Tronco (anatomía)
En anatomía, o tronco ou torso é a parte central do corpo de varios animais (incluíndo o ser humano), de onde se proxectan a cabeza e os membros (superiores e inferiores ou, nos cuadrúpedes, anteriores e posteriores). Está subdividido na caixa torácica (ou tórax) e no abdome. Estas dúas partes (que internamente son a cavidade torácica e a cavidade abdominal) están separadas por un músculo, en forma de bóveda, chamado diafragma.
Partes do tronco
[editar | editar a fonte]Tanto desde un punto de vista topográfico como funcional, o esqueleto do tronco organízase en columna vertebral, tórax e pelve:
- Eixe fundamental do corpo, central e posterior.
- O tórax é a parte superior (ou anterior) do tronco, trátase dunha caixa elástica que vai da base do pescozo até o diafragma. A cavidade torácica alberga a maior parte do sistema respiratorio e o corazón, protexidos por unha armazón ósea que une o esterno á columna vertebral a través das costelas. Esta estrutura modifícase durante os movementos respiratorios grazas á acción dos músculos intercostais e do diafragma.
- O tórax está formado por:
- A porción dorsal da columna vertebral, por detrás.
- O esterno, diante e arriba, no centro.
- As costelas, por detrás, diante e aos lados.
- Especie de receptáculo na parte inferior do tronco conformado por:
- Os coxais da pelve son ademais a cintura pelviana que fixa os membros inferiores ao tronco, mentres que sacro e cóccix son o final da columna vertebral.
- Entre a pelve e o tórax encóntrase no individuo vivo o abdome, de paredes esencialmente musculares. Ao contrario da caixa torácica, o abdome non ten unha estrutura ósea, mais os órganos dos sistemas referidos están protexidos por un complexo de tecidos, entre os cales o máis importante é o peritoneo e varias camadas de músculos.
O tronco alberga os órganos do aparello cardiopulmonar (o corazón, os pulmóns e os grandes vasos), o mesmo que os órganos responsábeis da dixestión (o estómago, e o intestino) e as súas glándulas anexas (o fígado e o páncreas). Así mesmo, contén o aparello urinario (os riles e a vexiga) e o aparello reprodutor feminino (o útero, os ovarios e as trompas de Falopio).
Os límites son:
- Na parte superior. O plano do pescozo que forman os anacronios (dereito e esquerdo), o punto supraesternal e o punto da vértebra prominente ou espiñal.
- Na parte inferior. O plano das extremidades inferiores formado polo suco subglúteo e a parte máis baixa dos xenitais externos
- Aos lados. Sepárao das extremidades inferiores os planos que forman os anacronios, e os vértices internos da pirámide, formada á súa vez polo anacronio (vértice superior), o brazo (cara externa), o tórax (cara interna), a omoplata (cara posterior) e o peitoral (cara anterior).
O límite tóracoabdominal está formado polo plano que pasa pola apófise xifoide do esterno, a apófise espiñosa da 12D, e as arcadas costais.