O Freixo, Valadares, Vigo
O Freixo | |
---|---|
Parroquia | Valadares |
Concello | Vigo |
Coordenadas | 42°11′00″N 8°44′35″O / 42.18326216188, -8.7431727103424 |
Poboación | 393 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Freixo, tamén San Xoán do Freixo, é un barrio ou lugar da parroquia Santo André de Valadares do concello de Vigo.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 393 habitantes (202 homes e 191 mulleres). Limita co barrio das Barrocas na mesma parroquia de Valadares e coas parroquias de Comesaña, Coruxo e Matamá do concello de Vigo e coa parroquia de Chandebrito do concello de Nigrán. Os seus lugares son os seguintes: San Xoán, Campo Grande, Campo do Rego, A Galiñeira, O Teu Deus, A Bouzacoba, A Areiña e O Portal do Mato.
Situación
[editar | editar a fonte]O barrio de Freixo está situado na parte alta do Val do Fragoso ao pé dos montes Alba e Os Pozos e por riba das parroquias de Matamá e Comesaña. Está completamente rodeado de masa forestal e ao atoparse nunha ladeira do Monte dos Pozos o seu terreo ten unha forte inclinación facendo del un miradoiro privilexiado da embocadura da Ría de Vigo e das Illas Cíes.
Dispón dun servizo regular de autobuses (liña 17) que saen dende Ríos / A Guía (Teis) en dirección ao barrio de Freixo, pasando polas Travesas (Praza de América), Castrelos e Matamá.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Destaca no seu patrimonio a ermida de San Xoán, da cal hai constancia documental dende o ano 1694, aínda que debeu construírse bastante antes xa que nesa data o estado do edificio cualificábase de ruinoso, polo que as autoridades eclesiásticas esixían que se executasen as precisas reparacións. Existe a crenza de que o santo provén do lugar de Seoane.[3]
Festas
[editar | editar a fonte]Entre as celebracións do Barrio destacan a festa de San Xoán Bautista (o 24 de xuño), o festival de música Freixo-Rock e a Baixada de Carrilanas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Valadares
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Valadares no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Alba | As Barrocas | Bertoles | O Canizo | O Carregal | A Costa | Fabás | O Freixo | A Gándara | A Garrida | A Igrexa | O Outeiro | A Pinguela | O Portal | Prado | San Xoán | A Senra | Seoane | A Simona | A Sobreira |
Parroquias de Vigo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Valadares, Vigo". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Patrimonio | Centro Veciñal e Cultural de Valladares". www.valladares.tv. Consultado o 2023-09-08.