Saltar ao contido

Rúa de Colón (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°14′16″N 8°43′14″O / 42.237820310371, -8.7204880955861

Rúa de Colón
Lonxitude0,5 km
Localización
LocalidadeVigo
Código postal36201

A rúa de Colón é unha vía urbana da cidade de Vigo. Constitúe unha das principais arterias que conectan a centro urbano co mar. Comeza na praza de Compostela e remata en Urzaiz, e no seu percorrido cruza coas rúas, Areal, Rosalía de Castro, Policarpo Sanz, García Barbón e do Uruguai. Consta, segundo os tramos, de entre tres e catro carrís, un deles carril bus.

Construíuse en 1875 como conexión cos terreos gañados ao mar e o dique construídos por aquel entón. Denominouse inicialmente rúa do Ramal, mais en 1892 pasou a chamarse rúa de Colón, ao facerse 400 anos da chegada a América de Cristovo Colón, feito que propiciou a recuperación do nome nos rueiros de todo o Estado. A rúa reinaugurouse co nome actual nun acto solemne celebrado o 12 de outubro dese mesmo ano.[1]

Edificios singulares

[editar | editar a fonte]
Banco Pastor na intersección entre a rúa Colón e Policarpo Sanz.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]