33ª edición dos Óscar
Aparencia
(Redirección desde «Premios Oscar 1960»)
A 33.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 17 de abril de 1961 no Santa Monica Civic Auditorium de Santa Monica (Estados Unidos). O mestre de cerimonias foi Bob Hope.
Foi a primeira ocasión en que se colocou unha alfombra vermella para a entrada no teatro.[1]
Premios
[editar | editar a fonte]



Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[2]
Oscar honorífico
[editar | editar a fonte]- Gary Cooper, "polas súas moitas interpretacións memorábeis na pantalla e o recoñecemento internacional que, como individuo, logrou para a industria cinematográfica". Cooper estaba demasiado enfermo para asistir á cerimonia, aínda que non se informara da súa condición ao público e só a coñecía a súa familia e os amigos máis achegados. Na entrega, o seu amigo James Stewart aceptou o premio no seu nome. O emotivo discurso de Stewart deu a entender que algo ía moi mal e o día seguinte os titulares publicaron que Gary Cooper tiña cancro. Cooper faleceu o 13 de maio de 1961, menos de catro semanas despois, e seis días despois de facer sesenta anos.
- Stan Laurel, "por ser un pioneiro creativo no campo da comedia cinematográfica".
Oscar xuvenil
[editar | editar a fonte]Jean Hersholt Humanitarian Award
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Miller, Daniel (24 de febreiro de 2017). "The red carpet isn't actually red, and other secrets underfoot at the Oscars". Los Angeles Times. Consultado o 2018-04-18.
- ↑ "The 33rd Academy Awards (1961) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2015. Consultado o 4 de maio de 2015.
- ↑ Mills foi a última gañadora deste premio, xa que a Academia retirou o galardón posteriormente.
Predecesor: 32ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 33ª edición dos Óscar |
Sucesor: 34ª edición dos Óscar |