Saltar ao contido

Neofelis nebulosa brachyura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Neofelis nebulosa brachyura era unha subespecie de Neofelis nebulosa endémica da illa de Taiwán. Un estudo con cámaras trampa levado a cabo no meirande bosque primario do sur de Taiwán dende 2000 até 2004 non revelou a presenza de ningún exemplar.[2] A poboación é considerada extinta pola Lista Vermella da IUCN.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Na súa primeira descrición de 1862, Swinhoe describiu a cola máis curta desta subespecie, que é case a metade de longa que a dos exemplares de Neofelis nebulosa do Himalaia.[3]

Últimos rexistros[editar | editar a fonte]

Supostos avistamentos[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2019, Taiwan News informou de dous avistamentos non confirmados por dous grupos diferentes de gardabosques do Condado de Taitung, ámbolos dous no verán de 2018. Un dos informes é sobre un exemplar que subía unha árbore e un cantíl para cazar cabras, mentres que outro era dun exemplar que se cruzou diante dunha scooter nunha estrada antes de subir a unha árbore.[4][5]

Na cultura[editar | editar a fonte]

Home taiwanés (identificado como rukai 魯凱族) levando unha pel de Neofelis nebulosa brachyura. Fotografía do antropólogo xaponés Torii Ryūzō sen data, mais o máis probable é que sexa de arredor de 1900, cando estivo en Taiwán.

Os rukai, indíxenas taiwaneses, consideran a caza da especie como un tabú.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Grassman, L.; Lynam, A.; Mohamad, S.; Duckworth, J.W.; Borah, J.; Ghimirey, Y.; Reza, A.; Rahman, H. (2016). "Neofelis nebulosa". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: e.T14519A97215090. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-1.RLTS.T14519A97215090.en. 
  2. Chiang, P.-J. (2007). Ecology and Conservation of the Formosan clouded leopard, its prey, and other sympatric carnivores in southern Taiwan (PDF). Blacksburg, Virxinia: Virginia Polytechnic Institute and State University. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de marzo de 2019. Consultado o 08 de marzo de 2019. 
  3. Swinhoe, R. (1862). On the Mammals of the Island of Formosa. Proceedings of the Zoological Society of London: 347–365.
  4. Everington, K. (2019). "'Extinct' Formosan clouded leopard spotted in E. Taiwan". Taiwan News. 
  5. Hoffner, E. (2019). "Taiwan: Extinct leopard subspecies allegedly seen by rangers". Mongabay. Consultado o 4 de marzo de 2019. 
  6. Pei, K. (1999). Hunting System of the Rukai Tribe in Taiwan, Republic of China. Proceedings of the International Union of Game Biologists XXIV Congress, Thessaloniki, Greece.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]