Saltar ao contido

Michel Christol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichel Christol

Retrato de Charles Christol en 2016

Biografía
Nacemento25 de outubro de 1942
Castelnau-de-Guers, Hérault, Francia.
Cargos
Presidente da
Escola Antiga de Nîmes
PeríodoDesde 2023 – 
AntecesorDominique Darde.
Sucesor-
Presidente da
Sociedade Francesa de Numismática
Período1983 – 1985
AntecesorH. Huvelin
SucesorC. Brenot
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Francesa.
EducaciónUniversidade de Montpelier.
Universidade París 1 Panthéon-Sorbona.
Lycée Joffre.
Tese académicaCrise do Imperio Romano en tempos de Valeriano e de Galieno.
Director de teseWilliam Seston e Charles Pietri.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía, epigrafía, numismática.
Ocupaciónhistoriador da antigüidade clásica, profesor universitario, epigrafista, erudito clásico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade París 1 Panthéon-Sorbona (1983-2008)
Membro de
Sociedade Francesa de Numismática.
Instituto Europeo Séguier.
Sociedade Francesa de Estudos Epigráficos sobre Roma e o Mundo Romano.
Sociedade Arqueolóxica, Científica e Literaria de Béziers.
Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia.
ProfesoresAndré Chastagnol, Hans-Georg Pflaum, Charles Piétri e William Seston Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
DoutorandoAntony Hostein, Benoît Rossignol, Anne Daguet-Gagey, Sabine Lefebvre, Christine Hoët-Van Cauwenberghe, Maria-Luisa Bonsangue e Céline Chulsky Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiLouis Christol Editar o valor en Wikidata
Premios
Membro non residente da Academia de Nîmes.

BNE: XX944867 Dialnet: 56263

Michel Christol, nado en Castelnau-de-Guers o 25 de outubro de 1942, é un historiador, epigrafista e numismático francés especializado na Antigüidade romana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Christol naceu en 1942[1] na cidade occitana de Castelnau-de-Guers, departamento de Hérault. Cursou a súa educación secundaria nas Escolas Cristiás de Béziers e logo marchou a Montpellier, onde estudou un curso superior de Literatura no Instituto Joffre e despois a carreira de Historia na Universidade de Montpellier;[2][3] alí foi alumno, entre outros, de Hans-Georg Pflaum.[4]

Entre 1964 e 1967 exerceu como profesor de Xeografía e Historia no instituto de Nîmes. [2]

En 1981 acadou o seu doutoramento, cunha tese elaborada baixo a dirección de William Seston e de Charles Pietri versou sobre a crise do Imperio Romano en tempos de Valeriano e de Galieno, e foi defendida ante un tribunal presidido por André Chastagnol.[5]

Carreira académica

[editar | editar a fonte]

En 1983, dous anos despois do seu doutoramento, Christol accedeu ao posto de catedrático de Historia Romana da Universidade de París-I, cargo que ocupou ata a súa xubilación en 2008, cando pasou a ser profesor emérito.[1][6] Tamén dirixiu o departamento de publicacións da Sorbona de 1989 a 2000.[2][3]

Michel Christol foi presidente do consello de redacción da revista Gallia.[5] Tamén dirixiu a Maison Avicenne —o pavillón de estudantes iranianos— da Cidade Internacional Universitaria de París, de 2001 a 2007.[2]

Entre outras institucións académicas e sociedades eruditas, Christol foi membro de honra da Sociedade Francesa de Numismática —entidade que presidiu entre 1983 e 1985—,[7][8] e tamén foi membro do Instituto Europeo Séguier, da Sociedade Francesa de Estudos Epigráficos sobre Roma e o Mundo Romano,[3] da Sociedade Arqueolóxica, Científica e Literaria de Béziers e da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia.[6]

O 9 de xaneiro de 2015 foi nomeado membro non residente da Academia de Nîmes,[9] e pronunciou o panexírico do seu predecesor, Maurice Agulhon. Tamén é o máximo representante da institución Escola Antiga de Nîmes.[2][6]

Christol é especialista en historia política do Imperio Romano, en particular do século III, na época da primeira crise do Estado imperial. Tamén centra o seu foco de interese na provincia romana Narbonense.[4] É autor de numerosos manuais, un dos cales, escrito en coautoría con Daniel Nony, foi obxecto de continuas reedicións desde a súa primeira publicación en 1974. É coñeido polas súas análises das fontes numismáticas e epigráficas, sobre todo nos ámbitos da onomástica e da prosopografía.[2][4][5]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma das publicacións máis salientables de Michel Christol ao longo da súa traxectoria:[10][11]

  1. 1,0 1,1 "Michel Christol". En Diritto @ Storia. Rivista Internazionale di Scienze Giuridiche e Tradizione Romana. Nº 8. 2008.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Michel Christol: Réception à l'Académie de Nîmes. Vendredi 9 janvier 2015". Academiedenimes.org
  3. 3,0 3,1 3,2 Bonsangue, M. L.; Hoët-van Cauwenberghe, C. (2010). Páxina 9.
  4. 4,0 4,1 4,2 Gascou, J. (2011). "Comptes rendus bibliographiques: Michel Christol, Une histoire provinciale, La Gaule narbonnaise [...]". En Revue archéologique. 2/2011. N° 52.
  5. 5,0 5,1 5,2 Bonsangue, M. L.; Hoët-van Cauwenberghe, C. (2010). Páxina 8.
  6. 6,0 6,1 6,2 "M. Michel Christol". Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS.fr).
  7. "Les présidents de la SFN". Société française de numismatique.
  8. "Les présidents de la SFN depuis 1965". En Bulletin de la Société Française de Numismatique. Decembro de 2014. Nº 10. Páxinas 313-314.
  9. "Membres non résidants". Academiedenimes.org
  10. "Michel Christol". En Diritto @ Storia. Rivista Internazionale di Scienze Giuridiche e Tradizione Romana. Nº 8. 2008.
  11. "Christol, Michel (1942-)". Persee.fr

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]