Saltar ao contido

Pura Maortua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPura Maortua

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de abril de 1883 Editar o valor en Wikidata
Elorrio, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de decembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector teatral Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosMatilde Ucelay, Margarita Ucelay Editar o valor en Wikidata
ParentesJosé Gómez Ocaña, tío
Enric Ucelay-Da Cal, neto
Matilde Ucelay, filla
Margarita Ucelay, filla Editar o valor en Wikidata


Pura Maortua Lombera, de casada Pura Ucelay, nada en Limpias (Cantabria) o 10 de abril de 1883 e finada en Madrid o 3 de decembro de 1972, foi unha directora teatral española.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia acomodada, filla de Purificación Lombera, natural de Limpias, e de Ramón Maortua, natural de Elorrio (Biscaia), dedicado ás industrias de graxas e xabóns. Viviu en Cantabria durante a mocidade, mais adoitaba pasar tempadas en Madrid cun tío seu, José Gómez Ocaña, catedrático de fisiología da Universidade Central. El introduciuna no mundo cultural madrileño e acompañouna nas súas viaxes por España, Francia e Italia.[2]

Tras casar con Enrique Ucelay Sanz, instalouse definitivamente en Madrid.

Lyceum Club Feminino

[editar | editar a fonte]

Foi socia fundadora do Lyceum Club Feminino, inaugurado en novembro de 1926 na Casa das Sete Chemineas, onde ela se encargou da decoración.[3] A prensa fíxose eco da inauguración. Eusebio de Gorbea, nun artigo no xornal La libertad, describíaa como unha das fundadoras máis prestixiosas. O artigo concluía cunhas preguntas contestadas por varias delas. As respostas de Maortua publicáronse o 24 de decembro dese ano:

«O nacemento do Lyceum Club créoo debido á necesidade que sentía a muller española de conquistar os seus foros e a consideración que lle corresponde, como un ser humano de análoga capacidade, dereitos e obrigacións que o home.»

Amais, considerábao un gran avance para a cultura, tanto para o home como para a muller.[4]

La Cívica

[editar | editar a fonte]

Xunto a María Lejárraga e María Rodrigo fundou a Asociación Femenina de Educación Cívica, coñecida popularmente como La Cívica. A fundación foi anunciada por Lejárraga en agosto de 1931 desde a tribuna do Ateneo e con panfletos e anuncios nos xornais. Comezaron as actividades en marzo de 1932 nuns locais da Escola Superior de Maxisterio de Madrid, e en xuño mudáronse a unha sede propia.

Era una asociación dirixida á clase media. Amais de fornecer un espazo de reunión e unha plataforma de acción social, ocupábase da formación cultural. Entre quen impartiron cursos figuraban Clara Campoamor, María de Maeztu e Fernando de los Ríos. De La Cívica tamén xurdiu o Club Anfistora. Nun principio íase chamar Club Teatral de Cultura, mais por suxestión de Federico García Lorca tomou ese nome.[5]

Club Anfistora

[editar | editar a fonte]

No outono de 1932 pediulle permiso a García Lorca para representar A zapateira prodixiosa. Lorca accedeu coa condición de que a reposición da farsa incluíse a estrea dunha obra súa censurada. Para iso, Maortua debía conseguir algunha das copias requisadas.[6] O 5 de abril de 1933 estreou no Teatro Español Amor de don Perlimplín con Belisa en su jardín, de 1928, prohibida pola ditadura de Primo de Rivera polo seu contido erótico.[7] Durante a representación, Gregorio Marañón chegou a levantarse da súa butaca, escandalizado polo erotismo e a debilidade varonil de Perlimplín.[8] Colaboraron na montaxe o debuxante Santiago Ontañón e o escenógrafo Fontanals, e Maortua creou o vestiario.[7][9]

En xaneiro de 1935 estreou unha versión de Peribáñez y el comendador de Ocaña. Dirixida xunto con Lorca con motivo do aniversario da morte de Lope de Vega, foi un gran éxito. Malia superaren en calidade ás compañías profesionais que concorrían ao premio da mellor representación concedido polo Concello de Madrid, non puideron recibilo polas protestas de devanditas compañías. En troques, recibiron a axuda necesaria para realizaren unha nova representación.[10]

En 1935 obtivo permiso de Valle Inclán para levar a escena o esperpento Los cuernos de don Friolera. A estrea estaba previsto para principios de 1936. Porén, esta truncouse ao morrer o autor, ante a petición da viúva Josefina Blanco, quen coñecía a Maortua do Lyceum. Valle deixara nas súas últimas vontades a prohibición expresa de facer manifestación algunha da súa morte, pois temía que se usase con fins políticos. Os actores rebeláronse e marcharon do Anfístora. Estrearon a obra coa compañía teatral Nueva Escena, con Rafael Alberti e María Teresa León na dirección desta.[11]

En maio de 1936 realizou o primeiro intento dunha posta en escena de Así que pasen cinco años colaborando co autor, Lorca, mais o seu asasinato fíxoo imposible.[12] Segundo Ian Gibson, Lorca propúxolle atrasar a estrea até despois de Doña Rosita la soltera. O granadino consideraba que isto granxearíalle o favor do público, xa que el mesmo era consciente da complexidade da obra. Consérvase o guion mecanografado que Maortua usou nos ensaios, con correccións de puño e letra de Lorca.[9]

Tras a guerra civil

[editar | editar a fonte]

Despois da guerra colaborou con Arturo Ruiz Castillo no vestiario dalgunha das súas películas.[2] Dirixiu Deseo bajo los olmos no Teatro Nacional de Cámara y Ensayo.[13] Nos últimos anos da súa vida padeceu unha doenza que lle impedía ler. Morreu o 3 de decembro de 1972 aos 89 anos.[2]

Descendencia e legado

[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Enrique Ucelay Sanz tivo catro fillas. Unha delas, Matilde Ucelay, foi a primeira muller de España licenciada en Arquitectura e gañadora do Premio Nacional en 2004.[2] Margarita Ucelay, filóloga, seguiu o labor que a súa nai iniciara sobre a obra de Lorca, durante a súa vida académica nos EUA.[14]

  1. "Pura Maortua Lombera". Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Pura Maortua de Ucelay". Universo Lorca (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  3. Prada, Ruth (5 de marzo de 2019). "Ni tontas ni locas: las mujeres del Lyceum Club Femenino". Jot Down Cultural Magazine (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  4. Aguilera Sastre, Juan (24 de xuño de 2011). "Las fundadoras del Lyceum Club Femenino" (PDF). BROCAR. Cuadernos de Investigación Histórica (35): 65–90. ISSN 1885-8155. doi:10.18172/brocar.num35. 
  5. Matilla Quiza, María Jesús (2002). "María Lejárraga y el asociacionismo femenino (1900-1936)". En Aguilera Sastre, Juan. María Martínez Sierra y la República - ilusión y compromiso: II Jornadas sobre María Lejárraga, Logroño 23-25 de octubre y 6-8 de diciembre 2001 (PDF) (en castelán). Instituto de Estudios Riojanos. pp. 83–101. ISBN 8495747197. 
  6. García Lorca, Federico (1997). García-Posada, Miguel, ed. Teatro. Obras completas, Federico García Lorca (en castelán) 2. Galaxia Gutenberg. p. 849. ISBN 9788481090895. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 "La obra "pornográfica" de García Lorca. Efemérides de teatro". CDAEM - Teatro Español (en castelán). Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  8. Castro Filho, Claudio (xullo-decembro de 2014). "Las vértebras de la censura: Amor de don Perlimplín, una aleluya erótica lorquiana". Revista de Letras (en castelán) 54 (2): 49–63. ISSN 1981-7886. Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  9. 9,0 9,1 Díaz Sande, José Ramón. "Información". madridteatro.eu (en castelán). Consultado o 7 de febreiro de 2023. 
  10. Castro Queiroz de Almeida, Luiza (2017). Tragedias y dramas áureos del poder injusto en la escena española contemporánea (1980-2010) (PDF) (en castelán). Tese de doutoramento. Barcelona: Universitat de Barcelona. 
  11. Dougherty, Dru (outono de 1998). "El esperpento a escena: El estreno en Madrid de Los Cuernos de Don Friolera de Valle-Inclán (1936)" (PDF). España Contemporánea 11 (2): 43–60. ISSN 0214-1396. Consultado o 8 de febreiro de 2023. 
  12. Katona, Eszter (2017). "La relatividad de los relojes. La (posible) influencia de Einstein sobre García Lorca, Dalí y Buñuel". En Faix, Dóra. Paralelismos e interpretaciones en torno a la Residencia de Estudiantes (PDF) (en castelán). Budapest: ELTE Eötvös Collegium. pp. 69–91. ISBN 9786155371806. 
  13. "ABC (Madrid) - 04/02/1954, p. 29 - ABC.es Hemeroteca". Consultado o 7 de mayo de 2019. 
  14. García Cárcel, Ricardo (12 de maio de 2019). "Margarita Ucelay y el exilio femenino". El Español (en castelán) (Crónica Global Media). Consultado o 8 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]