Orfeu (editora)
Orfeu | |
---|---|
Tipo | selo discográfico |
Data de fundación | 1956 |
Fundador(es) | Arnaldo Trindade |
País | Portugal |
[ editar datos en Wikidata ] |
Discos Orfeu (ou, simplemente Orfeu) foi un prestixioso selo discográfico fundado en 1956 polo empresario do Porto Arnaldo Trindade. A empresa tamén era coñecida polo nome do seu propietario (é dicir, Arnaldo Trindade & Companhia, Lda). Despois dun período convulso, a editora renaceu en 2010, baixo o paraugas de Movieplay, co nome de Art'Orfeu Media.[1] [2]
Historia
[editar | editar a fonte]Co nome de "Orfeu" comezaron a publicarse discos de varios poetas recitando as súas obras. O debut tivo lugar en 1956, co vinilo Torga por Torga do escritor Miguel Torga. Seguiron as edicións de José Régio, Eugénio de Andrade, Sophia de Mello Breyner, Jaime Cortesão, Aquilino Ribeiro e Ferreira de Castro. A colección de poesía, recitada polos seus autores, acadou un gran éxito na época. As portadas dos discos foron deseñadas pola artista Moreira de Azevedo. Situado na rúa de Santa Catarina, fronte ao Café Majestic, Discos Orfeu converteuse nun lugar referente na cidade. O establecemento concentraba o ramo de electrodomésticos coa venda de discos, que se moveu para as producións musicais.[3]
Os métodos innovadores de Trindade na produción foron clave para o éxito da editora. A súa motivación e gusto persoal marcaron unha diferenza respecto a outras grandes empresas portuguesas do sector que baseaban a selección de repertorio e artistas en indicadores de éxito comercial.[4] Foi no Orfeu onde o Zeca Afonso gravou o mellor do seu traballo, Adriano Correia de Oliveira publicou todos os seus discos e Vitorino debutou. Outros nomes con sona foron os clásicos Pano Cru e Campolide de Sérgio Godinho, o Blackground de Duo Ouro Negro, e Fausto e Luís Cília entre outros. O selo tamén contou cunha liña máis popular de cançonetistas como Lenita Gentil, Florência, António Mafra, Maria Albertina e mesmo o Quim Barreiros. Tamén innovaron coa publicación de discos de Pop Five Music Incorporated, con cancións orixinais e versións en inglés. Posteriormente, José Calvário e Miguel Graça Moura foron gravar a Londres, aos famosos estudos Pye Records, co selo da Orfeu.[3]
A editorial portuense tiña dereitos exclusivos de importantes selos internacionais como Durium Records (italiano), Disques Vogue (francés), Pye Records (británico), Tamla-Motown (estadounidense) e Island Records (inglés). En 1969, Trindade celebrou a primeira convención da Industria Discográfica en Portugal, chamando a atención da revista "Billboard", ao achegar á praia de Ofir representantes de todo o mundo e bandas como Foundations, Status Quo ou Long John Baldry, onde tocou Reginald Dwight (hoxe coñecido como Elton John). As convencións discográficas tamén tiveron lugar en Lisboa, Cascais e no Porto. Discos Orfeu tamén foi innovador na concesión dos primeiros discos de ouro da discográfica portuguesa. As dúas cancións de sinatura que iniciaron a Revolución do 25 de abril de 1974 –“E Além do Adeus”, de Paulo de Carvalho e “ Grândola Vila Morena” de José Afonso– forman parte do amplo legado da editora.[5] Nos anos 70 pasaron polo selo José Cid, que publicou o 10.000 anos despois entre Venus e Marte, e Tonicha, entre outros.
“ | Não podia ser de outra maneira. A Orfeu tinha no final dos anos 60 e durante os anos 70, até meados da década de 1980, os melhores artistas e criadores de música portuguesa. Apercebi-me que se tratava de um movimento, de uma geração que iria marcar para sempre a música feita em Portugal e cantada em português, sob temática portuguesa. Música de Tema lhe chamei e com razão o fiz (...) Pouco importava que a PIDE e a censura, o SNI não gostassem e exercessem pressões. Tinha de ser feito e seria feito. Uma vez encetada a iniciativa, a responsabilidade da produção e da edição era minha. Além dos melhores artistas, possuía um núcleo de colaboradores activos e de uma extrema lealdade e firmeza de propósitos. Se o quisermos, a Orfeu era também uma barricada, um aríete contra a muralha do obscurantismo". | ” |
En 1983, Movieplay Portuguesa, xunto a Arnaldo Trindade, comprou Rádio Triunfo, a partes iguais onde se integra a Editora Orfeu. Até 1985 lanzáronse álbums baixo o selo Orfeu–Rádio Triunfo. Posteriormente, Movieplay e Rádio Triunfo foron expulsadas da GPPFV (actual Associação Fonográfica Portuguesa) por prácticas de piratería. Este episodio provocou a saída de Arnaldo Trindade de Rádio Triunfo. A colección Orfeu foi publicada por Movieplay na colección O Melhor dos Melhores[7] ou Clássicos da Renascença.[8] No ano 2010 reactivouse o selo Orfeu, co nome de Art'Orfeu Media, coa reedición de discos de Mário Viegas e Mena Matos, a reedición dos seus discos máis emblemáticos de José Afonso, e un disco de J. P. Simões.
Lista de artistas
[editar | editar a fonte]A continuación móstranse os principais artistas que gravaron en Discos Orfeu.[5]
|
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Art’Orfeu Media". Consultado o 22 de abril de 2016.
- ↑ Zita Ferreira Braga. "Orfeu renasce no LxFactory". Consultado o 22 de abril de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Mário Lopes (4 de agosto de 2011). "A política da Orfeu era a utopia". Consultado o 22 de abril de 2016.
- ↑ José Hugo Pires Castro (Setembro de 2012). "Discos na Luta: A canção de protesto na produção fonográfica em Portugal nas décadas de 1960 e 1970" (PDF). Universidade Nova Lisboa: 60. Consultado o 24 de abril de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 "Memória Música". Arquivado dende o orixinal o 2008-02-23. Consultado o 22 de abril de 2016.
- ↑ José Hugo Pires Castro (Setembro de 2012). "Discos na Luta: A canção de protesto na produção fonográfica em Portugal nas décadas de 1960 e 1970" (PDF). Universidade Nova Lisboa: 77. Consultado o 24 de abril de 2016.
- ↑ "Melhor dos Melhores". Consultado o 23 de abril de 2016.
- ↑ "Clássicos da Renascença". Consultado o 23 de abril de 2016.