Santiago Cribeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de setembro de 1965 ![]() Cedeira, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico ![]() |
Instrumento | Acordeón e teclado ![]() |
Familia | |
Irmáns | Guadi Galego ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Santiago Cribeiro Galego, nado en Cedeira, o 18 de setembro de 1965, é un músico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou nos Conservatorios de música da Coruña e Santiago de Compostela. Malia a que se formou academicamente como pianista, o seu instrumento predilecto sempre foi o acordeón. Comezou a tocar dende bastante novo con Debadoira, grupo de música tradicional da súa vila, Cedeira. Máis adiante trasládase a Vigo onde se integra no Grupo didáctico de Instrumentos Populares da Universidade Popular de Vigo. A comezos da década dos 90 cofunda Matto Congrio con, entre outros, Anxo Pintos, Isaac Palacín e Carlos Núñez. En 1995 é un dos cofundadores de Berrogüetto. Tamén ten colaborado con Uxía Senlle, A Banda das Crechas, Fuxan os Ventos ou Anubía.
Traballos discográficos
[editar | editar a fonte]Traballos publicados con Berrogüetto
[editar | editar a fonte]- Navicularia, 1996.
- A cantar con Xabarín, 1998.
- Cantigas de Nadal, 1999.
- Viaxe por Urticaria, 1999.
- Hepta, 2002.
- 10.0, 2006.
- Kosmogonías, 2010.
Traballos publicados con Matto Congrio
[editar | editar a fonte]- Matto Congrio, 1993.
Participación noutros traballos colectivos
[editar | editar a fonte]- Instrumentos tradicionais galegos, co Grupo didáctico de Instrumentos Populares da Universidade Popular de Vigo.
Premios
[editar | editar a fonte]Con Berrogüetto
[editar | editar a fonte]- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 1997.
- Eiserner Eversteiner, premio europeo da música no 1998.
- Premio AGAPI á mellor banda sonora na película A rosa de pedra no 1999.
- Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2002.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na VI Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor grupo folk no 2002.
- Nomeamento pola Academia Latina de Artes e Ciencias da Gravación á 3ª edición dos Premios Grammy Latinos no apartado de Mellor Álbum de Música Folk no 2002.
- Preis Der Deutschen Schallplattenkritik, premio da crítica alemá ao mellor disco de World Music por 10.0 no 2007.
- Premio Opinión outorgado pola crítica galega ao mellor álbum galego no 2007.
- Finalista do premio ao mellor álbum en galego na Edición de los Premios de la Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2007.
- Premio á mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música, outorgado pola Academia de las Artes y las Ciencias de la Música no 2011.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É irmán da tamén música Guadi Galego.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Berrogüetto. O pulso da Terra, 2011, Galaxia, de Fernando Neira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web de Berrogüetto Arquivado 20 de maio de 2013 en Wayback Machine.