Saltar ao contido

Saeward de Essex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSaeward de Essex
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Rei de Essex
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosSigeberht I de Essex Editar o valor en Wikidata
PaiSaeberht de Essex Editar o valor en Wikidata
IrmánsSeaxred de Essex Editar o valor en Wikidata

Sæward foi o rei cotitular do reino de Essex desde c. 616 ata c. 623 xunto co seu irmán Seaxred após a morte do seu pai Sæberht.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai convertérase ao cristianismo en 604. Despois da súa morte os reis reprimiron a relixión cristiá en prol da relixión inglesa indíxena, permitindo a adoración dos deuses nacionais do seu pobo. Desterraron a Melito, bispo de Londres, do reino despois de que refusou darlles o pan sacramental.

En c. 623 Sexred, Sæward e o seu irmán morreron nunha batalla contra as forzas de Wessex. Non se sabe seguro se o seu fillo Sigeberht que o sucedeu se corresponde co seu sucesor Sigeberht o Pequeno ou o posterior Sigeberht o Bo.