Nacionalismo alemán en Austria

O nacionalismo alemán (alemán: Deutschnationalismus) é unha ideoloxía política e corrente histórica en política austríaca. Xurdiu durante o século XIX como un movemento nacionalista entre a poboación falante da lingua alemá do Imperio Austrohúngaro. Favorece estreitas relacións con Alemaña, que é considerada como o estado-nación de todos os alemáns étnicos, e contempla a posibilidade da incorporación de Austria a unha Grande Alemaña.
Ó longo da historia de Austria, dende o Imperio Austríaco até o Imperio Austrohúngaro, e a Primeira e Segunda Repúblicas de Austria, diversos partidos políticos e grupos expresaron o sentimento nacionalista panxermanista. Os partidos nacional liberalistas e panxermanistas foron denominados como o "Terceiro Campo" (alemán: Drittes Lager) da política austríaca, tradicionalmente clasificados detrás dos conservadores e dos socialistas católicos tradicionais.[1][2] O Partido da Liberdade de Austria, un partido de ultradereita con representación no Parlamento de Austria, ten raíces panxermanistas.[3] Despois da segunda guerra mundial, tanto o panxermanismo como a idea da unión política con Alemaña fixéronse impopulares pola súa asociación co nazismo, e pola crecente idea dunha identidade nacional austríaca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kamps, Stephan (2007). Die Freiheitlichen – Nazistische Reinkarnation oder politische Erneuerung? (en alemán). GRIN Verlag. pp. 27–31. ISBN 9783638715454.
- ↑ Voithofer, Richard (2000). Drum schliesst Euch frisch an Deutschland an .. (en alemán). Böhlau Verlag. p. 17. ISBN 9783205992226.
- ↑ Pelinka, Anton (2000). Jörg Haiders "Freiheitliche" – ein nicht nur österreichisches Problem. Liberalismus in Geschichte und Gegenwart (en alemán) (Königshausen & Neumann). p. 233. ISBN 9783826015540.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Austria |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hamann, Brigitte (2010). Hitler's Vienna: A Dictator's Apprenticeship. Tauris Parke. ISBN 978-1848852778.
- Low, Alfred D. (1974). Anschluss Movement in Austria and Germany, 1918-1919 and the Paris Peace Conference. Amer Philosophical Society. ISBN 0871691035.