Pennatula phosphorea
Pennatula phosphorea | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pennatula phosphorea | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Pennatula phosphorea Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Pennatula phosphorea é unha especie de cnidario da clase dos antozoos, subclase dos octocoraliarios, orde dos pennatuláceos e suborde dos subseliforos, unha das 12 integradas na actualidade (2020) na familia dos pennatúlidos.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A espeie foi descrita en 1758 por Linneo, no volume 1º da 10ª edición do seu Systema Naturae.[3]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Pennatula distorta Koren & Danielssen, 1877
- Phosphorella phosphorea (Linnaeus, 1758)
Subespecies
[editar | editar a fonte]Na especie recoñécense as subespecies seguintes:[3]
- Pennatula phosphorea antarctica Kukenthal & Broch, 1911
- Pennatula phosphorea candida Marshall & Fowler, 1888
- Pennatula phosphorea longispinosa Moroff, 1902
- Pennatula phosphorea rubella Kolliker, 1869
- Pennatula phosphorea variegata Kölliker, 1869
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Distribución
[editar | editar a fonte]A área de distribución de Pennatula phosphorea comprende todo o Atlántico nororiental, incluído o mar Mediterráneo, sendo frecuente nas costas norte e oeste de Escocia.[1] Na rexión mediterránea, atópase nas costas de Grecia, Italia, España e Turquía.[1][4][5] É relativamente común no mar Adriático.[6] E recentemente observouse no suroeste da illa de Cefalonia, no mar Xónico oriental.[7] Así mesmo, encóntrase tamén nas costas do norte do Atlántico oruental, no Canadá e os Estados Unidos.[8]
Describíronse exemplares referidos a esta especie en Nova Zelandia, e tamén existen rexistros na rexión Indo-Pacífica oriental e meridional,[9] pero a confusión con outras especies fai incerta a verdadeira distribución xeográfica de P. phosphorea.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Pennatula phosphorea é unha especie epibentónica,[10] que vive nas zonas circalitorais e batiais.[11] Encóntrase entre os 20 e os 700 m de profundidade, en fondos areosos ou lamacentos.[1] No Mediterráneo é común desde os 25 m[12] até os 550 m.[13]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Pennatula phosphorea é unha pluma de mar que mide até 40 cm de lonxitude (incluído o pedúnculo), e aproximadamente a metade desta lonxitude sobresae por riba do sedimento.[1]
Todas as plumas de mar estudadas até a data de hoxe son reprodutoras gonocorísticas (unisexuais).[14] Aínda que non hai estudos dispoñíbeis sobre o ciclo de vida da especie e a súa reprodución, os antozoos adoian teren o seguinte ciclo de vida: os gametos son vertidos ao celéntero (cavidadde gastrovascular) e expulsados ao mar pola boca; o cigoto convértese nunha larva plánula planctónica; a metamorfose comeza coa morfoxénese temperá dos tentáculos, os septos (tabiques) e a farinxe antes do asentamento larvario no extremo aboral.[14] A proporción de sexos de P. phosphorea é de 1:1, similar a outros pennatuláceos. O tamaño mínimo para a súa madurez sexual parece ser entre os 5 e os 9 cm (de lonxitude da barra axial). Non se observaron eventos de desova nesta especie,[15] aínda que probabelmente sexa anual, como noutras especies similares.[15][16][17] Non se coñecen as larvas pero suponse que son lecitotróficas, dado o seu gran ovocito.[1]
A fecundidade é elevada en P. phosphorea e aínda que a desova ocorre, segundo parece, anualmente, a duración da ooxénese supera os 12 meses. A xeración inicial de ovocitos descríbese mellor como "cuasi-continua" xa que pode suprimirse durante o inverno. Os poucos grandes ovocitos que non aparecen poderían reabsorberse, fenómeno tamén observado en varias especies de gorgonias.[18][19] A vida útil das larvas aínda está por determinar.[1]
Pennatula phosphorea, como outros pennatuláceos como Virgularia mirabilis, é bioluminescente, emitindo luz en flashes brillantes ou en pulsos rítmicos ao longo da colonia.[20]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Tendo en conta que P. phosphorea vive con abundancia variábel en sedimentos brandos en ambientes circalitorais, a principal ameaza para esta especie no Mediterráneo é a perturbación mecánica polas actividades de pesca demersal, especialmente a pesca de arrastre. A pesca de arrastre de fondo provoca perturbacións crónicas e xeneralizadas nos fondos mariños en mares pouco profundos e pode provocar cambios na estrutura trófica e na función das comunidades bentónicas. Pode ter a maior influencia negativa sobre determinadas subpoboacións de P. phosphorea, eliminando principalmente os espécimes de gran tamaño, que son os individuos reprodutores. Non se realizaron estudos para estudar a redución das poboacións de P. phosphorea polas actividades pesqueiras. Porén, a especie cobre fondos brandos de lama, que son as zonas que forman os principais caladoiros de Nephrops norvegicus e outros caladoiros comerciais importantes que operan fóra de España, Italia, Alxeria e Tunisia.[1] En moitas rexións, as pesqueiras de arrastre das cigalas utilizan artes non selectivas con mallas de pequeno tamaño, xerando capturas accidentais non desexadas que se guindan ao mar, a maioría das veces mortas ou agonizantes.[21]Ademais da resuspensión de partículas finas debido á actividade de arrastre, a ancoraxe tamén pode causar danos físicos a especies estáticas de megafauna como as plumas de mar.
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta o antedito, sospeita que a poboación de Pennatula phosphorea diminuíu nun 40 % nos últimos 20 anos (é probábel que sexan aproximadamente tres xeracións) e seguirá diminuíndo nun 20 ou 30 % nos próximos 10 anos de continuar as ameazas citadas, polo que cualifica o estado de conservación da especie como VU (vulnerábel).[1]
Medidas de protección no Mediterráneo
[editar | editar a fonte]Esta especie é vulnerable no Mediterráneo.[22]
Os fondos con pennátulaceos forman parte de varias accións de xestión internacionais:
- Pennatula phosphorea, xunto con Funiculina quadrangularis e Virgularia mirabilis, é unha das especies determinantes do hábitat "colonias de plumas de mar e megafauna escavadora" (OSPAR).[23]
- Os fondos de plumas de mar tamén se identifican no plan de acción para hábitats escuros,[24] definido no marco do "Plan de Acción para o Mediterráneo" do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente.
- A Comisión Xeral de Pesca para o Mediterráneo tamén considera os campos de pennatuláceos como un hábitat mariño esencial (EMH) importante para a produtividade pesqueira.[25]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Cerrano, C., Orejas, C., Bo, M., Garcia, S. & Antoniadou, C. (2015): Pennatula phosphorea na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 9 de setembro de 2020.
- ↑ Pennatulidae Ehrenberg, 1834 no WoRMS. Consultado o 10 de setembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Pennatula phosphorea Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 10 de setembro de 2020.
- ↑ Fourt, M.; Goujard, A.; Pérez, T. & Chevaldonné, P. (2017): Guide de la faune profonde de la mer Méditerranée: Explorations des roches et canyons sous-marins des côtes françaises. París: Museum national d'Histoire naturelle. Patrimoines naturels nº 75. ISBN 978-2-8565-3802-9. (Resume).
- ↑ Pennatula phosphorea Linnaeus, 1758 en Museum national d'Histoire naturelle. Inventaire National du Patrimoine Naturel. Consultado o 10 de setembro de 2020.
- ↑ Kružić, P. (2007): Anthozoan fauna of Telascica Nature Park (Adriatic Sea, Croatia)". Natura Croatica 16 (4): 233–266.
- ↑ Mytilineou, Ch., Smith, C. J., Anastasopoulou, Papadapoulou, K. N., Christidis, G., Bekas, P., Kavadas, S. & Dokos, J. (2014): "New cold-water coral occurences in the Eastern Ionian Sea: results from experimental long line fishing". Deep Sea Research Part II Topical Studies in Oceanography 99: 146-157.
- ↑ Pennatula phosphorea Linnaeus, 1758. Phosphorescent sea pen en Sea Life Base (FishBase). Consultada o 11 de setembro de 2020.
- ↑ Williams, G. C. (1995): "Living genera of sea pens (Coelenterata: Octocorallia: Pennatulacea): illustrated key and synopses". Zoological Journal of the Linnean Society 113: 93-140.
- ↑ Ellis, J. R.; G. Burt & S. I. Rogers (2007): "Epifaunal sampling in the Celtic Sea". ICES ASC 2007 Theme Session A23.
- ↑ Vafidis, D. (2010): "Checklist of class Anthozoa (Phylum Cnidaria)". En Coll, M., et al., "The biodiversity of the Mediterranean Sea: estimates, patterns, and threats". PLoS ONE 5 (8): 36.
- ↑ ,Vafidis, D., Koukouras, A. & Voultsiadou-Koukoura, E. (1994): "Octocoral fauna of the Aegean Sea with check list of the Mediterranean species: new information, faunal comparisons". Annales de l’Institut Océanographique 70: 217-229.
- ↑ Grasshoff, M. (1989): "Die Meerenge von Gibraltar als Faunen-Barriere: Die Gorgonaria, Pennatularia und Antipatharia der BALGIM-Expedition (Cnidaria: Anthozoa)". Senckenbergiana maritima 20: 201-223.
- ↑ 14,0 14,1 Ruppert, Fox & Barnes 2004.
- ↑ 15,0 15,1 Edwards, D. C. B. & Moore, C. G. (2008): "Reproduction in the sea pen Pennatula phosphorea (Anthozoa: Pennatulacea) from the west coast of Scotland". Marine Biology 155 (3): 303-314.
- ↑ Chia, F. S. & Crawford, B. J. (1973): "Some observations on gametogenesis, larval development and substratum selection of the sea-pen Ptilosarcus guerneyi". Marine Biology 23: 73-82.
- ↑ Soong, K. (2005): "Reproduction and colony integration of the sea pen Virgularia juncea". Marine Biology 146: 1103–1109.
- ↑ Zeevi Ben-Yosef, D. & Benayahu, Y. (1999): "The gorgonian coral Acabaria biserialis: life history of a successful colonizer of artificial substrata". Marine Biology 135: 473–481.
- ↑ Santangelo, G., Carletti, E., Maggi, E. & Bramanti, L. (2003): "Reproduction and population sexual structure of the overexploited Mediterranean red coral Corallium rubrum". Marine Ecology Progress Series 248: 99–108.
- ↑ Nichol, J. A. C. (1958): "Observations on the luminescence of Pennatula phosphorea with a note on the luminescence of Virgularia mirabilis". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 37: 551-563.
- ↑ ICES WGECO REPORT 2018 Arquivado 18 de outubro de 2020 en Wayback Machine. San Pedro del Pinatar.
- ↑ María del Mar Otero et al. (2017): Overview of the conservartion status on Mediterranean Anthozoa. IUCN, Gland, Suíza e Málaga, España. ISBN 978-2-8317-1845-3.
- ↑ OSPAR Commssion. "Background Document for Seapen andBurrowing megafauna communities".
- ↑ "Action Plan for the conservation of habitats and species associated with seamounts, underwater caves and canyons, aphotic hard beds and chemo-synthetic phenomena in the Mediterranean Sea (Dark Habitats Action Plan).
- ↑ Museum national d'Histoire naturelle. Inventaire National du Patrimoine Naturel "V.1.1.c. - Faciès de vase molle à Funiculina quadrangularis et Aporrhais serresianus. Typologie des biocénoses benthiques de Méditerranée".
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cairns, S. D.; D. R. Calder, A.; Brinckmann-Voss, C. B.; Castro, D. G.; Fautin, P. R.; Pugh, C. E.; Mills, W. C.; Jaap, M. N.; Arai, S. H.; D. Haddock & D. M. Opresko (2003): Common and Scientific Names of Aquatic Invertebrates from the United States and Canada: Cnidaria and Ctenophore, Second Edition. American Fisheries Society Special Publication, nº 28.
- George, John David & Jennifer George (1979): Marine Life: An Illustrated Encyclopedia of Invertebrates in the Sea. Nova York, NY, USA: John Wiley and Sons. ISBN 978-0-4710-5675-1, pp. 18-21.
- Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata, vol. 1: Laurentius Salvius: Holmiae.
- Ruppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. A functional evolutionary approach. 7th Ed. Boston, Massachusetts, USA: Cengage Learning, Inc. ISBN 978-0-0302-5982-1.
- Veron, J .E. N. (2000): Corals of the World. Vol. 3. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Sciences.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pennatula phosphorea Linnaeus, 1758 en Museum national d'Histoire naturelle. Inventaire National du Patrimoine Naturel (en francés). Consultado o 10 de setembro de 2020.