Saltar ao contido

Rúa das Ostras (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rúa Pescadería
Tipoloxíapeonil
Localización
LocalidadeVigo

A rúa Pescadaría, popularmente coñecida coma rúa das ostras, é unha pequena rúa peonil situada na parte ribeirá de Vigo. Sitúase entre as rúas Baixada da Fonte e Mestre Mateo. Recibe esa denominación pola oferta culinaria proporcionada polos múltiples restaurantes e postos na rúa onde se vende marisco e peixe, especialmente ostras.

Vigo foi eminentemente unha cidade tradicionalmente pesqueira. Na segunda metade do século XIX, tras a proliferación dunha importante industria conserveira no porto de Vigo, propiciou a creación de difentes mercados na zona do Berbés, na praza da Princesa, e na rúa onde actualmente se sitúa a rúa das ostras.

Así, na rúa das ostras, de pequeno tamaño e preto tanto da zona portuaria como do centro urbano, proliferaron os postos de venda de peixe e marisco. Duns doce metros de lonxitude, o pequeno calexón situábase a carón da fonte de Vigo, onde se vendría o peixe seco e de salazón. Xa por aquel entón a rúa dispoñía dunha cuberta en forma de tinglado.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Inicialmente foi coñecida tamén como a rúa dos pescadores, por ser o lugar onde se vendía o peixe procedente da salazón da zona do Areal. Posteriormente denominouse tal e como se coñece actualmente, rúa Pescadaría, aínda que popularmente coñécese coma rúa das ostras, tanto polas guías turísisticas coma pola poboación viguesa. Esta denominación provén da venda, desde hai máis de un século, de ostras e outro xénero de marisco da ría por parte, tradicionalmente, das mulleres dos pescadores.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]