Saltar ao contido

Ricardo Rodríguez Araya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ricardo Iván Rodríguez Araya»)
Modelo:BiografíaRicardo Rodríguez Araya

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Ricardo Rodriguez Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ricardo Ivan Rodriguez Araya Editar o valor en Wikidata
25 de agosto de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaSuíza Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoLateral Editar o valor en Wikidata
Número deportivo13 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2012 FC Zürich 48(2)
2012–2017 VfL Wolfsburg 184(22)
2017–2020   A.C. Milan 93(4)
2020–2020 cesión   PSV Eindhoven 6(0)
2020–2024 Torino FC 129(1)
2024–   Real Betis Balompié 0(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2009–2009   Suíza sub-17 2(0)
2009–2010   Suíza sub-18 10(4)
2009–2010   Suíza sub-17 5(3)
2010–2011   Suíza sub-19 15(5)
2011–   Suíza 120(9)
2012–2012   Suíza sub-23
Participou en
2018Mundial de Fútbol Rusia 2018
2016Eurocopa de Fútbol Francia 2016
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014
2012Xogos Olímpicos de 2012 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsFrancisco Rodríguez Araya
Roberto Rodríguez Editar o valor en Wikidata

FIFA: 313559 UEFA: 250011089 Editar o valor en Wikidata

Ricardo Iván Rodríguez Araya, nado en Zürich o 25 de agosto de 1992, é un futbolista suízo de orixe galega e chilena. Xoga habitualmente de lateral esquerdo, aínda que a súa polivalencia permitiulle xogar en ocasións noutras posicións como central, dobre pivote ou extremo esquerdo. O seu equipo actual é o Betis, da Primeira División de España.

Criouse na canteira do FC Zürich, co que debutou profesionalmente na Super Liga suíza en 2010. No 2012 foi traspasado ao VfL Wolfsburg, co que disputou 184 partidos nas cinco seguintes tempadas, gañando unha Copa de Alemaña e unha Supercopa. Dende 2017 milita na Serie A de Italia, país no que comezou como xogador do Milan, sendo traspasado en 2020 ao Torino. Co equipo piemontés disputou 129 partidos repartidos en catro tempadas, antes de fichar polo Betis.

Foi internacional coa selección suíza en 124 ocasións dende o seu debut en 2011, sendo o terceiro futbolista con máis partidos na historia do combinado helvético. Disputou coa camisola suíza tres Mundiais (Brasil 2014, Rusia 2018 e Qatar 2022) e tres Eurocopas (Francia 2016, Europa 2020 e Alemaña 2024).

É irmán dos tamén futbolistas Roberto e Francisco Rodríguez.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu en Zürich, sendo fillo de José Manuel Rodríguez, un emigrante galego de Crecente, e de Marcela, unha chilena de Viña del Mar.[1][2] Xa antes de nacer, os médicos descubríronlle unha hernia diafragmática, e informaron aos seus pais de que había só un 50% de posibilidades de que sobrevivise.[3] A pesar dos continuos pasos polo hospital nos seus primeiros anos de vida, conseguiu saír adiante e dedicarse ao fútbol, ao igual que os seus dous irmáns Roberto e Francisco.[4]

FC Zürich (2002-2012)

[editar | editar a fonte]

Despois de pasar polo FC Schwamendingen entrou no 2002 nas categorías inferiores do FC Zürich. En xullo de 2009, aos 16 anos, estivo no banco do primeiro equipo no partido da terceira rolda de clasificación para a Liga de Campións 2009/10 contra o NK Maribor, no que o equipo esloveno gañou 2-3.[5]

O 21 de marzo de 2010, con 17 anos, debutou co primeiro equipo na Super Liga suíza, substituíndo ao lesionado Hannu Tihinen no partido da xornada 25 contra o AC Bellinzona.[6] O seu debut como titular foi o 5 de abril, no Derbi de Zúrich contra o Grasshopper, que acabou con vitoria por 3-2.[7] O 28 de abril de 2011, marcou o seu primeiro gol profesional, abrindo o marcador ante o Neuchâtel Xamax en Letzigrund e gañando o partido por 3-0.[8]

Debutou en competición europea o 27 de xullo, na ida da terceira rolda de clasificación para a Liga de Campións 2011/12 contra o Standard de Liège no estadio Maurice Dufrasne de Bélxica. Xogou o partido completo e deu a asistencia a Admir Mehmedi, no gol do empate que puxo o definitivo 1-1.[9] Xogou tamén o partido de volta, no que o seu equipo gañou 1-0, así como os dous partidos da seguinte rolda contra o Bayern de Múnic.[10][11]

Deixou o equipo na metade da campaña, pero aínda así foi elixido pola afección suíza como o mellor xogador da tempada por diante de Oliver Buff e Pedro Henrique.[12]

VfL Wolfsburg (2012-2017)

[editar | editar a fonte]

O 13 de xaneiro de 2012, oficializouse o seu traspaso ao VfL Wolfsburg por 7.500.000 €, quedando vinculado durante catro anos e medio ao club alemán. Fíxose rapidamente coa titularidade, debutando na Bundesliga o 21 de xaneiro, na vitoria pola mínima contra o FC Colonia. Xogou todos os partidos da tempada como titular e sen ser substituído, sendo o lateral esquerdo favorito do adestrador Felix Magath.

Comezou como titular no primeiro terzo da tempada seguinte pero tras a destitución de Magath, chegou ao banco Lorenz-Günther Köstner, que preferiu utilizar a Marcel Schäfer. Recuperou a titularidade no terzo final da tempada, xa con Dieter Hecking como adestrador.

O 9 de novembro de 2013, marcou de falta o seu primeiro gol co VfL Wolfsburg, nun partido da Bundesliga contra o Borussia Dortmund no Volkswagen Arena.[13] Rematou a tempada 2013-14 con cinco goles e nove asistencias na liga e foi incluído entre os mellores defensores do campionato. Coas súas nove asistencias foi o defensa con máis asistencias da tempada en Europa.[14]

O 18 de setembro de 2014 marcou o seu primeiro gol en competición europea, nun encontro da Europa League contra o Everton FC, de tiro libre e despois de ter marcado un autogol.[15] Tres días despois, marcou dous goles na vitoria por 4-1 sobre o Bayer Leverkusen, o primeiro de penalti e o segundo de volea tras un saque de esquina de Kevin De Bruyne.[16]

Posteriormente anotou 2 goles contra o Lille OSC, nunha vitoria por 0-3 que lle permitiu ao Wolfsburg clasificarse para a seguinte rolda da Europa League.[17] Foi elixido mellor xogador suízo de 2014.[18]

En xaneiro de 2015 asinou un contrato que o vencellaba co equipo ata xuño de 2019.[19] O 7 de abril marcou de penalti o único gol do partido contra o SC Freiburg, ademais de impedir un gol na liña da portería, clasificándose deste xeito o seu equipo para as semifinais da Copa de Alemaña.[20] O 30 de maio conquistou a Copa, a primeira da historia do club, tras vencer na final ao Borussia Dortmund.[21]

Comezou a tempada 2015/16 gañando a Supercopa contra o Bayern de Múnic, despois de marcar o primeiro dos lanzamentos na quenda de penaltis (o partido rematara con empate a un).[22] O 6 de abril de 2016, no partido de ida dos cuartos de final da Liga de Campións contra o Real Madrid, marcou de penalti o primeiro dos dous goles do seu equipo (2-0). Rompeu con este gol a xeira do porteiro Keylor Navas, que levaba 738 minutos sen encaixar un gol na máxima competición europea.[23] A tempada 2016/17 foi a súa última no equipo alemán, pechando a súa etapa neste con 184 partidos e 22 goles.[24]

AC Milan (2017-2020)

[editar | editar a fonte]

O 8 de xuño de 2017, fíxose oficial a súa fichaxe polo AC Milan, cun contrato por catro anos. O prezo do traspaso foi duns 15 millóns de euros máis tres en variables, sendo a terceira fichaxe da etapa chinesa do equipo milanés.[25][24][26] Escolleu o dorsal 68, en referencia ao ano de nacemento da súa nai, falecida de cancro no 2015.[27][28] Debutou co Milan nun partido de clasificación para a Europa League contra o CSU Craiova, marcando o gol da vitoria por 1-0 que significou o regreso do equipo italiano a unha competición europea máis de tres anos despois.[29]

Debutou na Serie A o 21 de agosto, nunha vitoria por 3-0 contra o Crotone en San Siro,[30] e marcou o seu primeiro gol na liga de penalti na vitoria por 2-0 contra o SPAL, tamén en San Siro, o 20 de setembro.[31] O 15 de outubro, no derbi da Madonnina, provocou o penalti que logo transformou Mauro Icardi, completando o seu triplete particular para derrotar por 3-2 ao Inter.[32]

Desde entón, aínda que foi un habitual no Milan, non alcanzou as cotas que se esperaban del, e o Milán fracasou repetidamente nos seus intentos de regresar á Liga de Campións.[32]

Cesión ao PSV (2020)

[editar | editar a fonte]

O 30 de xaneiro de 2020, saíu cedido ao PSV Eindhoven ata o final da tempada.[33] Xogou só seis partidos con este ata que a liga foi paralizada e finalmente suspendida pola pandemia de COVID-19. A continuación volveu ao equipo de Milán, aínda que con poucas opcións de seguir alí.[34]

Torino (2020-2024)

[editar | editar a fonte]

O 19 de agosto de 2020 oficializouse o seu traspaso ao Torino FC para os seguintes catro anos.[35] Debutou nun partido de liga ante o Cagliari, xogando como titular, pero acabou caendo dos onces iniciais na parte final da tempada, trala chegada ao banco de Davide Nicola. Disputou un total de 18 partidos oficiais na súa primeira campaña no Piemonte, na que o Torino acabou un só posto por riba do descenso á Serie B. O seu peso no equipo aumentou na tempada 2021/22, co croata Ivan Jurić como adestrador, dobrando o número de encontros disputados e xogando case sempre como titular, para rematar a liga na décima posición. Continuou como un fixo nas aliñacións titulares de Jurić nas seguintes dúas campañas, nas que o equipo acabou décimo e noveno respectivamente. O balance final dos seus catro anos en Turín foi de 129 encontros oficiais e un gol.

Betis (2024-)

[editar | editar a fonte]

No verán de 2024, tras rematar o seu contrato co Torino, trasladouse a Sevilla, onde asinou como novo xogador do Betis.[36]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]
Xogando contra a Arxentina no 2012.

Categorías inferiores

[editar | editar a fonte]

Formou parte da selección suíza sub-17 que gañou a Copa do Mundo do 2009 en Nixeria, sendo un dos mellores xogadores da competición. Marcou no partido da fase de grupos contra o Xapón, nos dezaseisavos de final contra Alemaña, e foi autor dun dos catro goles na semifinal contra Colombia, que meteron aos suízos na súa primeira final dunha competición da FIFA dende os Xogos Olímpicos de 1924.[37] Xogou os 90 minutos da final contra Nixeria no Estadio Nacional de Abuja, onde Suíza conquistou o primeiro título da súa historia, ao gañar por 1-0 cun gol de Haris Seferović.[38]

Selección olímpica

[editar | editar a fonte]

En 2012 participou co equipo suízo nos Xogos Olímpicos de Londres. Disputou os tres partidos da primeira fase, contra México, Corea do Sur e Gabón, caendo eliminados tras sumar só un punto.

Selección absoluta

[editar | editar a fonte]

Foi 124 veces internacional coa selección suíza absoluta, coa que anotou nove goles. O seu debut produciuse o 7 de outubro de 2011, nun partido de clasificación para a Eurocopa 2012 contra a selección galesa, no que entrou no segundo tempo como substituto de Xherdan Shaqiri.[39] Catro días despois foi titular na vitoria contra Montenegro por 2-0 que deixaba ao equipo suízo na terceira praza final do grupo G, fóra da Eurocopa.[40]

Xogou nove dos dez partidos de clasificación para o Mundial de 2014, acabando o equipo suízo como campión do grupo, con sete puntos de vantaxe sobre o segundo, Islandia.[41] O 13 de maio de 2014, o adestrador da selección suíza, Ottmar Hitzfeld, incluíuno na lista oficial de 23 xogadores convocados para afrontar o Mundial do Brasil.[42][43] Alí xogou completos os catro partidos do combinado suízo. Realizou o saque de córner que rematou de cabeza Admir Mehmedi para facer un dos dous goles na vitoria contra o Ecuador (2-1),[44] e participou na vitoria por 3-0 contra Honduras que clasificou aos suízos para os oitavos de final,[45] onde caeron contra a Arxentina por 1-0, cun gol de Di María.[46]

Xogou tamén todos os encontros completos de Suíza na Eurocopa de 2016. Os helvéticos caeron no partido de oitavos de final, celebrado no Estadio Geoffroy-Guichard de Saint-Étienne contra Polonia, despois de empatar a un gol e perder a quenda de penaltis, na que Rodríguez anotou o seu lanzamento.[47]

O 8 de outubro de 2016 marcou o seu primeiro gol coa selección, nun partido de clasificación para o Mundial de 2018, contra Hungría no Groupama Aréna de Ferencváros, Budapest.[48] Os suízos quedaron segundos do seu grupo, por detrás de Portugal, tendo que xogar unha eliminatoria contra Irlanda do Norte. Ricardo Rodríguez fixo o único gol suízo no partido de ida no Windsor Park de Belfast, que acabou con empate a un gol, e salvou un balón na liña de gol no minuto 91 do partido de volta en Basilea, logrando así o billete para a cita mundial en Rusia.[49] Na primeira fase Suíza volveu conseguir unha das dúas prazas do seu grupo para os oitavos de final, onde perderon contra Suecia.[50] Rodríguez xogou de novo os catro partidos completos.

En 2019 xogou con Suíza as semifinais da primeira edición da Liga das Nacións da UEFA. No encontro, disputado no Estádio do Dragão contra Portugal, Rodríguez anotou o único gol suízo, aínda que a vitoria foi para os portugueses por 3-1, cun triplete de Cristiano Ronaldo.[51]

Xa en 2021, na Eurocopa adiada un ano pola pandemia de COVID-19, foi peza fundamental no equipo de Vladimir Petković, disputando como titular todos os partidos da súa selección no torneo. O equipo suízo deu a sorpresa, eliminado en oitavos de final á favorita, a selección francesa, a pesar do penalti errado pouco despois do descanso por Rodríguez.[52] Nos cuartos de final quedaron eliminados na quenda de penaltis contra España.[53] Ese mesmo ano, na fase de clasificación para o Mundial, conseguiu co equipo suízo a primeira praza do seu grupo, a única que daba o pase directo á cita mundial, superando a Italia, que tivo que ir á repesca.[54]

Qatar 2022 foi a súa terceira Copa do Mundo e do mesmo xeito que nas dúas edicións anteriores, foi titular nos catro partidos disputados pola súa selección, que volveu caer eliminada nos oitavos de final. Encadrados no Grupo G co Brasil, o Camerún e Serbia, os xogadores suízos conseguiron dúas vitorias, perdendo só ante a selección suramericana. Xa en oitavos, foron goleados por Portugal por 6-1, tras unha actuación estelar de Gonçalo Ramos, autor de tres goles.[55] O partido ante os portugueses foi o 12º de Ricardo Rodríguez nos Mundiais, cifra só superada na selección suíza polo seu compañeiro Xherdan Shaqiri (14).

Continuou sendo un indiscutible nas aliñacións de Murat Yakin nos partidos de clasificación para a Eurocopa de 2024 e tamén na fase final do torneo, disputada en Alemaña. Disputou completos os cinco partidos da súa selección, que caeu eliminada na quenda de penaltis dos cuartos de final ante Inglaterra, despois de ter eliminado a Italia en oitavos.[56]

Estilo de xogo

[editar | editar a fonte]

Debido á súa polivalencia, Rodríguez ten xogado tanto en posicións defensivas como ofensivas. Aínda que xoga habitualmente como lateral esquerdo, ten actuado tamén como central, extremo esquerdo, e tamén no dobre pivote.[57]

Cunha importante envergadura e físico, os expertos considérano un defensa consumado e destacan a súa forte capacidade nos remates de cabeza, así como a súa personalidade.[58] É considerado unha ameaza continua no ataque, e os analistas remarcan a súa excepcional resistencia e ritmo, que permiten as súas constantes subidas e baixadas pola banda.[14][59] Tamén ten recibido eloxios por conceder poucas faltas innecesarias.[60] Pola contra, ten sido criticado por dar demasiado espazo aos dianteiros rivais, pola súa colocación no campo e por carecer de disciplina defensiva.[59]

Cunha boa técnica e distribución, fíxose coñecido polos seus centros medidos e pola súa precisa zurda, sendo comparado en ocasións co lateral inglés Leighton Baines.[61][14] Tamén destaca a súa especialidade en xogadas a balón parado, como saques de esquina, tiros libres directos e tiros libres indirectos, así como polos seus lanzamentos de penaltis, sendo o principal tirador de penas máximas do Wolfsburg durante a tempada 2013/14. En 2014, o seu adestrador Dieter Hecking definiuno como como "o mellor lateral esquerdo da Bundesliga".[62]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

VfL Wolfsburg

Selección suíza sub-17

  1. Gómez, Pablo (23 de novembro de 2009). "«Es un orgullo para Suiza que seamos hijos de emigrantes»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  2. Bernardo, J. (8 de abril de 2016). "Sangre gallega para batir a Navas". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  3. Melzer, Dennis (13 de setembro de 2018). "Schwere Krankheit, Kindheit im sozialen Brennpunkt: Ricardo Rodriguez' Spiel des Lebens" (en alemán). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  4. Kern, Max (7 de xuño de 2018). "Ricardo Rodriguez: Swiss defender who was given a 50% chance of living". The Guardian (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  5. "Zürich-Maribor 2010". UEFA (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  6. "FC Zürich - AC Bellinzona 2009". Eurosport (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  7. "Zürich-Grasshopper 2010". besoccer.com (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  8. "Zürich-Neuchâtel 2011". tribuna.com (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  9. "González goal saves the day for Standard". UEFA (en inglés). 27 de xullo de 2011. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  10. "Bayern Munich vs. Zürich 2 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  11. "Zürich vs. Bayern Munich 0 - 1". soccerway.com (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  12. "Xogadores da tempada do FC Zürich". fanclubletzi.ch (en alemán). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  13. "Wolfsburg trip up Dortmund" (en inglés). 9 de novembro de 2013. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Cox, Michael (19 de xuño de 2014). "How full-backs are making this World Cup brilliant – and why England need more from theirs" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  15. "Everton4-1 VfL Wolfsburg". BBC (en inglés). 18 de setembro de 2014. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  16. "Wolfsburg cruise against 10-man Bayer Leverkusen". ESPN (en inglés). 21 de setembro de 2014. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  17. "LOSC left high and dry by Wolfsburg". UEFA (en inglés). 11 de decembro de 2014. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  18. "Ricardo Rodriguez ist der Schweizer Nationalspieler des Jahres" (en alemán). 1 de setembro de 2014. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  19. "Rodriguez signs Wolfsburg renewal" (en inglés). 8 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  20. "Wolfsburg reach German cup semi-finals after Ricardo Rodriguez sees off Freiburg" (en inglés). 8 de abril de 2015. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  21. "Wolfsburg es CAMPEÓN de la DFB Pokal por primera vez en su historia" (en castelán). 30 de maio de 2015. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  22. Ibáñez, Alejandro (1 de agosto de 2015). "El Bayern pierde en los penaltis la Supercopa ante el Wolfsburgo" (en castelán). Consultado o 14 de maio de 2021. 
  23. "Keylor dejó su registro en 738' sin encajar gol en Champions". As (en castelán). 6 de abril de 2016. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  24. 24,0 24,1 "El Milan ficha al suizo Ricardo Rodríguez por 18 millones de euros". Marca (en castelán). 8 de xuño de 2017. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  25. "Milan, è fatta per Ricardo Rodriguez: domani le visite mediche". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Milán. 6 de xuño de 2017. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2017. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  26. "El Milan anuncia el fichaje de Ricardo Rodríguez". Mundo Deportivo (en castelán). 8 de xuño de 2017. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  27. "Calciomercato Milan, Rodriguez: "Obiettivo Champions. Ho scelto il 68"" (en italiano). 8 de xuño de 2017. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  28. "Ricardo Rodríguez, la calma en el lateral izquierdo" (en castelán). 26 de xuño de 2018. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  29. "Entre un Ricardo y otro han pasado nada menos que 1234 días" (en castelán). 27 de xullo de 2017. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  30. "Crotone - Milan 2017". As (en castelán). Consultado o 15 de maio de 2021. 
  31. "Kessie, Rodriguez penalties see AC Milan breeze past Spal". ESPN (en inglés). 21 de setembro de 2017. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  32. 32,0 32,1 "Leonardo Bonucci's troubles continue as Milan lose derby at the death" (en inglés). 15 de outubro de 2017. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  33. "Ricardo Rodríguez deja al Milan y se marcha cedido al PSV". La Vanguardia (en castelán). 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  34. "Milan: torna Ricardo Rodriguez". Calcio Mercato (en italiano). 29 de xuño de 2020. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  35. "Rodriguez al Toro". torinofc.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2020. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  36. "Ricardo Rodríguez, presentado como nuevo jugador del Real Betis" (en castelán). 12 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  37. "Swiss steamroll into first final". FIFA (en inglés). 12 de novembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2021. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  38. "Switzerland lift Under-17 World Cup" (en inglés). 15 de novembro de 2019. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  39. "Euro 2012: Wales 2-0 Switzerland". BBC (en inglés). 7 de outubro de 2011. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  40. "Much-changed Montenegro are beaten by Switzerland". The Guardian (en inglés). 11 de outubro de 2011. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  41. "Switzerland's route to Brazil". FIFA (en inglés). 12 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  42. "Una Suiza sin sorpresas". FIFA (en castelán). 13 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2014. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  43. "Suiza convoca a mayoría de jóvenes para el Mundial de Brasil". ESPN (en castelán). 13 de maio de 2014. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  44. "Suíza - Ecuador 2014". FIFA (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2021. 
  45. "Honduras - Suíza 2014". FIFA (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2021. 
  46. "Arxentina - Suíza 2014". FIFA (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2021. 
  47. "Suíza - Polonia 2016". BBC (en inglés). 25 de xuño de 2016. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  48. "UPDATE 1-Soccer-Swiss win five-goal thriller in Hungary in last minute" (en inglés). Reuters. 7 de outubro de 2016. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  49. Valle, Conrado (3 de xuño de 2018). "Ricardo Rodríguez: el héroe de Suiza tiene ‘acento’ gallego". As (en castelán). Consultado o 16 de maio de 2021. 
  50. "Swedes squeeze into the last eight". FIFA (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2021. 
  51. "Cristiano Ronaldo destroza a Suiza". Marca (en castelán). 5 de xuño de 2019. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  52. Álvarez, Armando (29 de xuño de 2021). "El gran alivio de Ricardo Rodríguez". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  53. "Suíza - España". UEFA (en inglés). Consultado o 13 de xullo de 2021. 
  54. "4-0. Suiza golea y condena a Italia a la repesca" (en castelán). EFE. 16 de novembro de 2021. Consultado o 16 de novembro de 2021. 
  55. "Un estelar Gonçalo Ramos eclipsa a Cristiano, pulveriza a Suiza y mete a Portugal en cuartos del Mundial" (en castelán). 6 de decembro de 2022. Consultado o 1 de abril de 2023. 
  56. Planas, Pablo (7 de xullo de 2024). "Inglaterra sobrevive a Suiza en los penaltis y se planta en semifinales". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2024. 
  57. "El suízo de origen gallego Ricardo Rodríguez ficha por el Milán". Diario de Pontevedra. 8 de xuño de 2017. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  58. "Sky Sports Scout - Ricardo Rodriguez". Sky (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2021. 
  59. 59,0 59,1 "Everything you need to know about... Ricardo Rodriguez" (en inglés). 24 de xullo de 2014. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  60. "Wolfsburg's Rodriguez won't come cheap, but he's ready for the big times". ESPN (en inglés). 25 de xaneiro de 2017. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  61. Hayes, Garry (20 de novembro de 2013). "Scouting Report for Chelsea Transfer-Target Ricardo Rodriguez" (en inglés). Consultado o 16 de maio de 2021. 
  62. "Wolfsburg open contract talks with Man Utd target Ricardo Rodriguez". ESPN (en inglés). 30 de outubro de 2014. Consultado o 16 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]