Saltar ao contido

Mundial de Fútbol de 2022

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mundial de Fútbol 2022»)
Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 2022
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor en Wikidata
MascotaLa'eeb (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor en Wikidata
Composto porCopa do Mundo FIFA de 2022 – Grupo A
Japan at the 2022 FIFA World Cup
Saudi Arabia at the 2022 FIFA World Cup +
../... 39 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes32 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstádio Al Bayt (pt) Traducir (Al Khor (pt) Traducir)
Estádio Nacional Lusail (pt) Traducir (Lusail (pt) Traducir)
Estádio Ahmed bin Ali (pt) Traducir (Ar Rayyan)
Estádio da Cidade da Educação (pt) Traducir (Ar Rayyan)
Estádio 974 (pt) Traducir (Doha)
Estádio Internacional Khalifa (pt) Traducir (Ar Rayyan (en) Traducir)
Estádio Al Thumama (pt) Traducir (Doha)
Estádio Al Janoub (pt) Traducir (Al-Wakrah (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
PaísQatar Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo20 de novembro de 2022 – 18 de decembro de 2022 Editar o valor en Wikidata
Número de edición22  (2022) Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoArxentina (3º) Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos64 Editar o valor en Wikidata
Goles172 Editar o valor en Wikidata
Máis goles marcadosKylian MbappéFrancia (8)
Xogador máis valiosoLionel MessiArxentina
Mellor xogador mozoEnzo Fernández (pt) TraducirArxentina
Mellor porteiroDamián Emiliano MartínezArxentina Editar o valor en Wikidata
Número de espectadores3.404.252 Editar o valor en Wikidata
Outro
Cancelo#worldcup2022 Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialqatar2022.qa Editar o valor en Wikidata

2026 Editar o valor en Wikidata

A Copa Mundial da FIFA Qatar 2022 (en árabe: 2022 بطولة كأس العالم لكرة القدم) é a edición número vinte e dous da Copa do Mundo de Fútbol, a competición masculina máis importante deste deporte a nivel mundial, disputada polas seleccións nacionais dos países membros da FIFA. O torneo estase a celebrar en Qatar entre o 20 de novembro e o 18 de decembro de 2022. Esta edición foi a primeira que se xogou nun país árabe e a segunda que se disputou enteiramente en Asia, despois da edición de 2002.

Elección da sede

[editar | editar a fonte]

O procedemento de licitación para albergar as Copas do Mundo da FIFA de 2018 e 2022 comezou en xaneiro de 2009, e as federacións nacionais tiñan ata o 2 de febreiro dese ano para presentaren as súas candidaturas.[1] Inicialmente, presentáronse 11 candidaturas para o Mundial de 2018, pero posteriormente México retirouse do proceso por motivos económicos,[2] mentres que a candidatura de Indonesia foi rexeitada pola FIFA en febreiro de 2010 despois de que a Asociación de Fútbol de Indonesia non presentase unha carta de garantías do goberno indonesio de apoio ao evento.[3] Tódalas nacións non pertencentes á UEFA retiraron gradualmente as súas candidaturas para 2018, garantindo así que unha nación da UEFA sería anfitrioa do torneo de 2018. Polo tanto, as nacións da UEFA non foron elixibles para a candidatura de 2022, debido á política de rotación de continentes que aplica a FIFA, que dende 2007 impide que o Mundial sexa organizado por países das dúas últimas confederacións que o albergaron.[4][5]

Ao final, quedaron cinco candidaturas para a Copa do Mundo de 2022: Australia, Xapón, Qatar, Corea do Sur e Estados Unidos. O Comité Executivo da FIFA, formado por 22 membros, reuniuse en Zürich o 2 de decembro de 2010 para votar a elección dos anfitrións dos dous torneos.[6] Dous membros do comité executivo da FIFA foran suspendidos antes da votación en relación con denuncias de corrupción relativas aos seus votos.[7]

Finalmente, a sede escollida foi Qatar, decisión que foi cualificada como de "alto risco operativo",[8] e que xerou críticas dos medios de comunicación.[9] Foi criticada por moitos como parte dos escándalos de corrupción da FIFA. Os resultados das votación foron os seguintes:[10]

Votacións ao Mundial de 2022 (maioría de 12 votos)
Candidatura Votos
Rolda 1 Rolda 2 Rolda 3 Rolda 4
 Qatar 11 10 11 14
 USA 3 5 6 8
 Corea do Sur 4 5 5 Eliminado
 Xapón 3 2 Eliminado
 Australia 1 Eliminado

Qatar é o país máis pequeno en albergar unha Copa do Mundo da FIFA, desbancando á que era a sede máis pequena ata entón, Suíza, anfitrioa do Mundial de 1954, que conta con máis do triplo de superficie que Qatar, e que só tivo que albergar a 16 seleccións, en vez das 32 actuais. Qatar é ademais o segundo país (sen contar a edición inaugural de 1930 no Uruguai) en ser escollido como sede para o Mundial de Fútbol, sen terse clasificado anteriormente para ningunha edición do mesmo. O Xapón tamén fora escollido como sede para o Mundial de 2002 (xunto con Corea do Sur), sen ter xogado nunca un Mundial, aínda que se acabaron clasificando para a edición de 1998.

Algunhas investigacións descubriron que Qatar buscou ter vantaxe sobre os seus rivais contratando a un antigo oficial da CIA reconvertido en contratista privado, Kevin Chalker, para espiar as candidaturas rivais e os membros do xurado que elixiron o gañador en 2010.[11]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

As seis confederacións continentais da FIFA organizaron cadansúa competición de clasificación. Todas as federacións membros da FIFA, que son un total de 211, foron elixibles para conseguir a clasificación. Qatar, como anfitrioa, conseguiu o pase ao torneo de xeito automático. Con todo, a AFC obrigou ao país árabe a participar na fase de clasificación asiática, dado que as dúas primeiras roldas tamén funcionaban como clasificación para a Copa Asiática de 2023.[12] Qatar acabou a segunda fase como campión do seu grupo, polo que foi no seu lugar o Líbano, quinto mellor equipo entre os segundos clasificados de grupo, o que avanzou á terceira rolda.[13]

A vixente campioa do mundo, Francia, participou na fase de clasificación como calquera outra selección.[14] Santa Lucía entrou inicialmente no proceso de clasificación, pero retirouse antes da disputa do primeiro partido.[15] Corea do Norte tamén se retirou, por motivos de seguridade en relación á pandemia de COVID-19.[16] A Samoa Americana e Samoa retiráronse antes do sorteo da AFC,[17] mentres que Tonga fixo o mesmo trala erupción do volcán Hunga Tonga e o posterior tsunami.[18] As seleccións de Vanuatu e as Illas Cook, abandonaron o torneo de clasificación despois da aparición de senllos gromos de COVID-19 nos seus equipos.[19][20]

Das 32 nacións clasificadas para o Mundial de 2022, 24 xa participaran na anterior edición do torneo, en Rusia 2018. Qatar é a única selección debutante no Mundial, converténdose ademais na segunda anfitrioa en albergar unha Copa do Mundo sen ter participado en ningunha edición anterior, do mesmo xeito que o fixera Italia no Mundial de 1934. Os Países Baixos, Ecuador, Ghana, o Camerún e os Estados Unidos regresaron a unha Copa do Mundo despois de estar ausentes na edición de 2018. O Canadá volveu clasificarse para unha fase final do Mundial despois de 36 anos, sendo a súa única participación anterior en 1986.[21] Gales regresou ao Mundial 64 anos despois da súa anterior presenza, que databa de 1958, sendo este o intervalo máis longo na historia dos Mundiais.[22]

Italia, catro veces campioa mundial e vixente vencedora da Eurocopa, volveu fracasar no seu intento de clasificarse para o Mundial, igual que en 2018, quedando fóra de dúas Copas do Mundo consecutivas por primeira vez na súa historia.[23] Os italianos foron os únicos campións do mundo que non conseguiron a clasificación. A selección anfitrioa da anterior Copa do Mundo, Rusia, foi descualificada das competicións da FIFA debido á invasión rusa de Ucraína.[24] Chile, vencedora da Copa América nas edicións de 2015 e 2016, quedou fóra do Mundial por segunda vez consecutiva. Nixeria, que participara nas tres edicións anteriores e en seis das sete últimas, perdeu caeu na terceira rolda de clasificación ante Ghana pola regra do gol en campo contrario. Exipto, Panamá, Colombia, Perú, Islandia e Suecia, participantes no Mundial de 2018, non conseguiron o pase á edición de 2022.

     Países clasificados ao Mundial      Países non clasificados ao Mundial      Países que non participaron na clasificación      País non membro da FIFA

O sorteo final celebrouse no Centro de Exposicións e Congresos de Doha o 1 de abril de 2022, antes da finalización da fase de clasificación.[25] No momento do sorteo non se coñecían os dous gañadores do play-off interconfederal nin o gañador do play-off da Ruta A da UEFA.[26]

Para o sorteo, os 32 equipos foron repartidos en catro bombos segundo a clasificación mundial da FIFA a data do 31 de marzo de 2022.[27] O primeiro bombo contiña os sete mellores equipos, así como a selección anfitrioa, Qatar (que foi asignada automaticamente á posición A1). O segundo bombo contiña os seguintes oito mellores equipos, e o bombo 3 os oito seguintes. No bombo 4 introducíronse os cinco equipos peor clasificados, xunto coas tres prazas para os dous gañadores do play-off interconfederal e do play-off da Ruta A da UEFA. Dous equipos da mesma confederación non podían entrar no mesmo grupo agás os equipos da UEFA, dos cales debía haber un mínimo dun e un máximo de dous por grupo. Este principio tamén se aplicaba ás prazas pendentes de resolución, aplicándose restricións en función da confederación dos potenciais gañadores de cada eliminatoria de play-off. O sorteo comezou co bombo 1 e rematou co bombo 4, sendo cada equipo seleccionado e asignado ao primeiro grupo dispoñible alfabeticamente. A posición de cada equipo dentro do grupo foi tamén sorteada (a efectos do calendario de partidos), excepto para os equipos do bombo 1, que foron automaticamente colocados na posición 1 de cada grupo.[28] Os bombos do sorteo estaban repartidos do seguinte xeito:[29]

Bombo 1 Bombo 2 Bombo 3 Bombo 4
Qatar Qatar (51) (anfitrioa)
Brasil Brasil (1)
Bélxica Bélxica (2)
Francia Francia (3)
Arxentina Arxentina (4)
Inglaterra Inglaterra (5)
España España (7)
Portugal Portugal (8)
México México (9)
Países Baixos Países Baixos (10)
Dinamarca Dinamarca (11)
Alemaña Alemaña (12)
Uruguai Uruguai (13)
Suíza Suíza (14)
Estados Unidos Estados Unidos (15)
Croacia Croacia (16)
Senegal Senegal (20)
Irán Irán (21)
Xapón Xapón (23)
Marrocos Marrocos (24)
Serbia Serbia (25)
Polonia Polonia (26)
Corea do Sur Corea do Sur (29)
Tunisia Tunisia (35)
Camerún Camerún (37)
Canadá Canadá (38)
Ecuador Ecuador (46)
Arabia Saudita Arabia Saudita (49)
Ghana Ghana (60)
Gales Gales (18)[N 1]
Costa Rica Costa Rica (31)[N 2]
Australia Australia (42)[N 3]
  1. Campión da Ruta A da UEFA.
  2. Campión do play-off entre a CONCACAF e a OFC.
  3. Campión do play-off entre a AFC e a CONMEBOL.

Símbolos e mercadeo

[editar | editar a fonte]

A mascota oficial do Mundial de Qatar 2022 é La'eeb, presentado o 1 de abril de 2022 no sorteo para definir os grupos.[30]

Cancións oficiais

[editar | editar a fonte]

O 1 de abril de 2022 saíu á luz a primeira canción oficial do mundial chamada «Hayya Hayya (Better Together)» interpretado polo cantante estadounidense Trinidad Cardona coa participación da icona do afrobeats Davido e AISHA.[31]

A segunda canción do mundial chámase "Arhbo", interpretado por Gims e Ozuna. Presentouse o 19 de agosto de 2022.

A terceira canción oficial é "Light The Sky", interpretado por Nora Fatehi, Manal, Rahma Riad e Balqees. Composta por RedOne, presentouse o 7 de outubro de 2022.

Balón oficial

[editar | editar a fonte]

Al Rihla é o nome oficial do balón para o torneo.[32]

Patrocinios

[editar | editar a fonte]
Socios da FIFA
 Alemaña Adidas[33]
 USA Coca-Cola[34]
 Corea do Sur Hyundai[35]
 Corea do Sur Kia[35]
 Qatar Qatar Airways[36]
 Qatar QatarEnergy
 USA VISA[37]
 China Wanda Group[38]
Patrocinadores da Copa Mundial
 Bélxica Anheuser-Busch InBev[39]
 India Byju's
 Singapur Crypto.com
 China Hisense[40]
 USA McDonald's[41]
 China Mengniu Dairy[42]
 China Vivo[43]
Partidarios
Asia
 Qatar GWC Logistics
 Qatar Ooredoo
 Qatar Grupo QNB
Norteamérica
 USA Algorand
 USA Frito-Lay
 Canadá The Look Company
Sudamérica
 México Claro
 Brasil Nubank
 India UPL

Árbitros

[editar | editar a fonte]

O 19 de maio de 2022, a FIFA anunciou a lista de 36 árbitros, 69 árbitros asistentes e 24 árbitros de VAR para o torneo.[44][45] Por primeira vez nun gran torneo masculino de fútbol de seleccións, varias mulleres foron seleccionadas para arbitrar partidos. A francesa Stéphanie Frappart, a ruandesa Salima Mukansanga e a xaponesa Yoshimi Yamashita convertéronse nas primeiras mulleres en ser seleccionadas como árbitras dunha Copa do Mundo.[46] A elas sumaranse tres árbitras asistentes, tamén por primeira vez. Frappart xa arbitrara anteriormente a final da Copa do Mundo Feminina de 2019.[47]

O árbitro gambiano Bakary Gassama e o asistente arxentino Juan Pablo Belatti encaran o seu terceiro Mundial.[48][49] Belatti foi árbitro asistente na final de 2018.[50] Outros árbitros que repiten convocatoria son o mexicano César Arturo Ramos e o zambiano Janny Sikazwe, así como o asistente iraniano Mohammadreza Mansouri.[51][52][53]

As cinco primeiras sedes propostas para a Copa do Mundo presentáronse a principios de marzo de 2010. O país pretendía que os estadios reflectisen os aspectos históricos e culturais de Qatar, e que os deseños cumprisen os seguintes termos de referencia: legado, confort, accesibilidade e sostibilidade.[54] Os estadios estarán equipados con sistemas de refrixeración que pretenden reducir as temperaturas dentro do estadio ata 20 °C, pero aínda non se sabe se isto funcionará realmente nos estadios ao aire libre. A organización describiu os estadios como de "cero residuos" e afirmou que os niveis superiores dos estadios serán desmontados despois do torneo e doados a países con infraestruturas deportivas menos desenvolvidas.[55][56] Qatar aspira a que todos os seus estadios cumpran e estean certificados polo Sistema de Avaliación da Sostibilidade Global (GSAS). Os cinco proxectos de estadios foron deseñados polo arquitecto alemán Albert Speer & Partners.[57] O Estadio Al Bayt será o único estadio cuberto dos oito utilizados.[58]

Unha información publicada o 9 de decembro de 2010 citaba ao entón presidente da FIFA, Sepp Blatter, que afirmaba que outras nacións ademais de Qatar poderían albergar algúns partidos da Copa do Mundo. Con todo, no informe non se mencionaba ningún país específico.[59] Blatter engadiu que calquera decisión deste tipo debería ser tomada primeiro por Qatar e despois avalada polo comité executivo da FIFA.[60] O príncipe Ali bin Hussein de Xordania dixo á Australian Associated Press que a celebración de partidos en Bahrain, Emiratos Árabes Unidos e posiblemente Arabia Saudita axudaría a incorporar á xente da rexión durante o torneo.[61]

Segundo un informe publicado en abril de 2013 por Merrill Lynch, a división de banca de investimento do Bank of America, os organizadores de Qatar solicitaron á FIFA que aprobase un número menor de estadios debido ao aumento dos custos.[62] Bloomberg.com informou que Qatar quería reducir o número de sedes a oito ou nove das doce previstas orixinalmente.[63]

O estadio máis utilizado será o Estadio Icónico de Lusail, que albergará 10 partidos, incluída a final. O estadio Al Bayt de Al Khor acollerá 9 partidos. Todos os partidos agás os 9 que se disputarán en Al Khor, celebraranse nun radio de 32 km dende o centro de Doha. Por primeira vez, todas as sedes do torneo serán utilizadas para os partidos eliminatorios.

Lusail Al Khor Doha
Estadio Icónico de Lusail Estadio Al Bayt Estadio 974 Estadio Al Thumama
Capacidade: 80,000
Capacidade: 60,000[64] Capacidade: 40,000[65] Capacidade: 40,000[66]
Cidades sede Estadios na área de Doha
Ar Rayyan Al Wakrah
Estadio Internacional Khalifa Estadio Cidade da Educación Estadio Ahmad bin Ali Estadio Al Janoub
Capacidade: 40,000[67] Capacidade: 40,000[68] Capacidade: 40,000[69] Capacidade: 40,000[70]

Resultados

[editar | editar a fonte]

Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.

Fase de grupos

[editar | editar a fonte]

     – Clasificado para os Oitavos de final.

Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1 Países Baixos Países Baixos 3 2 1 0 5 1 +4 7
1 Senegal Senegal 3 2 0 1 5 4 +1 6
1 Ecuador Ecuador 3 1 1 1 4 2 +1 4
1 Qatar Qatar 3 0 0 3 1 7 -6 0
Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1 Inglaterra Inglaterra 3 2 1 0 9 2 +7 7
1 Estados Unidos Estados Unidos 3 1 2 0 2 1 +1 5
1 Gales Gales 3 1 0 2 4 7 -3 3
1 Irán Irán 3 0 1 2 1 6 -5 1
Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1 Arxentina Arxentina 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Arabia Saudita Arabia Saudita 0 0 0 0 0 0 0 0
1 México México 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Polonia Polonia 0 0 0 0 0 0 0 0
Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1 Francia Francia 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Australia Australia 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Dinamarca Dinamarca 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Tunisia Tunisia 0 0 0 0 0 0 0 0
Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1 España España 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Costa Rica Costa Rica 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Alemaña Alemaña 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Xapón Xapón 0 0 0 0 0 0 0 0
Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1 Bélxica Bélxica 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Canadá Canadá 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Marrocos Marrocos 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Croacia Croacia 0 0 0 0 0 0 0 0
Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1 Brasil Brasil 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Serbia Serbia 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Suíza Suíza 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Camerún Camerún 0 0 0 0 0 0 0 0
Pos. Selección Pts PX PG PE PP GF GC Dif
1 Portugal Portugal 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Ghana Ghana 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Uruguai Uruguai 0 0 0 0 0 0 0 0
1 Corea do Sur Corea do Sur 0 0 0 0 0 0 0 0
  1. Goff, Steve (16 de xaneiro de 2009). "Future World Cups". The Washington Post (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2011. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  2. "México retira su candidatura para sede de 2018 ó 2022 por motivos económicos" (en castelán). 29 de setembro de 2009. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  3. "Indonesia's bid to host the 2022 World Cup bid ends". BBC (en inglés). 19 de marzo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2010. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  4. "El Mundial 2018 será europeo tras la retirada de la candidatura de EE. UU.". Radio Televisión Española (en castelán). 15 de outubro de 2010. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  5. "England get 2018 World Cup boost". BBC (en inglés). 25 de setembro de 2007. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  6. "Combined bidding confirmed". FIFA (en inglés). 20 de decembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2009. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  7. Wilson, Steve (18 de novembro de 2010). "World Cup 2018: meet Amos Adamu and Reynald Temarii, the Fifa pair suspended over corruption". The Telegraph (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2022. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  8. "World Cup 2022: Blow to Qatar's 2022 bid as FIFA brands it "high risk"". Bloomberg (en inglés). 18 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2010. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  9. James, Stuart (2 de decembro de 2010). "World Cup 2022: 'Political craziness' favours Qatar's winning bid". The Guardian (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  10. Doyle, Paul; Busfield, Steve (2 de decembro de 2010). "World Cup 2018 and 2022 decision day – live!". The Guardian (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2016. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  11. "World Cup host Qatar used former CIA officer to spy on Fifa" (en inglés). 23 de novembro de 2021. Consultado o 7 de xuño de 2022. 
  12. Palmer, Dan (31 de xullo de 2017). "Hosts Qatar to compete in qualifying for 2022 World Cup" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de xuño de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  13. "Groups finalised for Qatar 2022 & China 2023 race" (en inglés). 17 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  14. Gonzalez, Roger (15 de xullo de 2018). "2022 World Cup odds: France favorite to repeat in Qatar; USA behind Mexico with 16th-best odds" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de abril de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  15. Levy, Leighton (23 de marzo de 2021). "St Lucia players in the dark about World Cup qualifiers" (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  16. "AFC confirms North Korea’s withdrawal from FIFA World Cup qualifiers" (en inglés). 17 de maio de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  17. "Update on FIFA Club World Cup and OFC preliminary competition for Qatar 2022". FIFA (en inglés). 29 de novembro de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  18. "Tonga withdraw from FIFA World Cup Qatar 2022™ OFC preliminary competition". FIFA (en inglés). 28 de xaneiro de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  19. "Vanuatu withdraws from the FIFA World Cup ™ Oceania Qualifiers." (en inglés). 19 de marzo de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  20. "Update on FIFA World Cup Qatar 2022™ Oceania Qualifiers" (en inglés). 23 de marzo de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  21. "Canada beat Jamaica 4-0 to reach their first men's World Cup in 36 years.". BBC (en inglés). 28 de marzo de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  22. "World Cup 2022: Celebrations as Wales qualify after 64-year wait". BBC (en inglés). 5 de xuño de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  23. "European champions Italy will not play in the 2022 World Cup after being stunned by North Macedonia in their play-off in Palermo.". BBC (en inglés). 24 de marzo 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  24. "FIFA/UEFA suspend Russian clubs and national teams from all competitions". FIFA (en inglés). 28 de febreiro de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  25. "2022 European football calendar: Match and draw dates for all UEFA competitions". UEFA (en inglés). 1 de xaneiro de 2022. Consultado o 24 de setembro de 2022. 
  26. "Procedures for the Final Draw for the FIFA World Cup Qatar 2022™ released". FIFA (en inglés). 22 d emarzo de 2022. Consultado o 24 de setembro de 2022. 
  27. "Clasificación mundial da FIFA a 31 de marzo de 2022". FIFA (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2022. 
  28. "Draw procedures: FIFA World Cup Qatar 2022" (PDF). FIFA (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2022. 
  29. "Qatar 2022 Final Draw: All you need to know". FIFA (en inglés). 31 de marzo de 2022. Consultado o 24 de setembro de 2022. 
  30. "Mascota del Mundial Qatar 2022: cómo es La'eeb y qué representa". TyCSports.com. 1 de abril de 2022. Consultado o 1 de abril de 2022. 
  31. "Qatar 2022 ya tiene canción oficial: “Hayya Hayya (Better Together)”". TN.com.ar. 1 de abril de 2022. Consultado o 1 de abril de 2022. 
  32. "Al Rihla: la FIFA presenta el balón para el Mundial de Qatar 2022". LaTercera.com. 30 de marzo de 2022. Consultado o 1 de abril de 2022. 
  33. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - News - FIFA and adidas extend partnership until 2030 - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2017. Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  34. "Coca-Cola renews Fifa football sponsorship until 2022". Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  35. 35,0 35,1 FIFA.com (23 de novembro de 2010). "Hyundai-Kia drives on as FIFA Partner until 2022". FIFA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2017. Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  36. FIFA.com (5 de maio de 2017). "Qatar Airways announced as Official Partner and Official Airline of FIFA until 2022". FIFA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2017. Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  37. "Visa extending World Cup deal for eight years". www.sportsbusinessdaily.com (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  38. FIFA.com (18 de marzo de 2016). "Wanda Group becomes new FIFA Partner". FIFA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2017. Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  39. FIFA.com (24 de outubro de 2011). "FIFA and Anheuser-Busch InBev announce FIFA World Cup™ sponsorship for 2018 / 2022". FIFA.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  40. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - News - Hisense becomes Official Sponsor of 2018 FIFA World Cup™ - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2017. Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  41. FIFA.com. "2018 FIFA World Cup Russia™ - News - McDonald’s looking ahead to 2018 - FIFA.com". www.fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2017. Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  42. "Mengniu Group added to Fifa World Cup sponsor line-up" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  43. "Fifa agrees massive World Cup deal with Vivo" (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2018. 
  44. "36 referees, 69 assistant referees and 24 video match officials appointed for FIFA World Cup Qatar 2022". FIFA (en inglés). 19 de maio de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  45. "List of appointed FIFA Match Officials" (PDF). FIFA (en inglés). 19 de maio de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  46. "Qatar World Cup: Women referees to feature for first time in men's competition". ESPN (en inglés). 19 de maio de 2022. Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  47. "Frappart: Final role a huge source of pride". FIFA (en inglés). 5 de xullo de 2019. Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  48. "Bakary Gassama". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  49. "Juan Pablo Belatti". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  50. "Final do Mundial de 2018". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  51. "César Ramos". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  52. "Janny Sikazwe". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  53. "Alireza Faghani". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2022. 
  54. "Stadiums" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  55. "Bidding Nation Qatar 2022 – Stadiums" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 3 de maio de 2010. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  56. Hayajneh, Abdelnaser; Elbarrawy, Hassan; El Shazly, Yassin; Rashid, Tarek (Decembro de 2017). "Football and Sustainability in the Desert, Qatar 2022 Green World Cup's Stadiums: Legal Perspective". European Journal of Social Sciences (en inglés): 475–493. SSRN 3096185. 
  57. "Evaluation reports on the bids for the 2018 and 2022 FIFA World Cups" (PDF). FIFA (en inglés). 5 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de outubro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  58. "Al Bayt Stadium". qatar2022.qa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  59. "Report: Qatar neighbors could host 2022 WC games" (en inglés). 9 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  60. "FIFA 'backs' winter 2022 Qatar cup". Al Jazeera (en inglés). 17 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  61. "Soccer's best signings of the decade" (en inglés). 23 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  62. "Qatar 2022: Nine stadiums instead of twelve?" (en inglés). 25 de abril de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  63. Fattah, Zainab (22 de abril de 2013). "Qatar Is in Talks to Reduce World Cup Stadiums, BofA Says" (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  64. "Al Bayt Stadium". qatar2022.qa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  65. "Stadium 974". qatar2022.qa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  66. "Al Thumama Stadium". qatar2022.qa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  67. "Khalifa International Stadium". qatar2022.qa (en inglés). Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  68. "Education City Stadium". qatar2022.qa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  69. "Ahmad Bin Ali Stadium". qatar2022.qa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022. 
  70. "Al Janoub Stadium". qatar2022.qa (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2022.