Ducas (historiador)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1400 (Gregoriano) |
Morte | século XV (>1462 (Gregoriano)) |
Actividade | |
Campo de traballo | Historia e diplomacia |
Ocupación | historiador, diplomático |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Enciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.459) |
Ducas, nado ca. 1400 e finado despois de 1462, foi un historiador bizantino que floreceu durante o mandato de Constantino XI Paleólogo, o último emperador bizantino[1]. A obra de Ducas é unha das fontes máis importantes das últimas décadas do Imperio bizantino e da súa caída ante os otománs.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era neto de Miguel Ducas, que desempeñou unha función importante na guerra civil bizantina de mediados do século XIV.
A data do seu nacemento é descoñecida, do mesmo xeito que o seu primeiro nome. E mencionado por primeira vez en 1421, vivindo en Nova Focea e servindo como secretario do gobernador xenovés[1]. Despois da caída de Constantinopla, buscou refuxio en Lesbos, onde entrou ao servizo da familia gobernante dos Gattilusi.
Empregouse en varias misións diplomáticas ante a corte otomá.[1]. Tivo éxito na obtención dunha semi-independencia de Lesbos até 1462, cando foi tomada e anexada ao Imperio Otomán polo sultán Mehmet II. Sábese que Ducas sobreviviu, pero non hai rexistro da súa vida posterior.
Obra
[editar | editar a fonte]Foi o autor dunha historia do período de 1341-1462, a súa obra continúa así a de Nicéforo Grégoras e Xoán Cantacuceno, e suplementou a de Xurxo Frantzes e Laónico Calcocondilas. Existe un capítulo preliminar da cronoloxía desde Adán a Xoán V Paleólogo.
Aínda que sen refinar en estilo, a historia de Ducas é á vez algo sensato e máis ou menos digno de confianza, e é unha fonte valiosa dos últimos anos do Imperio bizantino. O relato da caída de Constantinopla é de especial importancia. Ducas foi un firme partidario da unión das igrexas grega e latina, e presentase con amargura contra os que rexeitaron mesmo a idea de recorrer á axuda occidental contra os otománs.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aleksandr Kazhdan (Александр Каждан, 1922 - 1997), ed. (1991). Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ducas no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).