Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà
Tipo | espazo natural protexido | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Castelló d'Empúries, España, L'Armentera, España, L'Escala, España, Palau-saverdera, España, Pau, España, Peralada, España, Roses, España, Sant Pere Pescador, España e Pedret i Marzà, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 4.749,84 ha | |||
Sitio Ramsar | ||||
Data | 26 de marzo de 1993 | |||
Identificador | 592 | |||
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 151247 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 28 de outubro de 1983 | |||
Actividade | ||||
Operador | Generalitat de Catalunya | |||
Sitio web | aiguamollsdelemporda.cat | |||
O Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà atópase en Cataluña, na comarca do Alt Empordà (provincia de Xirona). Foi constituído coma Parque natural no 1983 tras unha intensa campaña cidadán para a súa creación.
Orixe
[editar | editar a fonte]Os Aiguamolls de l'Empordà ocupaban antigamente toda a chaira da badía de Roses e todo o tramo baixo do río Ter. O macizo do Montgrí estaba illado entre as augas, e cando os gregos se estableceron na zona, fixérono nunha illa, fundando Empúries. Debido ó crecemento das areas agrícolas, a zona foise desecando. Desaparecendo marismas e lagos. Coma por exemplo os lagos de Castelló, Siurana, Vilacolum, Riunors, Bellcaire, Ullastret e Pals; actualmente extinguidos na súa totalidade[1].
Outro factor de degradación foi o urbanismo e o turismo, que fixo que moitas zonas se convertesen en urbanizacións. Debido a todo isto, no 1976 comezou unha campaña baixo o lema "Els últims aiguamolls de l'Empordà, en perill" ("As últimas marismas do Empordà, en perigo"), que buscaba a concienciación sobre a importancia das zonas húmidas e da súa protección.
No 1983, o parlamento de Cataluña aprobou a lei de declaración de paraxes naturais de interese nacional e reservas integrais dos Aiguamolls de l'Empordà, posteriormente reclasificado en parque natural[1]. Este parque natural, só protexe as zonas húmidas da comarca do Alt Empordà. As do Baix Empordà están protexidas baixo a figura do Parque Natural do Montgrí, les illes Medes i el Baix Ter.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O parque presenta unha gran variedade de paisaxes e formacións. Por unha banda, a comarca do l'Alt Empordà está densamente poboada, aumentando aínda máis a súa poboación durante o verán. Máis do 80% do parque é de propiedade privada. Ademais entre as dúas zonas de maior tamaño do parque, sitúase Empuriabrava, unha das zonas residenciais navegables máis importantes de Europa. Debido a todo isto, a paisaxe urbana altérnase entre zonas de alto valor ecolóxico, tales coma praias, lagoas litorais de auga salgada, lagoas de auga doce, complexos de dunas, praias e cursos fluviais cun bo estado de conservación[1].
O parque coma tal, presenta catro zonas ben diferenciadas, seguindo un eixo norte-sur. Por unha banda está a zona protexida que rodea a lagoa de Vilaüt, sendo esta a de maior tamaño e illada respecto ó resto de áreas protexidas. Unha segunda zona que rodea a lagoa de Cortalet e as marismas de auga salgada próximas ó mar. Unha terceira zona que protexe o treito final e a desembocadura do río Fluvià. E unha cuarta zona, que vai dende a desembocadura do río Fluvià ata a vila de Cinclaus, protexendo todo o litoral[1].
Vexetación
[editar | editar a fonte]Existen moitas variedades de paisaxes vexetais. Salientar aqueles ecosistemas onde predominan as salicornias ou os xuncos, que están adaptadas a sobrevivir en chans e augas cunha elevada salinidade. Os areais, medio inhóspito, que é ocupado por especies coma o Agropyron junceum ou o feo de praia (Ammophila arenaria)[1].
Destaca tamén a vexetación de tipo lacustre, asociada a masas de auga doce. Nestes medios abundan o Ranunculus baudotii, a lentella de auga e especies dos xéneros zannichellia, potamogeton e callitriche[1].
Fauna
[editar | editar a fonte]O parque é un dos espazos naturais máis importantes do sur de Europa en canto á observación de aves. Téñense citado máis de 300 especies diferentes, das cales máis de oitenta crían de maneira regular. Destas últimas, as máis emblemáticas son a cerceta albela e o picanzo pequeno[1]. Tamén crían no parque a cegoña branca e o camón. Durante as épocas de migracións, de febreiro a xuño e de xullo a outubro, miles de aves empregan as masas da auga da zona coma refuxio. Son habituais a tartaraña das xunqueiras, o bilurico bastardo, a gaivota de Audouin e o flamengo[1]. Tamén existe importantes poboacións de réptiles e anfibios (coma o sapoconcho riscado ou o tritón verde), peixes (como a anguía ou o Lebias ibera) e mamíferos, coma o gamo, a lontra ou o porco teixo[1].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Folleto Parc Natural dels Aiguamolls de l'Enpordà, publicado pola Generalitat de Catalunya, Departament de Medi Ambient i Habitatge. Depósito legal: B-16565-2005. (en catalán)