Saltar ao contido

Praza da Estrela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praza da Estrela
Localización
LocalidadeVigo

A praza da Estrela é unha praza da cidade de Vigo. Está dividida en dúas partes, unha primeira que supón a continuación da alameda da praza de Compostela; e outra situada tras os edificios da Alfándega e a Comandancia da Mariña, onde se atopa unha das dúas esculturas que conforman O Nadador, de Francisco Leiro[1]. É unha praza célebre pola práctica de deportes urbanos, sobre todo o skateboard.[2]

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Inicialmente coñeceuse como O Aterrado Novo.[3]

A praza da Estrela xorde da necesidade de homoxeneizar e urbanizar a ribeira viguesa entre a urbe e o porto, baixo o obxectivo de "abrir Vigo ao mar"[4]. Así, en 1991 foi presentado un Avance do Proxecto de Mellora da Ribeira marítima da Área Central de Vigo por parte das autoridades do Porto de Vigo.

Dous anos despois, en 1993, varios arquitectos, entre os que se atopaban Francisco Javier Sáenz de Oiza, Andrés Perea ou Esteve Bonell, elaboraron un proxecto promovido en colaboración co Concello de Vigo, a Autoridade Portuaria, o Consorcio da Zona Franca e a Xunta de Galicia. Así, deseñáronse diferentes actuacións, etre as que destacaban a mellora dos peiraos de A Laxe e do Comercio, a renovación de fachadas e a humanización do paseo das Avenidas ou a propia praza da Estrela.

Morfoloxía e urbanismo

[editar | editar a fonte]
Escultura do nadador. Unha das partes atópase na praza da Estrela, mentres que outra está situada no paseo das Avenidas.

A praza da Estrela, malia recibir dita denominación homoxénea, está arquitectónicamente dividida en dous espazos, separados entre si por varios edificios, principalmente o edificio da Alfándega ou Aduana de Vigo.

A primeira parte da praza é estruturalmente unha continuación da alameda existente na praza de Compostela. Dita alameda compórtase coma un continuum, mais muda de denominación ao chegar á intersección da rúa de Concepción Arenal. Esta parte da praza linda coa rúa do Areal.

Unha segunda parte, diferenciada estruturalmente da segunda, atópase tras o edificio da Alfándeaga, e xa non é unha alameda senón unha praza enlousada con xardíns elevados na zona central. Nesta segunda área atópase unha das estatuas do Nadador, e queda delimitada polas rúas Concepción Arenal, Montero Ríos e a Estrada do Porto.

Edificios senlleiros

[editar | editar a fonte]
  • Estatua do Nadador. Creado en 1991 polo escultor Francisco Leiro.[5]
  • Autoridade Portuaria de Vigo. Nº 1.
    Parte traseira da Delegación Privincial do Instituto Galego de Consumo.
    Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. A fachada atópase na rúa Concepción Arenal, Nº8.
  • Delegación Provincial do Instituto Galego de Consumo. S/N.
  • Alfándega de Vigo. Nº 3. Construída en 1956, demorou seis anos en se contruír. Posúe unha fachada de 136 metros e un área de case 3.000 metros cadrados.[6]
  • Monumento a Manuel Curros Enríquez.
  • Monumendo a D. Eugenio Fernández de Haz, un dos persoeiros da radiodifusión da cidade e fundador da emisora Radio Vigo.[7]
  • Monumento da Asociación do Parkinson. Monumento creado polos alumnos da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra baixo a dirección de Enrique Velasco.[8]
  1. "El Nadador". Hoxe Vigo. Consultado o 9 de marzo de 2025. 
  2. "Skate e Patinaxe. Vigo, capital galega do skate.". Turismo de Vigo. Consultado o 9 de marzo de 2025. 
  3. Rodríguez, Pedro. "Os 12.000 nomes dos lugares de Vigo.". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de marzo de 2025. 
  4. "Abrir Vigo ao mar." (PDF). COAM. Consultado o 9 de marzo de 2025. 
  5. Mijo, Miguel (2022). "Arte y Entorno Urbano. El poder de representar, el poder de callar." (PDF). Kult-ur 9 (17). doi:10.6035/kult-ur.6450. 
  6. "A gran alfándega de Vigo.". Faro de Vigo. Consultado o 9 de marzo de 2025. 
  7. Torres Carvajo, Fernando. "Eugenio González de Haz, pionero de la radiodifusión". VigoE. Consultado o 9 de marzo de 2025. 
  8. "Vigo acoge el primer monumento de España dedicado a los enfermos del Parkinson". La Voz de Galicia. Consultado o 9 de marzo de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]