Saltar ao contido

Sighere de Essex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sigehere de Essex»)
Modelo:BiografíaSighere de Essex
Biografía
NacementoI milenio Editar o valor en Wikidata
Mortec. 689 Editar o valor en Wikidata
Rei de Essex

← Swithhelm de Essex Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOsgyth Editar o valor en Wikidata
FillosOffa de Essex Editar o valor en Wikidata
PaiSigeberht I de Essex Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata

Sighere foi rei conxunto de Essex xunto ao seu primo Sæbbi de 663/4 a aproximadamente 683.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Sigeberht Sæwarding, probabelmente San Sigeberht, pero poida que de Sigeberht o Pequeno. Sæbbi sobreviviuno, o cal se había converter en gobernante único de Essex á súa morte. Sighere e Sæbbi eran curmáns do seu predecesor Swithelm. Mentres que Sighere regresou ao paganismo, Sæbbi permaneceu cristián e pronto comezou a rivalidade. Sighere atopou un aliado en Wessex, e Sæbbi en Mercia. Por mor da súa rivalidade, Wulfhere de Mercia estableceuse como señor de Essex e induciu a Sighere para que casase coa súa sobriña Osgyth, filla de Frithuwold, sub-rei de Mercia en Surrey. Jaruman, o bispo de Mercia, foi enviado para reconverter ao pobo de Essex ao cristianismo. En 673, Sighere separouse de Osgyth, quen entón buscou a protección do bispo Beaduwine de North Elmham. Sighere morreu aproximadamente en 683, e Sæbbi gobernou Essex en solitario[1].

  1. The cult of kingship in Anglo-Saxon England: the transition from paganism to Christianity. Manchester University Press. ISBN 0-7190-0372-5.