Nacionalismo australiano

O nacionalismo australiano é unha ideoloxía política nacionalista que defende que os australianos son unha nación e promove a unidade nacional e cultural de Australia.[1][2][3] O nacionalismo australiano ten unha historia que se remonta a finais do século XIX a medida que Australia desenvolveu gradualmente unha cultura e unha identidade distintas ás de Gran Bretaña, comezando a verse como unha entidade única e separada e non simplemente unha extensión ou unha derivación da cultura e identidade británicas.
A finais do século XX e comezos do século XXI, a noción do nacionalismo australiano foi cooptada por algúns partidos políticos de extrema dereita e grupos xenófobos e neofascistas en Australia, ás veces vinculados ao supremacismo branco.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ wiliam, Sydney Australia. "Nationalism in Australia". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016.
- ↑ Christopher Scanlon (25 de xaneiro de 2014). "Australia Day: is nationalism really so bad?". The Conversation. Consultado o 11 de marzo de 2016.
- ↑ "Surrendering nationalism". Griffith Review. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016.
- ↑ "Nationalism and racism". Consultado o 11 de marzo de 2016.