Patricio Arce Susilla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1886 provincia de Burgos, España |
Morte | século XX valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | mestre |
Membro de | |
Patricio Arce Susilla, nado na provincia de Burgos o 16 de marzo de 1886,[1] foi un mestre e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre en Carcedo (Valdés) (1916),[2] Muñas (Oviedo) e en 1920 concedéronlle permuta para Ribeseya; en 1933 déronlle o traslado para Ourense.[3] Pertenceu a Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, presidiu a Asemblea Extraordinaria da ATEO de abril de 1936. Tamén foi vogal da directiva da Asociación de inquilinos de Ourense.[4]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado e destituído como mestre a principios de agosto por ser un dos dirixentes da ATEO.[5][6] Detido, foi xulgado en Ourense por auxilio á rebelión en consello de guerra na causa 391/37 xunto con Luis Acuña Nóvoa, José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias, Severino Nóvoa Gutiérrez, José Pérez Gómez, Ramiro Pérez Serrano, Antonio Raimúndez Somoza e Luis Vidal. Foi condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1941.[7] Foi inhabilitado como mestre en marzo de 1942. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Ourense, da que saíu en liberdade condicional en abril de 1942.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933
- ↑ El Distrito Universitario, 30-6-1916, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-6-1933, p. 10.
- ↑ El Pueblo Gallego, 29-6-1934, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 4-8-1936, p. 7.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-9-1936, p. 7.
- ↑ BOE, 7-11-1941, p. 4067-4084.
- ↑ BOE, 17-4-1942, p. 2696-2698.