Moeda de Maximino Tracio a Emiliano

As moedas de Maximino Tracio a Emiliano son conxunto de moedas emitidas por Roma durante os reinados de máis dunha ducia de emperadores da primeira parte do período chamado de anarquía militar, do 235 ao 253, sucesores de Alexandre Severo —derradeiro da dinastía Severa—: Maximino Tracio (235-238), Gordiano I (238), Gordiano II (238), Pupieno (238), Balbino (238), Gordiano III (238-244), Filipo o Árabe (244-249), Decio cos seus fillos Herenio Etrusco e Hostiliano (249-251), Treboniano Galo co seu fillo Volusiano (251-253) e, finalmente, Emiliano (253).
Contexto histórico
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Anarquía militar.
- Véxase tamén: Crise do século III.
Cando Alexandre Severo foi asasinado por instigación do xeneral Maximino Tracio, este sucedeuno en 235.[2][3] Tres anos máis tarde, Maximino foi asasinado polas súas propias tropas, a Legio II Parthica, acampadas preto de Aquileia en maio de 238.[3][4] Sucedérono en poucos meses Gordiano I —que morreu por suicidio—, Gordiano II —morto en batalla—, Pupieno e Balbino —dous senadores asasinados pola Garda Pretoriana— e, finalmente, Gordiano III, que reinou ata 244, pero que probablemente fose asasinado por instancias do prefecto pretoriano Filipo o Árabe. Filipo, que sucedeu a Gordiano no trono imperial, caeu en batalla contra o seu rival Decio en 249, quen pola súa vez morreu xunto ao seu fillo Herenio Etrusco, que o sucedería, na batalla de Abrito contra os godos en 251.[2][4]

Decio foi sucedido por Treboniano Galo, que asociou ao trono primeiro o fillo máis novo de Decio, Hostiliano (en 251), e despois o seu propio fillo, Volusiano. Este último tamén pereceu en combate a mans de soldados instigados polo futuro emperador Emiliano. Emiliano non durou máis de tres meses, xa que morreu tamén a mans dos seus propios soldados, preto de Spoleto.[2][4]
Maximino Tracio
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Maximino Tracio.
Maximino Tracio foi o primeiro bárbaro que alcanzou a púrpura imperial, grazas ao consentimento das lexións, sen ter nacido coa cidadanía romana,[5] e sen ser senador. Foi tamén o primeiro emperador que nunca pisou Roma, xa que pasou os seus tres anos de reinado ocupado en campañas militares, e o primeiro emperador-soldado do século III. Morreu preto de Aquilea tras unha sedición das súas tropas.[2][3]
Título imperial | Veces | Datación |
---|---|---|
Tribunicia potestas | Catro | 20 de marzo de 235; renovado anualmente o 10 de decembro. |
Cónsul | Unha | Ano 236.[6] |
Cognomina ex virtute | Germanicus Maximus[7] en 235,[8][9] Dacicus Maximus[8][9][10][11] en 236/7,[9][11] Sarmaticus Maximus[8][9] en 237.[12][13] | |
Imperator | Seis | Primeiro o 20 de marzo de 235; segunda vez en 235;[14] resto en 237.[8][9] |
Outros | Pontifex Maximus,[8][15] Pater Patriae,[15] Pius[16] e Felix[16] en 235.[15] |
Temas principais das emisións
[editar | editar a fonte]Maximino, o seu fillo César e a súa muller Paulina
[editar | editar a fonte]Maximino foi aclamado Imperator, segundo a versión da Historia Augusta, só despois da morte de Alexandre. Era a primeira vez que tal cousa ocorría no caso dun militar, aínda non senador, e ademais sen ningún decreto do Senado. Tamén se lle deu como colega no imperio o seu fillo Caio Xulio Vero Máximo, a quen se lle outorgou o título de Princeps Iuventutis («príncipe da xuventude»). Asemade, a súa defunta esposa, Caecilia Paulina, foi deificada. A elección dos lexionarios tamén foi confirmada posteriormente pola Garda Pretoriana e ratificada polo Senado romano, que, pola contra, non vía con bos ollos un emperador de orixe bárbara.[2][5]
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Denario | IVL VERVS MAXIMVS CAES; busto de Caio Xulio drapeado cara á dereita. | PIETAS AVG, lituus, coitelo, xerra, simpulum e aspergillum. | 235/238 | 3,06 g | RIC Maximinus Trax, IVb, 1; BMCRE[17] 118; RSC[18] 1. |
![]() |
Denario | DIVA PAVLINA; busto de Paulina velado e drapeado cara á dereita. | CONSECRATIO, pavón de fronte coa cola despregada. | 235 | 3,36 g | RIC Maximinus Trax, IV 1; BMCRE 135; RSC 1. |
Campañas militares contra xermanos e sármatas (235-237)
[editar | editar a fonte]A presión dos bárbaros ao longo das fronteiras setentrionais e a presión simultánea dos Sasánidas en Oriente estenderan a sensación de que o Imperio estaba cercado polos seus inimigos. As ferramentas da diplomacia tradicional, utilizadas desde a época de Augusto e baseadas na ameaza do uso da forza e o fomento das disensións internas entre as tribos hostís para as manter enfrontadas entre si, amosaban agora escasos resultados.[2][5]
Cumpría recorrer inmediatamente á forza, despregando exércitos tacticamente superiores, capaces de interceptar canto antes calquera posible vía de invasión dos bárbaros. No entanto, a estratexia dificultábase ao ter que gornecer inmensas extensións de fronteira con continxentes militares na súa maioría escasos.[2][5]
Con este fin, entre 235 e 236 o emperador levou a cabo a súa primeira campaña contra a federación xermánica dos Alamanos,[19] utilizando Mogontiacum como «cuartel xeral» e cruzando as fronteiras imperiais na zona de Taunus.[20] Maximino cría que era unha prioridade do Imperio librar unha guerra «antixermánica»,[4] e continuou loitando contra os xermanos, ata conseguir non só rexeitar as súas incursións ao longo do Limes Germanicus, senón tamén penetrar en Xermania.[2] O Senado romano honrouno co título de Germanicus Maximus,[7][8][9][11][21] e as moedas celebraron os seus títulos de Salus Augusta e Pax Augusti.
Trasladouse, xa que logo, a Panonia, en Sirmium, para pasar o inverno de 235 a 236,[19] e dirixiu novas campañas contra os Sármatas da chaira do Tisza, que intentaran cruzar o Danubio logo duns cincuenta anos de paz ao longo das súas fronteiras, e contra os veciños Quadi, como parecen testemuñar algunhas inscricións achadas na zona de Brigetio.[22][23][24] Maximino Tracio tiña un soño: emular a Marco Aurelio e conquistar a Xermania Magna libre.[4] O seu cuartel xeral, situado en Sirmium, atopábase no centro da fronte de Panonia Inferior e Dacia.[19] Así o relata a Historia Augusta:[5]
“ | Estando completadas as campañas en Xermania, Maximino dirixiuse a Sirmium, preparando unha expedición contra os sármatas e planeando someter a Roma as rexións setentrionais ata o Océano. — Historia Augusta, Maximini, 13.3. |
” |
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Denario | IMP MAXIMINVS PIVS AVG; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita. | VICTORIA AVG, Vitoria camiñando cara á dereita, sostendo coroa e palma. | 235 | 20 mm; 3,16 g | RIC Maximinus Trax, IV 16; BMCRE[17] 25-6 var.; RSC 99. |
![]() |
Denario | IMP MAXIMINVS PIVS AVG; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita. | PAX AUGUSTI, deusa Pax de fronte ollando cara á esquerda, con póla de oliveira e cetro. | 236 | 20 mm, 2,95 g | RIC Maximinus Trax, IV 12; RSC 31a. |
![]() |
Sestercio | MAXIMINVS PIVS AVG GERM; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita. | VICTO-RIA GERMANICA / S C; Vitoria en pé cara á esquerda, con coroa e palma; prisioneiro aos pés. | 236 | 28 mm; 18,44 g | RIC Maximinus Trax, IV 90; BMCRE 194; Cohen[25] 109. |
![]() |
Sestercio | MAXIMINVS PIVS AVG GERM; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita. | SALVS AVGVST I e SC no exergo; Salus sedente cara á esquerda con pátera; serpe saíndo de altar. | 236 | 30 mm; 21,53 g | RIC Maximinus Trax, IV 85; BMCRE 175–6. |
![]() |
Denario | MAXIMINVS PIVS AVG GERM; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita. | P M TR P III COS P P; o emperador en pé entre estandartes lexionarios, cun cetro na man dereita. | 237 | 3,08 g | RIC Maximinus Trax, IV 5; BMCRE 161; RSC 64. |
![]() |
Sestercio | MAXIMINVS PIVS AVG GERM; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita. | P M TR P IIII COS P P; emperador en pé entre estandartes lexionarios, cun cetro na man dereita. | 238 | 21,19 g | RIC Maximinus Trax, 40; BMCRE 221; Cohen 71. |
Lealdade do exército, donativum e congiarium aos provinciais
[editar | editar a fonte]Logo de estoupar a rebelión en África contra Maximino Tracio, Gordiano I apresurouse a enviar numerosas mensaxes aos que consideraba os cidadáns máis ricos de Roma, así como ao Senado e ao propio pobo de Roma, prometendo gran clemencia para quen cooperar. Aos soldados da Garda Pretoriana e da Legio II Parthica distribuíuselles un donativum, e ao pobo de Roma unha nova repartición de diñeiro. Maximino fixo o mesmo, especialmente coas tropas que aínda lle eran leais e os provinciais.[19]
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Denario | IMP MAXIMINVS PIVS AVG; busto de Maximino laureado e acoirazado cara á dereita. | FIDES MILITVM; Fides de pé cara á esquerda, cun vexillum en cada man apoiado no chan. | 236 | 20 mm; 3,17 g. | RIC IV 7a; RSC 7a. |
![]() |
Sestercio | IMP MAXIMINVS PIVS AVG; busto de Maximino laureado e acoirazado cara á dereita. | LIBERALITAS AVG; Maximino sedente cara á esquerda, sobre plataforma; soldados detrás; Liberalitas en pé á esquerda con cornucopia. | 236 | 27 mm; 15,00 | RIC IV 48. |
Os dous primeiros Gordianos (238)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Gordiano I.
- Véxase tamén: Gordiano II.
O crecente descontento xeneral cara ao goberno do emperador Maximino Tracio culminou na rebelión de África en marzo de 238.[5] Gordiano I, impulsado polo clamor popular, asumiu o cargo e o cognomen de Africanus,[26][27][28] o 22 de marzo.[5][19] Por mor da súa avanzada idade, insistiu en que o seu fillo, Marco Antonio Gordiano (Gordiano II), se asociase con el.[2] O Senado confirmou a Gordiano como novo emperador xunto co seu fillo, e ao seu sobriño Gordiano III prometéuselle o pretorio, o consulado e o título de César, en tanto que Maximino e o seu fillo foron proclamados «inimigos públicos», e a maioría das provincias se puxeron do lado de Gordiano I, coa excepción dunhas poucas cidades aínda leais a Maximino.[5]
O reinado dos dous primeiros Gordianos durou pouco, apenas vinte días, xa que o gobernador de Numidia, Capeliano, que mantiña a súa lealdade a Maximino Tracio, invadiu a provincia de África e dirixiuse a Cartago, onde Gordiano II foi derrotado e morto en batalla. Tras a morte do seu fillo, Gordiano I suicidouse, aforcándose cun cinto.[19]
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Sestercio | IMP CAES M ANT GORDIANVS AFR AVG; busto de Gordiano laureado e drapeado cara á dereita. | VICTORIA AVGG(ustorum) / S C; Vitoria camiñando cara á esquerda, sostendo coroa e palma | 238 | 21,41 g | RIC Gordianus, IV 12; BMCRE 15; Cohen 14. |
![]() |
Sestercio | IMP CAES M ANT GORDIANVS AFR AVG; busto de Gordiano laureado e drapeado cara á dereita. | VIRTVS AVGG / S C; Virtus en pé cara á esquerda, con escudo apoiado no chan e lanza cara a abaixo nas mans. | 238 | 20,21 g | RIC Gordianus, IV 8; BMCRE 31; Cohen 15. |
Pupieno e Balbino (238)
[editar | editar a fonte]Dado o apoio previo á causa dos dous Gordianos e ante a ameaza que supuña Maximino, que se achegaba desde a fronteira, o Senado viuse na obriga de continuar a loita, e nomeou a Pupieno e Balbino como coemperadores no Templo de Xúpiter Óptimo Máximo o 22 de abril de 238.[5][19] Porén, produciuse un levantamento da plebe de Roma, especialmente dos partidarios do partido gordiano, que querían que alguén da familia dos rebeldes derrotados fose elixido emperador. Pupieno e Balbino acordaron nomear César o fillo de Antonia Gordiana, irmá de Gordiano II e filla de Gordiano II, é dicir, a Gordiano III. Pupieno, debido á súa carreira militar, foi enviado contra Maximino como xefe do exército,[5] mentres que Balbino ficou en Roma para sufocar unha revolta plebea favorable a Gordiano III.[19]
Á morte de Maximino Tracio, entre finais de abril e principios de maio de 238,[3][5] Pupieno pagou ás tropas de Maximino, regresou a Roma e, xunto con Balbino e Gordiano III, retirouse ao palacio imperial. Pouco despois comezaron novos disturbios na cidade. Balbino viuse envolto máis tarde no enfrontamento cos partidarios de Gordiano III, e a cidade ardía polos incendios provocados polos alborotadores. Coa presenza de ambos os coemperadores, a situación estabilizouse, mais a inquedanza permaneceu. Balbino e Pupieno temían ser asasinados, un polo outro.[5] No entanto, foi o temor a que os emperadores, elixidos polo Senado, disolvesen a Garda Pretoriana e a substituísen pola xermánica, o que impulsou a algúns pretorianos a dar un golpe de Estado. Os pretorianos, logo de penetraren no palacio imperial, capturaron os dous emperadores e matáronos pouco despois. Os propios pretorianos aclamaron daquela a Gordiano III como único emperador.[2][3]
Pupieno e Balbino reinaran pouco menos de tres meses. As moedas emitidas no seu curto reinado amosan a efixie dun dos dous nunha face, e na outra dúas mans entrelazadas para simbolizar o seu poder conxunto.
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Denario | IMP CM COLD PVPIENUS AVG; busto de Pupieno laureado e drapeado cara á dereita. | CONCORDIA AVGG(ustorum); Concordia sedente cara á esquerda, sostendo pátera e dúas cornucopias. | 238 | 19 mm; 2,82 g | RIC Pupienus, IV 1; RSC 6. |
![]() |
Denario | IMP C(aesar) D CAEL BALBINVS AVG; busto de Balbino laureado e drapeado cara á dereita. | IOVI CONSE-RVATORI; Xúpiter en pé cara á esquerda, cun raio na man dereita e un cetro apoiado no chan na esquerda. | 238 | 3,21 g | RIC Balbinus, IV 2; RSC 8. |
![]() |
Sestercio | IMP CAES(ar) D CAEL BALBINVS AVG; busto de Balbino laureado, drapeado e acoirazado cara á dereita. | VICTORIA AVGG; Vitoria en pé cara á esquerda, sostendo coroa e póla de palma. | 238 | 30 mm; 22,56 g | RIC Balbinus, IV 25; BMCRE 40-1. |
![]() |
Antoniniano | IMP CAES(ar) D CAEL BALBINVS AVG; busto de Balbino radiado, laureado, drapeado e acoirazado cara á dereita. | PIETAS MVTVA AVGG; dúas mans apertadas en sinal de acordo entre Balbino e Pupieno. | 238 | 24 mm; 4,57 g | RIC Balbinus, IV 11; RSC 6; BMCRE 71. |
![]() |
Antoniniano | IMP CM COLD PVPIENVS AVG; busto de Pupieno radiado, laureado, drapeado e acoirazado cara á dereita. | PATRES SENATVS; dúas mans apertadas en sinal de acordo entre Balbino e Pupieno. | 238 | 21 mm; 5,31 g | RIC Pupienus, IV 11a; BMCRE 81; RSC 19. |
Gordiano III (238-244)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Gordiano III.

Marco Antonio Gordiano (Gordiano III) foi emperador romano desde 238 ata a súa morte durante unha campaña militar en Oriente contra os Sasánidas,[2][4][5] Debido á súa xuventude —subiu ao trono con trece anos e reinou ata os dezanove—, o goberno imperial estivo en mans de rexentes pertencentes á aristocracia senatorial. De feito, entre finais de 240 e principios de 241, o emperador nomeou a Timesiteo prefecto do pretorio, e tomou como esposa a súa filla.[4] Timesiteo, que xa estivera na administración de varias provincias, tiña o título de Protector da República.[2][4][5] Como xefe dos pretorianos e sogro do emperador, Timesiteo converteuse de camiño no árbitro de facto do Imperio Romano. Mentres tanto, Gordiano beneficiouse desta axuda, converténdose no símbolo da unidade do Imperio e acadando o apoio do pobo.[4]
As fontes persas contan que, a principios do ano 244, persas e romanos se enfrontaron na batalla de Misiche (actual Faluxa), que terminou coa derrota dos romanos. Shapur I cambiou o nome da cidade polo de Peroz-Shapur («Shapur vitorioso») e celebrou a vitoria cunha inscrición en Naqsh-e Rostam na que afirmaba que matara a Gordiano.[4] As fontes romanas, pola contra, non mencionan a batalla e suxiren que Gordiano morreu en Circesium, a máis de 300 quilómetros ao norte de Peroz-Shapur, pero non informan da causa da morte do emperador, aínda que o prefecto do pretorio, Filipo, que o sucedeu no trono, foi descrito adoito como o instigador do seu asasinato. Malia a oposición do novo emperador, foi deificado logo da súa morte para compracer o pobo e evitar rebelións.[2][4][5]
Título imperial | Veces | Datación |
---|---|---|
Tribunicia potestas | Sete | Maio de 238; renovado anualmente o 10 de decembro. |
Cónsul | Dúas | En 239[29] e en 241.[30] |
Cognomina ex virtute | Unha | Invictus.[31][32] |
Imperator | Sete | Maio de 238 (1ª), 239 (2ª),[33] 240 (3ª),[33] 241 (4ª),[34] 242 (5ª e 6ª) e 243 (7ª). |
Outros | Pontifex Maximus, Pater Patriae, Pius e Felix en 238.[35][36] |
Temas principais das emisións
[editar | editar a fonte]Voda de Gordiano III con Furia Sabina Tranquillina
[editar | editar a fonte]A finais de 240 e principios de 241, o emperador Gordiano III nomeou a Timesiteo prefecto do pretorio e casou coa súa filla, Furia Sabina Tranquillina, o verán seguinte, como tamén se celebra na moeda emitida ese ano.[2][4][5]
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Antoniniano | SABINA TRANQVILLINA AVG; busto drapeado de Sabina Tranquilina cun diadema e unha crita na cabeza. | CONCORDIA AVGG(ustorum); Gordiano III en pé cara á dereita, cun pergamiño nunha man e estreitando coa outra a da súa muller, en pé fronte a el. | 241 | 4 g | RIC Gordianus III, IV 250; RSC 4. |
![]() |
Sestercio | Busto radiado, drapeado e acoirazado de Gordiano III cara á dereita, enfrontado ao de Sabina Tranquilina, este cara á dereita. | Tique sentada nunha rocha, cun pequeno bote na man; arriba un Saxitario (símbolo da Legio I Parthica) disparando unha seta. | 243/244? | 33 mm; 26,18 g | BMC pg. 135, 7. Sear# 3804. |
Campaña sasánida
[editar | editar a fonte]Co ascenso do primeiro gobernante sasánida, Ardashir I, os exércitos persas volveron atacar con máis forza o Imperio Romano. De feito, en 230, avanzaron cara á Mesopotamia romana, asediaron moitas gornicións romanas ao longo do Éufrates,[19] intentaron tamén, sen éxito, conquistar Nísibis —un centro de comercio con Oriente e a China—, e posiblemente invadiron as provincias romanas de Siria e Capadocia.[37] O ano seguinte (231), o emperador Alexandre Severo organizou unha expedición militar contra os exércitos sasánidas.[19] No entanto, a campaña militar resultou un éxito para os romanos, xa que os territorios perdidos en Mesopotamia durante o avance sasánida en 229-230 foron reconquistados, e os sasánidas ficaron tranquilos ata 239-240, mentres Alexandre gañaba para si os títulos de Parthicus Maximus e Persicus.[5]
A partir de 238-239, unha nova invasión a gran escala dos exércitos sasánidas levounos a asediar a cidade fortaleza de Dura Europos, un posto romano no Éufrates. O ano seguinte, Ardashir I conseguiu finalmente a súa fazaña de ocupar e destruír a importante cidade fortaleza de Hatra, aliada de Roma, e ocupou de seguido gran parte da Mesopotamia romana —incluídas as fortalezas lexionarias de Resaina e Singara—, así como a fortaleza auxiliar de Zagurae —actual Ain Sinan—, e é probable que tamén asediasen e ocupasen Antioquía, como parece suxerir o feito de que deixou de cuñar moeda cara aos anos 240 e 241.[5]
Gordiano III, logo de mobilizar o exército, marchou cara ao Leste, co mando da campaña confiado ao seu sogro Timesiteo e ao outro prefecto do pretorio, Caio Xulio Prisco.[2][3][5] Os exércitos romanos prevaleceron ao longo de 243 e derrotaron repetidamente os persas, arrebatándolles Harrán, Nísibis,[5][37] e Singara, e impóndose a eles despois na batalla de Resaena. A repentina morte de Timesiteo deixou o emperador aínda rapaz sen a experiencia militar necesaria, o que puxo en perigo a seguridade dos seus exércitos e a súa propia. As fontes persas informan de que, a principios de ano, persas e romanos se enfrontaron de novo na batalla de Misiche, que terminou coa derrota dos romanos e a morte de Gordiano. As fontes romanas, pola contra, non mencionan a batalla e suxiren que Gordiano morreu preto de Circesium,[5] deixando a sospeita de que foi asasinado polo prefecto pretoriano Filipo o Árabe, que máis tarde o sucedería no trono.[3]
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Antoniniano | IMP CAES M ANT GORDIANVS AVG PM; busto de Gordiano cara á dereita radiado, drapeado e acoirazado. | PAX AVGVSTI; Pax en pé cara á esquerda, sostendo unha poliña e un cetro. | 240-242? | 4,59 g (Ceca de Antioquía) | RIC Gordianus, IV 189a; RSC 174a. |
![]() |
Sestercio | IMP GORDIANVS PIVS FEL AVG PM; busto de Gordiano laureado, drapeado e acoirazado. | P M TR P V COS II P P / S C; Gordiano en pé cara á derieita, sostendo un orbe coa esquerda e unha lanza torta coa dereita. | 242 | 28 mm; 17,86 g. | RIC Gordianus, IV 307a. |
![]() |
Sestercio | IMP GORDIANVS PIVS FEL AVG PM; busto de Gordiano laureado, drapeado e acoirazado. | VICTORIA AETER(nitatis) / S C; Vitoria en pé cara á esquerda, sostendo palma e escudo sobre un cativo sasánida sentado. | 244 | 31 mm; 20,92 g | RIC Gordianus, IV 337a.. |
![]() |
Sestercio | IMP GORDIANVS PIVS FEL AVG PM; busto de Gordiano laureado, drapeado e acoirazado. | MARS PROPVGNAT(or) / S C, Marte andando cara á dereita, con escudo na esquerda e lanza torta na dereita. | Xan./Feb. 244 | 29 mm; 22,08 g | RIC Gordianus, IV 332. |
Filipo o Árabe (244-249)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Filipo o Árabe.

Pouco se coñece da vida e da carreira política de Filipo o Árabe antes do seu ascenso ao trono. Naceu en Shahba, na provincia de Siria, unha pequena cidade a uns 80 quilómetros ao sueste de Damasco. Na década de 230 Filipo casou con Marcia Otacilia Severa e en 238 tivo un fillo chamado Marco Xulio Severo Filipo. En 243, durante a campaña sasánida de Gordiano III, o prefecto do pretorio, Timesiteo, morreu en circunstancias pouco claras. Por suxestión do outro prefecto, Caio Xulio Prisco, irmán de Filipo, este foi nomeado sucesor de Timesiteo, o que permitiu aos dous irmáns controlar o emperador aínda rapaz e o Imperio como rexentes.[4][38]
Tras unha derrota na batalla de Misiche, Gordiano III ordenou a retirada do exército, pero morreu no camiño. Filipo foi proclamado emperador.[38]
Coa intención de non repetir os erros dos emperadores anteriores, convenceuse a Gordiano para que fose a Roma a reforzar a súa posición no Senado, e nomeou César o seu fillo rapaz Marco Xulio Severo Filipo, máis tarde co-Augusto. O goberno de Filipo estivo, Xa que logo, dirixido a repeler as continuas invasións dos bárbaros ao longo do Limes Danubiano (245-248), o que lle valeu os títulos de Germanicus Maximus e Carpicus Maximus.[4][38]
En 248 xurdiu unha serie de revoltas. En Oriente, Iotapiano encabezou unha revolta contra as medidas gobernamentais e o exceso de impostos nos territorios gobernados por Prisco, irmán de Filipo. En Mesia e Panonia, Pacatiano foi aclamado emperador polas tropas, pero a revolta foi sufocada polo futuro emperador Caio Mesio Quinto Decio, que quedou daquela á fronte das dúas provincias. Finalmente, chegou a vez de Silbanaco e Esponsiano, fomentadores doutras tantas revoltas, que non tiveron resultado.[39]
Enviado á rexión para castigar e comandar as lexións que apoiaran os usurpadores, Decio foi en cambio proclamado emperador do exército do Danubio na primavera de 249 e marchou inmediatamente a Roma. O exército de Filipo entrou en contacto co do usurpador preto de Verona a principios do verán: na batalla que seguiu venceu Decio e morreu Filipo. Cando as novas chegaron a Roma, Severo Filipo, o herdeiro de Filipo, de 11 anos, foi asasinado pola garda pretoriana.[38]
Título imperial | Veces | Datación |
---|---|---|
Tribunicia potestas | Seis | Febreiro de 244; renovado anualmente o 10 de febreiro. |
Cónsul | Tres | En 245,[40][41] en 247 e en 248.[42][43] |
Cognomina ex virtute | Cinco | Adiabenicus (?), Carpicus Maximus (247),[39] Germanicus (246), Parthicus Maximus,[44][45] e Persicus Maximus (244).[40] |
Imperator | Mínimo seis | Febreiro de 244 (1ª), 244 (2ª, 3ª e 4ª), 246 (5ª) e 247 (6ª). |
Outros | Pontifex Maximus, Pater Patriae, Pius e Felix en 244.[46] |
Temas principais das emisións
[editar | editar a fonte]Fin da guerra contra os sasánidas
[editar | editar a fonte]O emperador Gordiano morreu repentinamente e os seus soldados construíronlle un cenotafio en Circesium, ás beiras do Éufrates, na localidade de Zaitha.[39] Non se sabe se morreu en combate ou a mans do seu sucesor, o prefecto do pretorio Filipo o Árabe,[2][3][5][37] o que provocou a retirada dos exércitos romanos,[39] unha paz xulgada por Zósimo, e probablemente tamén a perda de parte de Mesopotamia e Armenia,[37] aínda que Filipo levaba o título de Persicus Maximus.[39] No Res gestae divi Saporis, unha epígrafe propagandística do emperador sasánida, pódese ler:
“ | Gordiano César foi asasinado e os exércitos romanos foron destruídos. Os romanos nomearon daquela César a un tal Filipo. Entón o César Filipo veu a nós para negociar os termos da paz e para rescatar as vidas dos cativos; deunos 500.000 denarios, e converteuse así no noso tributario. Por esta razón, renomeamos a localidade de Mesiche, Peroz-Shapur [é dicir, "Vitoria de Sapur"]. — Res gestae divi Saporis, liñas 8-9. |
” |
O Oriente romano foi, consecuentemente, confiado por Filipo ao seu irmán Caio Xulio Prisco, nomeado Rector Orientis, en tanto que a liña defensiva en Mesopotamia se reorganizou en torno ás cidades fortaleza de Nísibis, Circesium e Resaina.[38]
Mil anos da fundación de Roma
[editar | editar a fonte]En abril de 248, Filipo presidiu a celebración do milenario de Roma, fundada en 753 a.C. O acontecemento celebrouse con Xogos Seculares e cunha rica cuñaxe de moedas. Segundo informes da época, as festividades incluíron xogos e representacións teatrais por toda a cidade. As moedas amosan numerosos motivos, como unha columna coa lenda MILIARIUM SAECULUM e outras coas inscricións COS III e LUDI SAECULARES AUGG, ou a loba capitolina aleitando a Rómulo e Remo, un león, un cervo, un antílope, un templo hexástilo coa estatua de Roma no centro e a inscrición SAECULUM NOVUM.[4][38]
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Antoniniano | IMP PHILIPPVS AVG P M; busto de Filipo cara á dereita, radiado e acoirazado. | SAECULARES AUGG; pedra en memoria do primeiro milenio de Roma. | 248 | 22 mm; 4,3 g? | ? |
![]() |
Antoniniano | IMP PHILIPPVS AVG; busto de Filipo cara á dereita, radiado e acoirazado. | SAECULARES AUGG; a loba capitolinaaleitando a Rómulo e Remo. | 248 | 22 mm; 4,3 g? | Cohen 178. |
![]() |
Antoniniano | IMP PHILIPPVS AVG; busto de Filipo cara á dereita, radiado e acoirazado. | SAECULARES AUGG; león que representa os Xogos Seculares en memoria do milenio. | 248 | 22 mm; 4,3 g? | Cohen 173. |
![]() |
Antoniniano | IMP PHILIPPVS AVG; busto de Filipo cara á dereita, radiado e acoirazado. | SAECULARES AUGG; antílope que representa os Xogos Seculares en memoria do milenio. | 248 | 22 mm, 4.3 grams? | Cohen 188. |
![]() |
Antoniniano | IMP PHILIPPVS AVG; busto de Filipo cara á dereita, radiado e acoirazado. | SAECULUM NOVUM; templo hexástilo con estatua de Roma no centro. | 248 | 22 mm; 4,3 g? | Cohen 198. |
Guerra no Limes Danubiano
[editar | editar a fonte]O reinado de Filipo comezou con campañas militares contra os pobos ao norte do Danubio. En 246 acadou un gran éxito contra os pobos xermánicos dos Quadi ao longo da fronte panónica, grazas ao cal recibiu o apelativo de Germanicus Maximus. En 247 retomouse a ofensiva romana ao longo da fronte do baixo Danubio contra os Carpos, polo que se lle concederon novas honras e o título de Carpicus Maximus.
En 248 produciuse unha nova incursión dos godos, aos que se lles negara a contribución anual prometida por Gordiano III, e dos Carpos, os seus asociados, á provincia da Baixa Mesia. A invasión foi finalmente detida polo xeneral de Filipo o Árabe, Decio Traxano, futuro emperador, na cidade de Marcianópolis, que ficara asediada durante longo tempo.
Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Antoniniano | IMP PHILIPPVS AVG; busto de Filipo cara á dereita, radiado e acoirazado. | VICTORIA CARPICA; Vitoria andando cara á dereita, con palma e póla de loureiro nas mans. | 245 | 23 mm; 4,35 g | RIC, Philippus, IV, 66; RSC 238. |
![]() |
Ás | IMP M IVL PHILIPPVS AVG; busto de Filipo cara á dereita, laureado e acoirazado. | PROVINCIA DACIA / no exergo AN II; Dacia entre estandartes da Legio V e da Legio XIII. | 247/248 | 29 mm; 16,47 g | AMNG I 9; Varbanov 6 var.; Mionnet Supp. II 5. |
Decio Traxano (249-251)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Decio.

As fontes históricas da vida de Decio son fragmentarias e dificultan a reconstrución da historia do seu reinado e as súas orixes. Sábese por Aurelio Víctor que foi un militar de carreira de orixe iliria, precursor dos chamados emperadores ilirios, e que esta característica se celebraba na súa cuñaxe coas inscricións PANNONIAE ou GENIVS EXERCITUS ILLVRICIANI.[2]
Durante o seu reinado, o emperador Decio intentou levantar o ánimo do Imperio, que entrara en crise no século III, apoiándose na restauración da tradición, pero a súa elección amosouse pouco adecuada para un Estado que estaba a cambiar rapidamente. Foi incapaz de contrarrestar as invasións xermánicas.[4]
O poder de Decio tiña a súa base na aristocracia senatorial e no exército, e ante ambos presentouse como o restaurador da tradición, mediante unha propaganda adecuada, incluída a monetaria, e retomando os trazos do princeps que lembraban a República tardía e o Imperio temperán. Politicamente, Decio revalorizou os cargos republicanos; asumiu para si o consulado para cada ano do seu reinado; restaurou a maxistratura censora nomeando censor a Publio Licinio Valeriano; asumiou o mando das tropas no campo de batalla e concedeu honras aos soldados independentemente do seu rango.[4]
Decio Traxano remontouse á dinastía dos Cinco Bos Emperadores tomando o nome de Traxano na honra e en referencia ao emperador Traxano. Retomou, logo de vinte anos, un programa de construción pública en Roma: restaurou o Coliseo, danado polo terremoto, e construíu as Termas Decianas no Aventino. Tamén intentou establecer unha dinastía, como fixera Filipo antes ca el: os seus fillos Herenio Etrusco e Hostiliano recibiron o título de César, e Herenio foi elevado ao rango de Augusto en 251; Herenia Etruscila foi nomeada Augusta.[4]
Título imperial | Veces | Datación |
---|---|---|
Tribunicia potestas | Tres[47] ou catro[48] | Mediados de 249; renovado anualmente o 10 de decembro. |
Cónsul | Tres[48] | En 232, en 250[49][50] e en 251.[51] |
Cognomina ex virtute | Tres[48] | Parthicus Maximus (en 250),[52] Germanicus Maximus (en 250),[48] Dacicus Maximus,[53] e Restitutor Daciarum (en 250).[54] |
Imperator | Mínimo dúas[48] | Mediados de 249 (1ª) e 250 (2ª[48] e 3ª).[53] |
Outros | Pontifex Maximus, Pater Patriae, Pius e Felix en 249.[55] |
Temas principais das emisións
[editar | editar a fonte]Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Áureo | IMP C M Q TRAIANVS DECIVS AVG; busto de Decio Traxano cara á dereita, laureado e acoirazado. | VICTORIA AVGG; Vitoria andando cara á esquerda, con coroa e palma nas mans. | 249/250 | 4,31 g | RIC Decius, IV, 29a; Cohen 107. |
![]() |
Antoniniano | IMP C M Q TRAIANVS DECIVS AVG; busto de Decio Traxano cara á dereita, radiado e acoirazado. | GENIVS EXERC ILLVRICIANI; xenio en pé cara á esquerda, con pátera e cornucopia nas mans; estandartes á dereita. | 249/250 | 21 mm; 3,77 g | RIC Decius, IV 16c; RSC 49. |
![]() |
Antoniniano | IMP C M Q TRAIANVS DECIVS AVG; busto de Decio Traxano cara á dereita, radiado e acoirazado. | DACIA; Dacia en pé cara á esquerda sostendo un pau cunha cabeza de burro encima. | 250 | 4,99 g | RIC Decius, IV, 12b; RSC 16. |
![]() |
Dobre sestercio | IMP C M Q TRAIANVS DECIVS AVG; busto de Decio Traxano cara á dereita, radiado e acoirazado. | FELICITAS SAECVLI / S C; Felicitas en pé coa cabeza cara á esquerda, con caduceo e cornucopia nas mans. | 250 | 34 mm; 31,80 g | RIC Decius, IV, 115; Cohen 40. |
![]() |
Sestercio | IMP C M Q TRAIANVS DECIVS AVG; busto de Decio Traxano cara á dereita, laureado e acoirazado. | PANNONIAE; as dúas Panonias (inferior e superior) de fronte e ollando cara á dereita, cada unha cun vexillum. | 250 | 27 mm; 19.43 g | RIC Decius, IV, 124d; |
![]() |
Sestercio | Q HER ETR MES DECIVS NOB C; busto de Herenio Etrusco cara á dereita. | PIETAS AVGVSTORVM / no exergo S C; simpulum, aspergillum, xerra e lituus enriba dunha pátera. | 250/251 | 27 mm; 21 g | RIC Decius, IV, 168 a, Cohen 15. |
![]() |
Sestercio | IMP CAE C VAL HOS MES QVINTVS AVG; busto de Hostiliano cara á dereita. | SECVRITAS AVGG S-C; Securitas de pé cara á esquerda, coas mans na cabeza e o cóbado nunha columna. | 251 | 28 mm; 19,28 g | RIC Decius, IV, 225; Cohen 60; |
![]() |
Antoniniano | IMP CAE TRA DECIVS AVG; busto de Decio Traxano cara á dereita, radiado e acoirazado. | VIC-TORIA GERMANICA; Decio a cabalo cara á esquerda, cun cetro na man esquerda; á esquerda, Vitoria sostén póla e palma. | 251 | 3,33 g | RIC Decius, IV, 43 e lám 10, 20; RSC 122. |
Treboniano Galo (251-253)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Treboniano Galo.

Caio Vibio Trebonio Galo foi emperador romano de 251 a 253 xunto co seu fillo Volusiano. O seu reinado estivo marcado por unha longa serie de desastres, como a peste que asolou Roma durante anos, as incursións de poblacións bárbaras alén das fronteiras do Imperio e a perda de Siria a mans dos sasánidas, segundo algunhas fontes ocorrida durante o seu reinado. Imprimiu parte do seu programa nas lendas das moedas que fixo cuñar: PAX AETERNA.[4]
Título imperial | Nº de veces | Datación |
---|---|---|
Tribunicia potestas | tres ou catro[56][57] | Cara a xuño de 251, renovado anualmente o 10 de decembro. |
Cónsul | Dúas | En 240 e en 252.[58][59] |
Cognomina ex virtute | Unha | Invictus.[60][61] |
Imperator | Unha? | Cara a xuño de 251. |
Outros | Pontifex Maximus, Pater Patriae, Pius e Felix en 251.[58][59] |
Temas principais das emisións
[editar | editar a fonte]Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Antoniniano | IMP CC VIB TREB GALLUS AVG; busto de Treboniano cara á dereita, radiado e acoirazado. | LIBERTAS PUBLICA, Libertas en pé cara á esquerda, con pileus e cetro torto nas mans. | 251–253 | 21 mm; 3,60 g (ceca de Mediolanum) | RIC, Trebonianus Gallus, IV 70; RSC 68. |
Antoniniano | IMP CAE C VIB TREB GALLVS AVG; busto de Treboniano cara á dereita, radiado e acoirazado. | AETERNITAS AVGG, Aeternitas en pé cara á esquerda, sostén un fénix e un orbe, e ergue a dobra da saia. | 253 | 21 mm; 3,77 g | RIC Trebonianus Gallus, 30; RSC 13. |

Emiliano (253)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Emiliano.
Emiliano foi emperador romano en 253 durante tres meses, e ascendeu ao trono logo de derrocar a Treboniano Galo. Pouco despois, foi derrotado por Valeriano, que se converteu, xunto co seu fillo Galieno, no novo Augusto. Inicialmente foi aclamado Imperator polas tropas de Mesia, tras conducir os exércitos romanos á vitoria contra os godos, en xullo de 253.[4][39]
Temas principais das emisións
[editar | editar a fonte]Imaxe | Valor | Anverso | Reverso | Cuñaxe | Datos | Catalogación |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
Antoniniano | IMP CAES AEMILIANVS P F AVG; busto de emiliano cara á dereita, radiado e acoirazado. | MARTI PACIF(ificator); Marte cara á esquerda, con póla, escudo e espada. | 253 | 2,37 g | RIC Aemilianus, 15; RSC 23. |
![]() |
Antoniniano | CORNEL. SVPERA AVG; Busto de Cornelia Superacara á dereita, diademado e drapeado. | VESTA; Vesta en pé cara á esquerda sostén pátera nunha man e cetro na outra. | 253 | 2,48 g | RIC Aemilianus, 30; RSC 5. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denarius - Maximinus Thrax". Numista.com
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 Aurelio Víctor. Epitome ....
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Eutropio. Breviarium.... Liber. IX.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 4,18 4,19 Mazzarino, S. (1973).
- ↑ 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 5,15 5,16 5,17 5,18 5,19 5,20 5,21 Scriptores Historiae Augustae. Historia Augusta.
- ↑ "EDCS-12100851". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 7,0 7,1 "EDCS-16800213". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 "EDCS-25700350". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 "EDCS-72700005". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ Le Bohec, Y. (1992). L'esercito romano. Le armi imperiali da Augusto alla fine del III secolo. Carocci. ISBN 978-8843000708
- ↑ 11,0 11,1 11,2 "EDCS-08900694". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-12400223". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-24500536". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-05600098". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 15,0 15,1 15,2 "EDCS-09500164". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 16,0 16,1 "EDCS-09001333". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 17,0 17,1 R. A. G. Carson; Mattingly, H. (1962).
- ↑ Seaby, H. A.; Sear, D. R (1987).
- ↑ 19,00 19,01 19,02 19,03 19,04 19,05 19,06 19,07 19,08 19,09 Herodiano. Historia do Imperio...
- ↑ Ritterling, E. (1924-1925). Realencyclopädie of Klassischen Altertumswissenschaft. Stuttgart.
- ↑ "EDCS-30400030". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-44200235". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-28900080". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-30100525". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ Cohen, H. (1860). Description Historique des monnaies frappées sous l'Empire Romain. Vol. III; Vol. IV. Rollin, Paris.
- ↑ "EDCS-10400762". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-46900342". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-09700761". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-06000933". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-15200062". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-16700234". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-25800027". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 33,0 33,1 "EDCS-17600036". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-23600032". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-11400605". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-13900481". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 37,0 37,1 37,2 37,3 Joanes Zonaras. Epitome Historiarum.
- ↑ 38,0 38,1 38,2 38,3 38,4 38,5 Mackay, C. (2004).
- ↑ 39,0 39,1 39,2 39,3 39,4 39,5 Zósimo. Historia Nova.
- ↑ 40,0 40,1 "EDCS-17600042". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-08800321". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-10000258". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-36600023". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-11201381". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-32300143". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-16700235". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-05601299". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 48,0 48,1 48,2 48,3 48,4 48,5 "EDCS-46900323". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-11202172". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-30100900". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-18700091". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-25600688". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 53,0 53,1 "EDCS-05601449". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-15800204". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-12300358". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-17600758". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-09900581". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 58,0 58,1 "EDCS-12400065". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ 59,0 59,1 "EDCS-05900049". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-27600097". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ "EDCS-30100509". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).
- ↑ Calcografia en Cavalieri, G. B. (1692). Romanorum imperatorum effigies. Roma. Páxina 44.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moeda de Maximino Tracio a Emiliano |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Fontes clásicas
[editar | editar a fonte]- Aurelio Víctor. Epitome de Caesaribus e De Vita et Moribus Imperatorum Romanorum.
- Corpus Inscriptionum Latinarum.
- Dión Casio. Storia Romana.
- Herodiano. Historia do Imperio despois de Marco Aurelio [tradución ao inglés].
- Eutropio. Breviarium ab Urbe condita.
- Scriptores Historiae Augustae. Historia Augusta.
- Paulo Orosio. Historiarum adversus paganos libri septem. Liber VII.
- Xoán Zonaras. Epitome Historiarum.
- Xordanes. De origine actibusque Getarum.
- Zósimo. Historia Nova.
Textos historiográficos e numismáticos
[editar | editar a fonte]- Belloni, G. G. (2004). La moneta romana. Società, politica, cultura. Carocci, Roma. ISBN 88-430-2105-2
- Grant, M. (1997). The Roman Emperors: A Biographical Guide to the Rulers of Imperial Rome, 31 BC – 476. Barnes and Noble, Nova York. ISBN 9780760700914
- Mackay, C. (2004). Ancient Rome: A Military and Political History. Cambridge University Press. ISBN 0-521-80918-5
- Mazzarino, S. (1973). L'Impero romano. Vol. 1. Laterza, Bari. ISBN 88-420-2401-5
- Rémondon, R. (1975). La crisi dell'impero romano, da Marco Aurelio ad Anastasio. U. Murisa, Milán. ISBN 978-8842593485
- Scarre, C. (1995). The Penguin Historical Atlas of Ancient Rome. Penguin Ed., Cambridge. ISBN 0-14-051329-9
- Scarre, C. (1995). Chronicle of the Roman Emperors. Thames & Hudson, Londres. ISBN 0-500-05077-5
- R. A. G. Carson; Mattingly, H. (1962). Coins of the Roman empire in the British Museum [British Museum Catalogues of Coins]. Vol. 6. London.
- Cohen, H. (1860). Description Historique des monnaies frappées sous l'Empire Romain. Vol. III; Vol. IV. Rollin, Paris.
- Mattingly, H.; Sydenham, E. A. (1930-1936). Roman Imperial Coinage. Vol. IVa (1936); Vol. IVb (1930). London.
- Seaby, H. A.; Sear, D. R (1987). Roman Silver Coins. Vol. 5. Seaby, Londres. ISBN 0-900652-80-2