Saltar ao contido

Xoán Zonaras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán Zonaras

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1070 ↔ 1075 Editar o valor en Wikidata
Imperio Bizantino Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1145 (>1140) Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, teólogo, monxe, historiador, canonista Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1490067

Xoán Zonaras (en grego: Ἰωάννης Ζωναράς, Yoánnes Zonarás) foi un historiador, canonista e xurista bizantino do século XII.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobre a vida de Xoán Zonaras, só se sabe o que contan as súas propias obras. Debido a que menciona a segunda voda do emperador Manuel I Comneno, que tivo lugar o 25 de decembro de 1161, só puido ser xefe da chancelería imperial baixo os emperadores Xoán II Comneno (1118–1143) ou Manuel I (1143–1180). Zonaras foi drungario da garda,[1] un dos xuíces máis importantes do imperio, no século XII.

A obra principal de Zonaras é o Epitomé historion (Ἐπιτομὴ ἱστοριῶν), na que conta a historia do mundo desde a súa creación ata 1118.[2] A obra xurdiu tras un exilio como monxe nun convento na illa de Hagia Glykeria, posiblemente provocado pola entronización de Xoán II Comneno. Na introdución á súa historia do mundo, xustifica que estea a escribir como monxe: por unha banda menciona peticións de amigos e por outra, que o traballo literario distráeo das tentacións terreais. A intención de Zonaras era resumir a historia en forma de manual (Epítome), concentrándose nos feitos, polo que, ao contrario doutros contemporáneos, procurou non derivar demasiado na teoloxía. Aínda así, a división da súa obra oriéntase á relixión: a primeira parte é a historia xudía, a segunda a romano-cristiá. A división actual dividida en 18 libros, segue a realizada polo experto en Bizancio, o francés Charles Du Fresne, Seigneur Du Cange (1610–1688). Nos libros 1 ao 12 cóntase a historia desde a creación ata a tetrarquía romana. Os libros 13 ao 18 tratan a historia do Imperio bizantino desde Constantino I o Grande ata a morte de Aleixo I Comneno en 1118.

Ademais, Zonaras realizou un comentario dos cánones xurdidos dos sínodos locais e ecuménicos da Igrexa ortodoxa e dos canons dos pais da Igrexa. Existen outras dúas pequenas obras sobre o dereito eclesiástico. A miúdo atribúeselle de forma equivocada o Zonarae Lexicon, unha enciclopedia que foi recompilada por monxes bizantinos durante o século XIII.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Grigoriadis, Jordanis (1998). Linguistic and literary studies in the Epitome historion of John Zonaras (en inglés). Tesalónica: Kentro Byzantinon Erevnon. 
  • Guilland, Rodolphe (1967). "Recherches sur les Institutions Byzantines. Vol. I e II". Berliner byzantinistische Arbeiten (Berlín: Akademie-Verlag). ISSN 0067-6055. 
  • Maltese, E.V. (1998). "Zonaras, Johannes". Lexikon des Mittelalters (en alemán) IX. Múnic: Lexma Verlag. p. 673-674. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]