Radmilla Cody
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1975 ![]() Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Ocupación | activista ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Radmilla A. Cody é unha cantante, modelo e activista antiviolencia doméstica navagho, que foi Miss Navagho dende 1997 até 1998.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cody naceu no seo do clan Tłʼááshchíʼí da Nación Navagho. O seu pai é afroamericano.[1] Foi criada nunha área rural da Nación Navagho pola súa avoa materna, falante de navagho. Nunha entrevista con Vermont Public Radio, Cody lembrou un momento no que a súa avoa se anoxou con ela cando falou en inglés, que, segundo a súa avoa, non é máis que "walla walla walla."[2] As tarefas diarias incluíron o pastoreo de ovellas e ocasionalmente a teceduría. Cody lembrou esa época como relativamente solitaria o cal lle deu tempo para practicar as súas habilidades de canto sendo a súa "primeira audiencia as ovellas". Debido a que a súa avoa se converteu ó cristianismo, os coros cristiáns da igrexa local foron unha grande influencia para ela.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Within the Four Directions (2000)
- Seed of Life (2002)[1] 2002 Native American Music Awards Best Female Artist[4]
- Spirit of a Woman (2005)[1]
- Precious Friends (2007)[1]
- Shi Keyah: Songs for the People (2011)[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Biography ramillacody.com. Consultado o 26 de febreiro de 2015.
- ↑ Vermont Public Radio interview (transcript) vpr.net. Consultado o 21 de xullo de 2010.
- ↑ Radmilla Cody: Two Cultures, One Voice. npr.org. Consultado o 15 de xullo de 2010.
- ↑ Cody's Blues Arquivado 05 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. imdiversity.com. Consultado o 15 de xullo de 2010
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)