Saltar ao contido

Relacións Bután-España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bután–España
Map indicating locations of Bután and España

Bután

España

As relacións de Bután e España refírense ás relacións bilaterais entre Bután e España.

En virtude dun tratado asinado entre Bután e a India o 8 de agosto de 1949, a política exterior de Bután foi guiada pola India[1][2] até que o tratado foi substituído en 2007.[3] Bután uniuse ás Nacións Unidas en 1971. Até outubro de 2010, o Reino de España e o Reino de Bután non estabeleceran relacións diplomáticas, aínda que mantiñan contactos informais. Isto facíase xeralmente a través da misión diplomática española en Nova Deli, dentro das Nacións Unidas ou no marco da Unión Europea.[4]

As relacións entre os dous países formalizáronse por primeira vez o 19 de outubro de 2010, durante unha visita diplomática de catro días a España do primeiro ministro butanés, Jigme Yoser Thinley, quen tivo unha audiencia do rei Xoán Carlos I[5] e mantivo unha reunión co daquela Ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos.[6]

Na reunión, ambas as partes acordaron comezar o proceso de establecemento de relacións diplomáticas entre os dous reinos.[7] Antes do 19 de outubro de 2010, Bután era un dos dous países do mundo, xunto con Kiribati, que non tiña relacións diplomáticas con España.

Catro meses despois, o 11 de febreiro de 2011,[8] o Embaixador Representante Permanente de España ante a Nacións Unidas na cidade de Nova York procedeu a intercambiar notas verbais co embaixador de Bután, estabelecendo oficialmente relacións diplomáticas entre os dous países. Ambos xefes da misión enviaron unha carta conxunta ao Secretario Xeral das Nacións Unidas na que anuncian o establecemento de relacións diplomáticas entre o Reino de España e o Reino de Bután e solicitan unha copia da carta para que se faga circular entre todos o estados membros da ONU.

As misións permanentes de ambos os países emitiron un comunicado conxunto no que se indicaba que España e Bután decidiran estabelecer relacións diplomáticas e consulares, aplicando a Convención de Viena sobre Relacións Diplomáticas do 24 de abril de 1961 e a Convención de Viena sobre Relacións Consulares do 24 de abril de 1963, así como o intercambio de representantes diplomáticos a nivel de embaixadores.

Misións diplomáticas

[editar | editar a fonte]

A Embaixada de España en Nova Deli e a Embaixada de Bután en Bruxelas –en réxime de acreditación múltiple– son as encargadas de levar a cabo as relacións diplomáticas e consulares entre os dous países. O estabelecemento de relacións diplomáticas con Bután responde ao principio de universalidade que rexe a política exterior española.

  1. Mahajan, Shelly (6 de marzo de 2018). "India-Bhutan Relations: Past, Present and Future". Hudson Institute. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2020. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  2. "Treaty of Perpetual Peace and Friendship". 
  3. Kumar, Kashish (5 de xullo de 2019). "Is India Losing Its Grip on Bhutan?". The Diplomat. 
  4. "Ficha país Bután" (PDF). p. 3. 
  5. "Audiencia al Excmo. Sr. Jigme Yoser Thinley, Primer Ministro del Reino de Bután". 21 de outubro de 2010. 
  6. "Visita a España del Primer Ministro de Bután". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2010. 
  7. EFE. "España y Bhután iniciarán el proceso para mantener relaciones diplomáticas". La Información. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2021. Consultado o 01 de novembro de 2022. 
  8. "Establishment of diplomatic relations between the Kingdom of Bhutan and the Kingdom of Spain". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 23 de agosto de 2019.