Miguel Roig Lestón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1916 Porto do Son, España |
Morte | 1 de febreiro de 1998 (81 anos) Vigo, España |
Alcalde de Coirós | |
1958 – 1962 | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Miguel Roig Lestón, nado en Porto do Son o 31 de outubro de 1916 e finado en Vigo o 1 de febreiro de 1998[1], foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Rogelio Roig Mariño e Concepción Lestón Lojo. Estudou o bacharelato no Instituto de Noia. Pertenceu á agrupación Ultreya de Noia, participou na estadía na Granxa de Salcedo entre o 20 e o 27 de marzo de 1932. Logo fixo o curso preparatorio para estudar medicina en Compostela. En 1937 incorporouse ao Exército e estivo na fronte de Asturias e despois formando parte do corpo sanitario na fronte de Teruel e nas ofensivas de Aragón e Levante. Ao rematar a guerra foi destinado a Tetuán onde acadou o grao de tenente. En 1941 deixou o exército e fíxose mestre. Exerceu primeiro en Laxe e despois en Coirós, onde foi axente de Extensión Agraria e alcalde do Concello. Despois pasou á escola de nenos de Saiáns (Vigo), e máis tarde director do Grupo Escolar de Coia.
Predecesor: ? |
Alcalde de Coirós 1958 - 1962 |
Sucesor: Modesto Álvarez Alonso |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi o 6º de sete irmáns. O seu avó paterno, Miguel Roig Poch, foi un fomentador catalán que estableceuse en Porto do Son. Casou en 1941 con Aurita Varela Bouza, irmá de Amelia, Juan e José Varela Bouza. E tivo con ela 1 fillo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 2-2-1998, p. 40.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Regueira Cereijo, Rosario (2017). Cando pasou o que pasou. Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-947719-6-5.