Ría de Foz - Masma
Tipo | espazo natural protexido Zonas de especial protección dos valores naturais ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Barreiros, España, Foz, España, Lourenzá, España e Mondoñedo, España ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 644,77156 ha ![]() | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | decembro de 2004 ![]() | |||
Ría de Foz - Masma é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe ao río Masma desde o seu comezo, na serra do Xistral, ata a súa chegada ao Cantábrico, a ría de Foz. Esta área de conservación ocupa 643,21 ha. dos concellos das mariñas lucenses central e oriental: Barreiros, Foz, Lourenzá, Mondoñedo. A súa área da ría é tamén unha zona de especial protección para aves (ZEPA Ría de Foz).[1][2][3][4][5]
Fauna e flora
[editar | editar a fonte]Flora
[editar | editar a fonte]Os hábitats de interese que máis abundan neste espazo son das zonas mariñas e costeiras. Na boca da ría destacan as amplas áreas con Spartina maritimus, en zonas de sedimentación, Juncus maritimus e Halimione portulacoides. Xa no esteiro destacan os carrizais de Phragmites australis e a presenza de Cochelaria aestuarica, un endemismo.[5] Por outra banda, neste espazo existen queirogais costeiros de Erica vagans e turbeiras en solos calcáreos de Cladium mariscus e Caricion davallianae. Así mesmo, existen mananciais de interese de conservación.[4][5]
As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4][5]
Especie |
---|
Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis |
Fauna
[editar | editar a fonte]A ría destaca por ser un lugar de paso de aves, como espátula común e de limícolas, e punto de invernada das aves anátidas. No río Masma está presente o salmón atlántico.[4][5]
As especies de invertebrados catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]
Grupo | Especie |
---|---|
Invertebrados | Coenagrion mercuriale |
Invertebrados | Elona quimperiana |
Invertebrados | Geomalacus maculosus |
Invertebrados | Lucanus cervus |
Invertebrados | Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) |
Peixes | Petromyzon marinus |
Peixes | Salmo salar |
Anfibios | Chioglossa lusitanica |
Anfibios | Discoglossus galganoi |
Mamíferos | Galemys pyrenaicus |
Mamíferos | Lutra lutra |
Mamíferos | Myotis myotis |
Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
Lexislación
[editar | editar a fonte]A Ría de Foz - Masma foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural foi declarado ademais, na súa totalidade ou coincidindo en parte, como:[4]
- Zona de especial protección para as aves “ZEPA Ría de Foz” (ES0000373), 564 ha.
- Ría do Eo-Praia de Barayo-Ría de Foz (IBA 007), que é o espazo incluído no inventario de SEO/BirdLife de 1998.
- Refuxio da Fauna LU-8: Ría de Foz.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Praia do Altar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120011 Ría de Foz - Masma". Consultado o 30/8/2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "SAC ES1120011 Ría de Foz - Masma". Consultado o 30/8/2019.