Saltar ao contido

Rúa Rosalía de Castro (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rosalía de Castro
Titular da víaConcello de Vigo
Dimensións
Lonxitude700 m

A rúa de Rosalía de Castro é unha vía urbana da cidade galega de Vigo. Comeza na intersección da rúa Marqués de Valadres coa rúa de Colón, e termina confluíndo nunha rotonda coa rúa de García Barbón. Ten unha lonxitude de 700 metros.

Salinas no Centro Arqueolóxico de Salinae.

A rúa de Rosalía de Castro é unha vía relativamente recente, proxectada a finais do século XX. Porén, foi xa proxectada a principios do século XX por Ramiro Pascual e Manuel Cominges.

Existen antecedentes dun camiño que unía Vigo con Redondela onde actualmente está construída a rúa Rosalía de Castro, o que poderíamos considerer o seu precursor. Tratábase dun camiño que bordeaba o mar e na que apenas había construcións, agás algunha vivenda de familias catalás que se instalaron na cidade co auxe da explotación conserveira e da sardiña.

Finalmente, en 1989, aprobouse a conceptualización da rúa no Plan Especial de Reforma Interior de Vigo (PERI)[1]. En 1993, con Carlos Príncipe como rexidor da cidade, apróbase o Plan de Reordenamento Xeral Urbano de 1993 (PXOU93). Así, finalmente un ano despois, en 1994, comeza a súa construción por tramos. En 1995 inaugurouse un segundo tramo até a rúa Oporto, e finalmente en 2011 rematouse o último tramo atá a rotonda de García Barbón.

A rúa está situada sobre un antigo asentamento romano, concretamente unhas salinas, o que obligou á modificación do proxecto orixial da rúa. Ademais, creouse un museo denominado Centro Arqueolóxico de Salinae. En 2006, no transcurso das obras da rúa, atopáronse tamén un áncora de pedra e varias pezas cerámicas.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A rúa recibe a súa denominación da escritora galega Rosalía de Castro.

Morfoloxía e urbanismo

[editar | editar a fonte]

A rúa ten unha lonxitude de 700 metros e posúa catro rotondas, o que a converte dunha das vías con máis rotondas da cidade. Cada unha delas ten unha estatua[2]:

  • Monumento a Rosalía de Castro.
  • Olivo centenario. Instalado en 2015, procedente da Serra de Cádiz.
  • Monumento "Como chove miudiño", de Forcarei, que representa unha pinga de choiva e que toma o seu nome dun poema de Rosalía.
  • Ciberfonte de Rosalía de Castro, cunha pantalla LED instalada en 2017.
    Centro de Saúde da rúa Rosalía de Castro.
  1. "Plan Especial de Reforma Interior (PERI)." (PDF). Xerencia Municial de Urbanismo. Concello de Vigo. Consultado o 6 de maio de 2025. 
  2. Picatoste, Mario. "Siete cosas que (a lo mejor) no sabías de la calle Rosalía de Castro de Vigo.". El Español. Consultado o 5 de marzo de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]