Roseira brava
Roseira brava | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Debuxo da roseira brava (Rosa canina) | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Rosa canina L., Sp.Pl.1:491. 1753 | |||||||||||||||||||||||||||||
Sub-táxones | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
A roseira brava ou silva macho (Rosa canina) é un arbusto espiñento, rubideiro e perenne da familia das rosáceas, nativo de Europa, o noroeste de África e Asia occidental. Tamén foi introducido en América do Norte e outras partes do mundo. Actualmente a súa distribución é bastante ampla. En Galicia é unha especie brava moi común en lugares frescos.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico foille dado pola forma das espiñas, semellantes aos caninos dos cans. O froito, as bagas de roseira brava son tamén chamados peros de can pola mesma razón. O nome galego claramente é porque non deixa de ser unha roseira silvestre. Tamén, como rosácea e coa semellanza coa silveira, leva o nome de silva.
Outros nomes dialectais en galego: silva macha, silvo macho', gabanceira, agavanzo, agabanza, agarbanza, silva madre, silvarda, silvardo, silvarro.
Descrición
[editar | editar a fonte]Arbusto de até 2 m de altura, con talos pénsiles de cor verde, cubertos de espiñas miúdas, fortes e curvas. As follas compóñense de 5 a 7 folíolos dentados ovais.
As flores, solitarias ou agrupadas en corimbos, son de cor rosa pálido ou abrancanzadas, de 4 a 6 cm de diámetro, con cinco pétalos, e maduran nunha froita ovoide de cor rubia intensa cun tamaño entre 1,5 e 2 cm chamada pero de can. En realidade é un falso froito carnoso no que o receptáculo da flor ou tálamo ten forma cóncava (con forma de copa), está inchado e contén no seu interior numerosos aquenios, que serían os froitos verdadeiros. O froito salienta polo alto contido en vitamina C (malia conter tamén carotenoides e Vitamina P) e por ser usado para facer marmeladas, confeituras e infusións. A roseira brava florece de maio a xullo e produce froitos a finais do verán ou a comezos do outono.
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha planta nativa de Europa, as Illas Canarias, Madeira, o noroeste de África (Alxeria, Marrocos e Tunisia), o oeste de Asia (Afganistán, Irán, Iraq, Líbano, Palestina, Siria, Armenia, Azerbaidján, Xeorxia, o sur de Rusia e Tadjiikistán) e o subcontinente indio. Porén, áchase naturalizada practicamente en todo o mundo, incluíndo América, Australia (sobre todo en Tasmania) e Nova Zelandia.
Na Península Ibérica, agás na beiramar das Canarias e nalgunhas zonas puntuais da costa andaluza e murciana con clima tropical, atópase en calquera parte, desde o nivel do mar deica os 1.500 m de altitude. En Galicia é moi común en todo o territorio pola fertilidade do solo e a abundante precipitación.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Considérase unha especie de clima atlántico e mediterráneo (zonas temperadas).
Non ten preferencia por solos específicos; incluso prefire zonas montañosas ou semi-montañosas, como o sotobosque arbustivo de especies caducifolias, mais tamén pode medrar noutros bosques, sebes, beiras dos camiños etc., e até en áreas costeiras, pois atura ben a salinidade. Agradece os solos con boa drenaxe e húmidos, algo fértiles e cun pH neutro (6,1-7,8).
As necesidades de auga fican arredor dos 675–900 mm ao ano. Pode soportar temperaturas moi baixas, até de -23 °C (zona de rusticidade: 7 a 10).
Etnoloxía
[editar | editar a fonte]A roseira brava empregouse en Galiza coma planta medicinal. Ademais adoitaba ser unha das herbas máxicas de San Xoán.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]- Subespecies de Rosa canina
- Rosa canina forma:
- Rosa canina f. andegavensis (Bastard) Rapin
- Rosa canina f. brachypoda (Déségl. & Ripart) Vukic.
- Rosa canina f. calophylla H.Christ ex J.B.Keller
- Rosa canina f. capitata Braeucker
- Rosa canina f. dumalis (Bechst.) H.Christ
- Rosa canina f. euoxyphylla Borbás
- Rosa canina f. firmula Godet
- Rosa canina f. fissidens Borbás
- Rosa canina f. glaberrima H.Christ
- Rosa canina f. glaucescens Lej.
- Rosa canina f. grandiflora Braeucker
- Rosa canina f. hispidissima H.Christ
- Rosa canina f. kirghisorum Tkatsch.
- Rosa canina f. lasiostylis Borbás
- Rosa canina f. laxiphylla Borbás
- Rosa canina f. lentiscifolia H.Christ
- Rosa canina f. lucorum (Heinr.Braun) Vukic.
- Rosa canina f. mucronulata (Déségl.) Heinr.Braun
- Rosa canina f. pulchella Vuk.
- Rosa canina f. purpurea Braeucker
- Rosa canina f. semibiserrata Borbás
- Rosa canina f. sphaerophylla Vuk.
- Rosa canina f. squarrosa (A.Rau) Borbás
- Rosa canina f. suffulta H.Christ
- Rosa canina f. syntrichostyla (Ripart ex Déségl.) R.Keller
- Rosa canina nothosubsp. andegavensis (Bastard) Nyman
- Rosa canina nothosubsp. corymbifera (Borkh.) C.Vicioso
- Rosa canina nothosubsp. dumalis (Bechst.) Nyman
- Rosa canina nothovar. concinnoides (Wolley-Dod) P.V.Heath
- Rosa canina nothovar. permiscibilis (Schmidely) P.V.Heath
- Rosa canina nothovar. rufescens (Wolley-Dod) P.V.Heath
- Rosa canina nothovar. surreyana (Wolley-Dod) P.V.Heath
- Rosa canina staxon andegavensis (Bastard) Crép.
- Rosa canina staxon burboniana Redouté & Thory
- Rosa canina staxon collina (Jacq.) Fr.
- Rosa canina staxon collina (Jacq.) J.Lloyd
- Rosa canina staxon cymosa Wahlenb.
- Rosa canina staxon dumalis Crép.
- Rosa canina staxon dumetorum (Thuill.) Crép.
- Rosa canina staxon emarginata hort. ex Andrews
- Rosa canina staxon fusiformis Crép.
- Rosa canina staxon genuina Crép.
- Rosa canina staxon glauciformis Almq.
- Rosa canina staxon globularis Crép.
- Rosa canina staxon oreogeton Heinr.Braun & Halácsy
- Rosa canina staxon rubiginosa Griess.
- Rosa canina staxon rubra hort. ex Andrews
- Rosa canina staxon sarmentosa Godet
- Rosa canina staxon semiduplex hort. ex Andrews
- Rosa canina staxon separabilis (Déségl.) Heinr.Braun
- Rosa canina staxon sepium W.D.J.Koch
- Rosa canina staxon sphaerica (Gren.) Crép.
- Rosa canina staxon subobtusa J.B.Keller
- Rosa canina staxon urbica (Léman) Crép.
- Rosa canina staxon variegata hort. ex Andrews
- Rosa canina staxon villosula (Gand.) J.B.Keller
- Rosa canina staxon virens Wahlenb.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "International Organization For Plant Information - Provisional GPC". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 25 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roseira brava |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Roseira brava |