Saltar ao contido

Rúa de Ecuador (Vigo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rúa de Ecuador (Vigo)
Rúa de Ecuador
Titular da víaConcello de Vigo
Dimensións
Lonxitude800 m
Localización
InicioVázquez Varela
FinTaboada Leal

A rúa de Ecuador é unha vía urbana da cidade galega de Vigo. Parte da rúa de Taboada Leal e, após de cruzar en perpendicular a Gran Vía, conflúe na rúa de Vázquez Varela. A rúa, de 800 metros de lonxitude, ten entre dous e tres carrís, e percorre o ensanche vigués nas históricas parroquias de Santa María e Santiago de Vigo. Igual ca o resto das rúas do arredor, recibe o seu nome do país sudamericano.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

A rúa de Ecuador recibe o seu nome do país homónimo, igual que as rúas paralelas e perpendiculares da contorna. Así, atopamos paralela á rúa Ecuador, as rúas Venezuela, Brasil, Uruguay ou Bolivia, e perpendiculares rúas coma Cuba.

Recibiu dita denominación no ano 1920.[1]

Edificios senlleiros

[editar | editar a fonte]
Colexio Compañía de María
  1. Antomil Pérez, Daniel (2016). De los nombres de las calles de Vigo. Cardeñoso Ediciones. ISBN 978-84-8190-844-2. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]