabral ou Alcabre e mais a parroquia redondelana de Chapela.[Cómpre referencia]

  1. "A avenida materializouse nos anos 70.". Faro de Vigo. Consultado o 22 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]