Saltar ao contido

Nádega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nádega

Instancia deconxunto de subdivisións da parte cardinal do corpo, clase de entidade anatómica e páxina de dicionario en Wikipedia Editar o valor en Wikidata
Subclase deconxunto de subdivisións da parte cardinal do corpo e entidade anatómica particular Editar o valor en Wikidata
Latín TA98nates Editar o valor en Wikidata
Estudado porrumpoloxía Editar o valor en Wikidata
Descrito pola fonte
Composto por
Wikidata ]
Nádegas masculinas.
Nádegas femininas.

A nádega é cada unha das partes carnosas situadas na parte máis baixa das costas, resultando usual o emprego da forma plural, nádegas, para designar esta rexión. Está formada polos músculos glúteo maior, medio e menor, dos cales o primeiro é normalmente un dos máis fortes músculos do corpo. Os glúteos non son os únicos músculos da rexión senón que tamén hai outros.

As masas musculares dos glúteos están separadas por unha división, fendedura glútea, na que se abre o ano. A posición sentada nos seres humanos involucra a esta rexión, mais o apoio como tal vén da tuberosidade isquiática, masa pertencente á parte postero-inferior do óso coxal, recuberta á súa vez por unha bulsa serosa, que protexe contra a fricción aos músculos inmediatos.