Saltar ao contido

Pelopia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pelopia, máis raramente coñecida como Mnesiphae,[1] é unha figura da mitoloxía grega, a filla de Tiestes.

Mito[editar | editar a fonte]

Tiestes estivera a loitar co seu irmán xemelgo Atreo polo trono de Micenas durante algún tempo, á vez que mantiña unha relación amorosa con Aérope, a muller de Atreo. Como vinganza por esta relación, Atreo matou os fillos de Tiestes e serviunos nun banquete, acto polo cal Tiestes xurou vinganza.

Un oráculo vaticionou a Tiestes que se tiña un fillo coa súa propia filla, Pelopia, este seu fillo podería matar a Atreo. Así, cando Pelopia, que estaba en Sición na corte do rei, achegouse á beira do río para lavar as súas roupas que se mancharan con sangue durante un sacrifio ritual, foi atacada e violada por Tiestes que cubría a súa cara para que non ser recoñecido, aínda que ela logrou quitarlle a espada.

Pouco despois, Atreo chegou a Sición na procura de seu irmán e pensando que Pelopia era filla de Tesproto (rei de Sición), pediulle a man e Tesproto concedeulla sen lle revelar a verdade. Como Pelopia estaba preñada por Tiestes, axiña pariu un fillo, Existo, a quen abandonou.

Pero o meniño sobreviviu. Un peguleiro atopou o neno e deullo a Atreo, que o educou como fillo propio. Cando xa o fillo era adulto, Tiestes foi capturado por Agamenón e Menelao en Delfos e entregado a Atreo, quen o enviou a Existo para que o matase. Existo levaba a espada que unha vez pertencera a Tiestes, a que lle quitara Pelopia; Tiestes recoñeceuna e preguntoulle a Existo sobre dela. Existo chamou a Pelopia, e esta contoulle como conseguiu a arma.

Logo de recoñecer a Tiestes e o feito que el fora o violador, Pelopia matouse coa espada de seu pai. Existo entón matou a Atreo -cumprindo así a maldición do oráculo- e restauroulle o reino a Tiestes.[2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tzetzes, Quiliadas, 1. 453
  2. Hixino, Fabulae, 87-88, 243
  3. Escolio sobre Eurípides, Orestes, 14
  4. Eliano, Varia historia, 12. 24