Río Grande, ría de Camariñas
Tipo | curso de auga | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
Localización | Vilarqueimado | |||
Final | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
Localización | Ría de Camariñas | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 40 () km | |||
O río Grande, río do Porto ou río da Ponte é un río galego da vertente atlántica que nace no Pico da Meda, na parroquia de Santa Sabiña.[1]
Nome
[editar | editar a fonte]Nos mapas de Galicia anteriores ao século XIX o río aparece denominado como río da Ponte. Na Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán (1834) aparece como "río del Puerto", denominación habitual a partir dese momento. Nun traballo de Ramón Otero Pedrayo en A Nosa Terra (1925) aparece por primeira vez a denominación en galego río do Porto.
A primeira mención ao nome "río Grande" é no Mapa Topográfico Nacional de 1959.
Descrición
[editar | editar a fonte]- Percorrido
Percorre 40 km polos concellos de Santa Comba, Zas, Vimianzo e Camariñas. As principais localidades que atravesa son Baio e A Ponte do Porto.
- Afluentes
Recibe as augas dun bo número de regatos como o río do Sisto, o río de Zas ou de Lamas e o río de Vilar ou de Xora.
Intervención humana
[editar | editar a fonte]No río do Grande atópanse os batáns de Mosquetín. Entre as pontes que o cruzan destaca a de Baio.
Próximo á desembocadura aproveitouse un forte desnivel para construír un encoro, do que sae unha canle cara á central de Carantoña.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Batáns do Mosquetín
-
Carta xeométrica de Galicia
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lema Suárez, Xosé Mª; Domínguez Rial, Evaristo; Fernández Carrera, Xan; Mouzo Lavandeira, Roberto; Rei Lema, Xosé Mª (2010). A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte. Xerais. ISBN 978-84-9914-163-3.