Nantón, Cabana de Bergantiños
Nantón | |
---|---|
Paisaxe nas proximidades da igrexa de San Pedro de Nantón. | |
Concello | Cabana de Bergantiños[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°09′50″N 8°51′53″O / 43.16394444, -8.86461111 |
Poboación | 301 hab. (2018) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Nantón é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 301 habitantes (159 mulleres e 142 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Son de especial interese os petróglifos que se localizan nos montes da Piolla, o castro e mámoas de Anido (aínda sen escavar), a igrexa parroquial e o contorno da casa reitoral e o pazo de Casanova, do século XVII.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Esta localidade está cruzada de norte a sur pola estrada AC-552 que vai desde A Coruña a Cee.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Nantón
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Nantón no concello coruñés de Cabana de Bergantiños | |
---|---|
A Ameixenda | O Bidual | Os Carballás | A Casanova | Castro do Anido | Cazón | A Cuncha | Denellón | Doeña | As Fontiñas | Os Martices | A Palleira | A Pedra | A Piolla |