Relacións Bangladesh-Bután
Bangladesh |
Bután |
---|---|
As relacións entre Bangladesh e Bután refírense ás relacións bilaterais entre Bangladesh e Bután. O rei de Bután foi o primeiro líder mundial en anunciar un recoñecemento oficial da independencia de Bangladesh o 6 de decembro de 1971.[1] Dende entón, os líderes de ámbolos países intercambiaron moitas visitas estatais. En 2016, o Presidente de Bangladesh dirixiuse ao Parlamento de Bután.[2] O 6 de decembro de 2020, ambos os países asinaron un Acordo de comercio preferencial (PTA) con disposicións para o libre comercio de determinadas mercadorías.[3] A sinatura do acordo foi presenciada polo Primeiro Ministro de Bangladesh e o Primeiro Ministro de Bután.[3]
Ámbolos dous países son membros fundadores da Asociación Surasiática para a Cooperación Rexional. Os dous estados cooperan no marco da ONU e da BIMSTEC. Ambos países forman parte do Foro de Vulnerabilidade Climática. A cámara alta do parlamento de Bután votou a favor de non ratificar un pacto de transporte rexional que involucre á India, o Nepal e Bangladesh.[4]
Cambio climático
[editar | editar a fonte]Bután e Bangladesh forman parte do Foro de Vulnerabilidade Climática e do Grupo V20 de Ministros de Facenda.[5][6] O derretemento dos glaciares e o aumento do nivel do mar son as principais preocupacións en ámbolos dous países.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Recognition of Bangladesh in 1971: Accountability to History". Center for Bangladesh Genocide Research. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 10 de abril de 2017.
- ↑ "Bangladesh President addresses Parliament". Kuensel.
- ↑ 3,0 3,1 "Bangladesh signs preferential trade agreement with Bhutan". Dhaka Tribune. 6 de decembro de 2020.
- ↑ "Bhutan to stay out of regional connectivity". The Daily Star. 29 de abril de 2017.
- ↑ "Bangladesh as Chair of Climate Vulnerable Nations' Forum Calls for Resilient Recovery" (PDF). The Climate Vulnerable Forum (Nota de prensa). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de novembro de 2022. Consultado o 03 de novembro de 2022.
- ↑ "The Vulnerable Twenty (V20)". Arquivado dende o orixinal o 2015-12-04.