Sigeric II de Essex
Aparencia
Nome orixinal | (en) Sigeric |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VIII |
Morte | valor descoñecido |
Rei de Essex | |
Familia | |
Fillos | Sædryð (?), Sigeræd, Prince of Kent |
Pai | Sigered de Essex |
Sigeric (II) foi un rei de Essex, do século IX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Só é coñecido por unha carta datada entre 829 e 837, asinada por un Sigric rex Orientalium Saxonum, pola que o bispo de Londres Ceolberht outorga unhas terras na actual Hertfordshire a un tal Sigric minister (servo) de rei Wiglaf de Mercia. Estes dous Sigric son, probabelmente, unha soa persoa. A duración exacta do seu poder non é coñecida: é posíbel que non reinase sobre todo Essex, sometido a Ecgberht de Wessex desde 825, senón só na Middlesex e Hertfordshire[1].
O seu nome suxire que sería parente dos reis Sigeric e Sigered[2].