Nacionalismo macedonio
O nacionalismo macedonio (en macedonio: Македонска преродба) é un movemento político nacionalista que xurdiu entre os macedonios a finais do século XIX que buscaban a autonomía da rexión de Macedonia do Imperio Otomán. A idea evolucionou durante o inicio do século XX xunto ás primeiras expresións do nacionalismo étnico entre os eslavos de Macedonia. A separada nación macedonia gañou recoñecemento despois da segunda guerra mundial cando a "República Socialista de Macedonia" foi creada como parte da Iugoslavia. Posteriormente, a historiografía macedonia estabeleceu vínculos históricos entre os macedonios étnicos e os acontecementos e as figuras búlgaras dende a Idade Media ata o século XX. Despois da independencia da República de Macedonia a finais do século XX, as cuestións referentes á identidade nacional macedonia foron disputadas polos veciños do país, xa que algúns partidarios do agresivo nacionalismo macedonio, chamado macedonismo, sosteñen crenzas máis extremas, como unha continuidade ininterrompida entre os antigos macedonios (esencialmente un pobo da Grecia antiga), e os macedonios étnicos modernos (un pobo eslavo), así como puntos de vista relacionados co concepto irredentista de Macedonia Unida, que implica reivindicacións territoriais sobre unha gran parte de Grecia, xunto con rexións máis pequenas de Albania, Bulgaria, Kosovo e Serbia.