Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid
WiZink Center | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 40°25′26″N 3°40′19″O / 40.423889, -3.671814 |
Localización | Madrid, España |
Nomes antigos | Palacio de la C.A.M. (2005−2014) Barclaycard Center (2014–2016) |
Construción | |
Inauguración | 1960, 16 de febreiro de 2005 |
Peche | 2002−2005 |
Arquitecto | José Soteras, Lorenzo García (1960) Enrique Hermoso, Paloma Huidobro (2005) |
Custo | 124 millóns de € |
Estadio | |
Capacidade | 17.453 espectadores |
Propietario | Comunidade de Madrid |
Operadora | Impulsa Eventos e Instalaciones SA |
Localía | Real Madrid Club Baloncesto Estudiantes |
Web | https://www.wizinkcenter.es/ |
Eventos | |
Mundial de Baloncesto da FIBA (1986, 2014) EuroBasket 2007 Final Four da Euroliga (2008, 2015) Copa do Rei de Baloncesto (2006, 2009, 2011, 2019) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid (en castelán: Palacio de Deportes de la Comunidad de Madrid), oficialmente coñecido por motivos de patrocinio como WiZink Center, é un pavillón polideportivo cuberto da Cidade de Madrid, España. Ten capacidade para 15.000 espectadores en partidos de baloncesto e de 14.000 para balonmán.
Historia
[editar | editar a fonte]O antigo edificio, construído en 1960, foi destruído por un incendio en 2001. Os arquitectos Enrique Hermoso e Paloma Huidobro proxectaron un novo pavillón estilo High-Tech que foi construído no mesmo lugar entre 2002 e 2005.
O pavillón acolleu dous eventos de grande importancia de baloncesto dende a súa reapertura, o Eurobasket 2007 e a final da Euroliga do ano seguinte. Tamén acolleu a Copa do Rei de baloncesto de 2006.