Pardal do deserto
Pardal do deserto Passer simplex | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Passer simplex (Lichtenstein, 1823) | |||||||||||||||||||||||
Distribución das subespecies
|
O pardal do deserto (Passer simplex) é unha especie de ave paseriforme da familia dos paséridos pertencente ao xénero Passer.
Características
[editar | editar a fonte]É un pequeno paseriforme, que habita en zonas desérticas. Está perfectamente adaptado ás condicións do hábitat. Prefire criar en oasis ou en ríos secos con algo de vexetación[2][3] En lugares habitados polo home sofre a competencia de especies invasoras como a pomba, a rula común ou o pardal común.[3]
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha ave moi característica do Sáhara, todo o norte de África e as zonas desérticas de Asia Central.[2][3] En África localízanse dúas subespecies: a Passer simplex simplex e a Passer simplex saharae.[2][3] Existe unha terceira subespecie localizada en Irán, Turkmenistán e Uzbekistán. Esta subespecie coñécese como pardal de Zarudny (Passer simplex zarudnyi), sendo considerada por algúns expertos coma especie propia, debido a súa falta de dimorfismo sexual, que é moi marcado nas outras dúas subespecies.[2][3] (Ver taxonomía).
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1823 polo médico, explorador e zoólogo alemán Martin Lichtenstein, nun traballo publicado en Verzeichnis der Doubletten des Zoologischen Museums der Koeniglichen Universität zu Berlin, 1823: 21, baixo o nome de Frigilla simplex.[4]
En 2009, Kirwan et al. consideraron a subespecie Passer simplex zarudnyi como especie inependente, Passer zarudnyi.[5][6]
O Congreso Ornitolóxico International aceptou este cambio na súa clasificación de referencia, versión 3.5 (2013).
Subespecies
[editar | editar a fonte]Segundo a clasificación de referencia aludida, este paxaro comprende só 2 subespecies:
- Passer simplex simplex (Lichtenstein, 1823)
- Passer simplex saharae Erlanger, 1899
Porén, o ITIS segue a considerar a día de hoxe as tres subespecies antecitadas:[7]
- Passer simplex saharae Erlanger, 1899
- Passer simplex simplex (Lichtenstein, 1823)
- Passer simplex zarudnyi Pleske, 1896
Galería
[editar | editar a fonte]-
En Benichab, Mauritania
-
Ovos de Passer simplex sahara. Museo de Toulouse
-
Lámina dunha parella, na quew se aprecia o seu dimorfismo sexual
-
Lámina de 1838 de Passer simplex macho (arriba) e femia (abaixo)
-
Ilustración dos machos de Passer simplex saharae (arriba) e Passer zarudnyi (abaixo)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Passer simplex na Lista vermella da UICN.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Varios autores (03.2016). "Ornitólogos españoles tratan de ayudar al gorrión sahariano". Quercus 361.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Proyecto gorrión sahariano Arquivado 28 de xullo de 2014 en Wayback Machine. en Fondo Emberiza.
- ↑ Summmers Smith, Denis J. (1988): The Sparrows. A study of the genus Passer. London: T & AD Poyser. ISBN 978-1-4081-2824-3.
- ↑ Kirwan, G. M., Schweizer, M., Ayé, R. and Grieve, A. (2009): "Taxonomy, identification and status of Desert Sparrows". Dutch Birding 31: 139-158.
- ↑ Passer zarudnyi na Lista vermella da UICN.
- ↑ Passer simplex (Lichtenstein, 1823) no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pardal do deserto |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pardal do deserto |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International.
- Kirwan, G. M.; M. Schweizer, R. Ayé & A. Grieve (2009): "Taxonomy, identification and status of Desert Sparrows", Dutch Birding, 39: 139-158.
- Sangster, G.; J. M. Collinson, P.-A. Crochet, A. G. Knox, G. T. Parkin & S. C. Votier (2013): "Taxonomic recommendations for Western Palearctic birds: ninth report", Ibis, 155 (4): 898-907.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Passer simplex (Lichtenstein, 1823) no ITIS.
- Passer simplex na EOL.
- Proyecto gorrión sahariano en Fondo Emberiza (en castelán).