Pedro Blanco de Crespo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1843 Donramiro, España |
Morte | 24 de maio de 1905 (61/62 anos) Cuntis, España |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, escritor, político, xornalista |
Familia | |
Fillos | Roberto Blanco Torres |
Pai | José Crespo Villar |
Pedro Blanco Iglesias, coñecido como Pedro Blanco de Crespo, nado en Donramiro (Lalín) en 1843 e finado en Cuntis o 24 de maio de 1905, foi un funcionario, político e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo natural de María Blanco Iglesias e José Crespo Villar quen non o recoñeceu pero si o protexeu. Fixo a carreira eclesiástica no Seminario de Lugo. Nunha das visitas ao seu tío Vicente Crespo Villar, párroco de Santa María de Troáns (Cuntis) coñeceu á mestra Carmen Torres Fuentes e xa ordenado, decidiu renunciar ao sacerdocio para casar con ela. Casaron en 1872 e instaláronse en Cuntis. Foi alcaide na aduana de Santander de 1872 a 1874. A partir de 1874 foi secretario do Xulgado de Cuntis e foi nomeado notario público do arciprestado de Moraña en 1896.[1] Próximo a Emilio Castelar e Eugenio Montero Ríos, organizou en Cuntis o Comité Republicano. Colaborou en La Oliva,[2] La Concordia, El Heraldo Gallego, El Diario de Santiago, El Correo Gallego, Gaceta de Galicia, El Eco de Galicia, El Eco de Tambo, La Razón, La Opinión, El Diario, El Miño e Noticiero de Vigo. Finou en Cuntis o 24 de maio de 1905.[3]
Obra
[editar | editar a fonte]- La loca de Guimarey.
- El castillo de Briones.
- Ensayos literarios.
- Los misterios de un roble.
- El carballo do norte.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Torres Fuentes en 1872 e foi pai de Enriqueta, Segismundo, Esmeralda, Germán, Corina, Mario, Leonor, Nuño e Roberto Blanco Torres.