Oh Sees
Oh Sees | |
---|---|
![]() | |
Orixe | San Francisco (California), ![]() |
Período | 1997 - presente |
Xénero(s) | garage rock, rock psicodélico, rock alternativo, punk rock, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Castle Face, In the Red, Load, Narnack, Rock is Hell, KimoSciotic |
Membros | John Dwyer Tim Hellman Dan Rincon Paul Quattrone |
Antigos membros | Ryan Moutinho Nick Murray Brigid Dawson Petey Dammit! Mike Shoun Lars Finberg Jigmae Baer Patrick Mullins |
Na rede | |
www.theeohsees.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Oh Sees é unha banda estadounidense de rock formada no ano 1997 en San Francisco. A día de hoxe está composta por John Dwyer (voces, guitarra), Tim Hellman (baixo), Dan Rincon (batería) e Paul Quattrone (batería).[1] O son de Oh Sees incorpora un amplo rango de xéneros do rock, como garage rock, rock psicodélico, punk rock, noise rock, art punk e post-punk.
Inicialmente foi unha vía de escape para Dwyer (Coachwhips, Pink and Brown e The Hospitals) para publicar gravacións caseiras experimentais, pero Oh Sees converteríase nunha banda, contando con Brigid Dawson (voces, teclados), Petey Dammit (baixo, guitarra), Mike Shoun (batería) e Lars Finberg (batería, guitarra). A banda comezou a destacar pola súa prolífica discografía, os seus enerxéticos concertos e a súa caprichosa estética visual. A banda cambiou a súa formación e o seu nome varias veces, sendo coñecida anteriormente como Orinoka Crash Suite, OCS, Orange County Sound, The Ohsees, The Oh Sees, Thee Oh Sees e Oh Sees.
A finais do ano 2013 anunciouse que a banda entraría en hiato. Porén, publicaron un novo álbum de estudio en 2014, Drop, e posteriormente Oh Sees xirou como un trío, con baixista de Sic Alps Tim Hellman e o batería de White Fence Nick Murray substituíndo a Dawson, Dammit! e Shoun. No ano 2015 Dawson regresou á banda listo para gravar o seu seguinte álbum, Mutilator Defeated At Last. Tras o seu lanzamento Dwyer e Hellman comezaron a xirar con dous baterías, Ryan Moutinho e Dan Rincon, substituíndo a Murray. Esta formación gravaría os dous seguintes álbums do grupo, A Weird Exits e An Odd Entrances.
Discografía
[editar | editar a fonte]Como OCS
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
1 | 2003 | Tumult |
2 | 2004 | Narnack Records |
Songs About Death & Dying Vol. 3 | 2005 | Narnack Records |
OCS 4: Get Stoved | 2005 | KimoSciotic Records |
Memory of a Cut Off Head | 2017 | Castle Face Records |
Como The Ohsees
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Cool Death of Island Raiders | 2006 | Narnack Records |
Como The Oh Sees
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Sucks Blood | 2007 | Castle Face Records |
Como Thee Oh Sees
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Master's Bedroom Is Worth Spending a Night In | 2008 | Tomlab, Castle Face |
Help | 2009 | In The Red Records |
Dog Poison | 2009 | Captured Tracks |
Warm Slime | 2010 | In The Red Records |
Castlemania | 2011 | In The Red Records |
Carrion Crawler/The Dream | 2011 | In The Red Records |
Putrifiers II | 2012 | In The Red Records |
Floating Coffin | 2013 | Castle Face Records |
Drop | 2014 | Castle Face Records |
Mutilator Defeated at Last | 2015 | Castle Face Records |
A Weird Exits | 2016 | Castle Face Records |
An Odd Entrances | 2016 | Castle Face Records |
Como Oh Sees
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Orc | 2017 | Castle Face Records |
Smote Reverser | 2018 | Castle Face Records |
Face Stabber | 2019 | Castle Face Records |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Know (ed.). "Thee Oh Sees at the Gothic Theatre (photos, review)". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 1 de xaneiro de 2018.