Saltar ao contido

Olimpiodoro de Tebas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOlimpiodoro de Tebas
Biografía
Nacementoc. 380 Editar o valor en Wikidata
Tebas, Exipto Editar o valor en Wikidata
Mortec. 425 Editar o valor en Wikidata (44/45 anos)
Actividade
Ocupaciónhistoriador, filósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 412 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteNovo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1202701

Olimpiodoro de Tebas, nado en Tebas, Exipto, c. 378 e finado despois de 425, foi un historiador, filósofo e diplomático do século V.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade exipcia de Tebas no ano 378 e faleceu despois do ano 425, serviu como embaixador ante os hunos nos anos 412 e 413,[1] o que o converte nunha das principais fontes de información sobre este pobo.

É escritor dunha Historia en 22 libros[2] que abarca o transcurso dos anos 407 a 425,[3] sendo crucial para coñecer algúns acontecementos, como a invasión bárbara caníbal[4] das provincias hispanas no outono do ano 409, as rendas dos senadores romanos nos seus días[5] ou o asasinato do rei visigodo Ataúlfo en 415.[6] Con esta obra procurou dar o seu apoio a Estilicón no seu intento de reunificar o Imperio. O seu traballo perdeuse, pero é coñecido grazas a uns 40 fragmentos da biblioteca do escritor bizantino Focio e serviu como fonte da doutros autores como Zósimo[7] ou Sozomeno.

Está incluído na corrente filosófica denominada peripatética, seguidora polo tanto, das ideas de Aristóteles e aínda que era un pagán convencido, dedicou a súa obra ao emperador Teodosio II.

  1. Heather 2005, p. 264
  2. "Monográfico sobre Olimpiodoro". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2010. Consultado o 30 de abril de 2010. 
  3. Giusto Traina. "428 después de Cristo: Historia de un año". Consultado o 11 de marzo de 2013. 
  4. Olimpiodoro indica que nalgunha cidade da Hispania houbo casos de canibalismo. Juan José Sayas Abengoechea, Historia Antigua de España (II). Uned 2001 ISBN 84-362-4398-6. Páx. 191.
  5. "Historia de Roma escrito por Pedro López Barja de Quiroga y Francisco Javier Lomas Salmonte". Consultado o 16 de xullo de 2010. 
  6. "Ensayo sobre el asesinato de Ataulfo". Consultado o 14 de xullo de 2010. 
  7. Zósimo baseouse en Olimpiodoro. Averil Cameron. El bajo Imperio Romano, 284-430. Páx. 218.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]