Segorella
Segorella | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración de Deutschlands Flora in Abbildungen, 1796, Johann Georg Sturm (pintor: Jacob Sturm) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Satureja hortensis' L. 1753 |
A segorella[1] (Satureja hortensis L.) é a especie máis coñecida das especies do xénero Satureja. É unha planta anual, semellante no uso e en sabor á perenne Satureja montana.
Descrición
[editar | editar a fonte]A herba acada de 30 a 60 cm de altura, e ten follas moi finas dunha cor verde bronceada. Toda a planta está cuberta dunhas vilosidades curtas. As flores desta herba son de cor lila e tubulares, roseando de xullo a setembro.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Os xardineiros que desexen cultivala deben sementala entre finais de inverno e primavera, a 1,5 mm de profundidade nun bo alcouve con compost. A xerminación adoita requirir de 14 a 21 días a 18-20 °C. Ao acadar o tamaño axeitado cómpre transplantar a un vaso de aproximadamente 7 centímetros de altura. Máis tarde, ao acadar os 40 centímetros de altura, débense plantar nun solo con boa drenaxe, a pleno sol e a unha distancia de 38 cm. Apáñanse as follas que se van empregar idealmente en agosto. O resto da planta ten sementes de abondo para que na vindeira primavera agromen novas plantiñas.
Usos
[editar | editar a fonte]Na gastronomía prefírese esta planta cá Satureja montana L. por mor ao seu delicado recendo e a súa dozura. Salienta na cociña búlgara, dando un forte e picante sabor aos pratos máis simples e máis extravagantes. No canto de sal e pebre, na mesa búlgara atoparemos tres condimentos: sal, pemento e segorella. Cando se mesturan estas tres especias obtemos a sharena sol (sal colorido).
A segorella coñécese en lingua romanesa coma cimbru sendo moi apreciada na súa cociña, especialmente nos pratos de feixóns e lentella, mais tamén en carnes ou sarmale (rolos desecados de repolo).
Usos medicinais
[editar | editar a fonte]É antiséptico, adstrinxente, calorífero, con sabor a pementa; elevado contido de carvacrol.
Emprégase para suplir a falla de zume gástrico, contra os parasitos intestinais, a gota, o reumatismo, as doenzas bronquiais, a impotencia e a frixidez.
É, tamén, un bo desinfectante bucal facéndose gargarexos coa súa tisana.
Externamente úsase en baños, contra afeccións cutáneas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego n´"Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; e Guía da alimentación Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1995
- ↑ Sinónimos en Real Jardín Botánico Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Segorella |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Segorella |