Saltar ao contido

Pilar Castillo Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilar Castillo Sánchez
Biografía
Nacemento8 de maio de 1895 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1942 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Actividade
Ocupaciónpianista, compositora, mestra Editar o valor en Wikidata
Membro de
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1327479 BUSC: castillo-sanchez-pilar-1895-1942

Pilar Castillo Sánchez, nada na Coruña en 1895 e finada en 1942, foi unha pianista e compositora galega de comezos do século XX. Foi profesora de piano e posiblemente ocupou a cátedra de piano en Madrid.

A pianista vasca María Luisa Ozaita sinalou que o mesmo Arthur Rubinstein interesouse por ela e deulle consellos e apoio na súa carreira.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pilar Castillo Sánchez naceu na Coruña probablemente o 8 de maio 1895,[2] aínda que algunhas novas en xornais sinalan como ano de nacemento 1893. Foi a filla máis nova[a] do matrimonio entre a profesora de piano luguesa Salvadora Sancha de Castillo e do deliñante de obras públicas Enrique Castillo Baroa, debeu ser súa nai a iniciadora da súa formación musical. Continuou a súa formación con Eugenia Osterberger.[4][3] Segundo fontes da época, aos cinco anos Pilar podía tocar no piano cancións que acababa de escoitar por primeira vez.[2] Realizou estudos de solfexo e piano na Sociedade Económica de Compostela con altas cualificacións.[5] Estudou tamén con Canuto Berea Rodrigo, citado como un notable pianista co cal chegaría a "dominar as máis altas dificultades técnicas", e con Pilar F. de la Mora.[5][1]

Non tardou en ofrecer as súas primeiras actuacións públicas na súa cidade natal, acompañada case sempre pola súa irmá Salvadora (ou Dora). A primeira referencia atopada na prensa sobre os inicios da súa carreira amaprece nun artigo da Revista Gallega o 10 de abril de 1904, onde aparece nun artigo sobre un festival a beneficio da Cociña económica da Coruña celebrado no Teatro Principal. Existen canto menos dúas referencias máis a ese mesmo mes, a primeira delas unha semana despois noutro concerto benéfico no mesmo escenario, e a segunda fai referencia a un dos concertos que organizaban na súa casa "a Saunier" (Eugenia Osterberger), citando a Pilar Castillo como discípula de Osterberger. Esta segunda referencia sinala que Pilar tocaba, ademais do piano e o vio, a guitarra, a arpa e o violín, instrumento que estudaba baixo a titela de Manuel Sánchez Yáñez.[4]

Posteriormente aparece acompañando en 1911 ao violonchelista Charles van Isterdael aos 16 anos. Ao ano seguinte actuou en París, no Ateneo de Madrid (no que interpretou oito obras de Franz Liszt, algunhas moi dificultosas) e en Niza. A prensa fíxose eco do talento da pianista coruñesa, sinalando o crítico musical de Le Monde logo do concerto que Pilar Castillo ofreceu en París:[1][6]

Acabamos de escoitar a unha moza de talento pianístico extraordinario: o de mademoiselle Pilar Castillo, unha española de dezasete anos. Son raras a esa idade tal forza, virtuosismo, técnica e musicalidade [...] Cando se escoita non se ten a impresión dun prodixio, xa que o seu xeito de tocar é fondo e razoado.

Posteriormente tense constancia doutros concertos como os organizados pola Sociedade Filharmónica de Bilbao, nos que xunto á soprano francesa Jenny Dufau os días 29 e 31 de xaneiro de 1919, no que alternou lieder con complexas obras para piano só de Claude Debussy e Liszt.[1]

Aínda que non se ten certeza ao respecto, é posible que no seu labor docente ocupara a cátedra de piano en Madrid, xa que segundo Antonio Buxán (1990):[1]

Pilar Cruz, catedrática de Historia da Música e de Estética até a morte de Pilar Castillo, data en que pasou ocupar a cátedra de piano.

O propio Buxán tiña en alta estima á pianista coruñesa, afirmando dela que:[1]

Foi unha grande, extraordinaria pianista, é máis que posible, probable que fose a mellor pianista de Europa do seu tempo.

Faleceu en 1942, aínda que non se teñen datos do lugar.[1]

Pilar Castillo como compositora

[editar | editar a fonte]

Descoñécese o alcance da obra de Pilar Castillo, da cal tan só parecen terse conservado dúas obras, a melodía galega para canto e piano Durme, e a muiñeira Maruxiña sobre un texto de Eduardo Pondal.[4]

  1. As outras dúas foron María (ca 1885-88) e Dora (1889 ou 1890).[3]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Santos Castroviejo, Nanina (2007). "Pilar Castillo Sánchez. Pianista de sona nos comezos do século XX". Álbum de Mulleres. Consello da Cultura Galega. Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 VV.AA. 1913, p. 3.
  3. 3,0 3,1 Baliños, Maruxa (5 de abril de 2021). "Dora Castillo (I): los primeros años de una pianista" (en castelán). mundoclasico.com. Consultado o 8 de maio de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 López Suevos, Beatriz (6 de xullo de 2020). "Pilar Castillo (I): La infancia de las hermanas Dora y Pilar Castillo" (en castelán). mundoclasico.com. Consultado o 6 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 VV.AA. 1913, p. 4.
  6. "Pilar Castillo Sánchez". Andaina. Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]