Xurxo Cedreno
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XI |
Morte | século XI |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Período de actividade | (Con vida en: século XI ) |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.355) |
Xurxo Cedreno (en grego Γεώργιος Κεδρηνός) foi un historiador bizantino do século XI.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na década de 1050 recompilou Unha concisa historia do mundo, que abrangue o tempo desde o relato bíblico da creación ata os seus días. Cedreno é unha das escasas fontes que fala dos xázaros despois do saqueo de Atil en 969.