Portal:Italia/Cidade destacada/Arquivo
Aquí están todas as cidades destacadas no portal de Italia:
Roma é unha cidade, capital da Italia e da rexión do Lacio, provincia de Roma, con 2.754.440 habitantes (2010). Esténdese por unha área de 1.285 km², tendo unha densidade de poboación de 2.136,13 hab/km². Ten máis de 3,33 millóns de habitantes na súa zona metropolitana.
A cidade, que xurdiu no século VIII a.C., foi capital do Imperio Romano, e antes dun reino e unha república (ver Roma Antiga).
Roma é unha das cidades con maior importancia na historia mundial, sendo un dos símbolos da civilización europea e centro espiritual do catolicismo. Conserva numerosas ruínas e monumentos de tres milenios na parte da cidade antiga, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e que congrega cada ano a millóns de visitantes.
No interior da cidade encóntrase tamén o estado do Vaticano, residencia do Papa desde o século I. Tras o repregamento do dominio de Bizancio no século VII, foi centro dos Estados Pontificios ata a súa anexión en 1870 por parte do Reino de Italia.
Milán (en italiano: Milano, [miˈlaːno] (AFI), escoitar; en lombardo: Milàn, [miˈlaŋ] (AFI)) é a principal cidade do norte de Italia, capital da rexión de Lombardía, situada na chaira Padana. Cunha poboación de 1.324.110 habitantes (2010), Milán é a segunda cidade máis poboada do estado tras Roma. Está considerada a capital económica e industrial do país, e un dos 4 motores principais da economía europea, con París, Londres e Frankfurt.
Fundada polos celtas do norte italiano co nome Médelhan polo ano 600 a.C, foi conquistada polos romanos en torno ao ano 222 a.C, recibindo o nome Mediolanum. Foi saqueada polos hunos no ano 450, e logo da caída do Imperio Romano foi ocupada polos ostrogodos, logo por bizantinos, longobardos e francos antes de converterse nun feudo gobernado por arcebispos a partir do século VIII.
Entre os maiores atractivos da cidade destacan a Catedral de Milán (Duomo di Milano), a Galería Víctor Manuel II (Galleria Vittorio Emanuele II), o Teatro da Scala (Teatro alla Scala), o Castelo Sforzesco (Castello Sforzesco), a Basílica de San Ambrosio (Basílica de Sant'Ambrogio), ou Santa María da Gracia (Santa Maria delle Grazie). Acollendo esta última no seu interior o mural A Última Cea de Leonardo da Vinci.
Portal:Italia/Cidade destacada/3
Portal:Italia/Cidade destacada/4
Portal:Italia/Cidade destacada/5
Portal:Italia/Cidade destacada/6
Portal:Italia/Cidade destacada/7
Portal:Italia/Cidade destacada/8
Portal:Italia/Cidade destacada/9