Selección de rugby de Galicia
Galicia | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | O XV do Toxo | ||
Emblema | A Flor do Toxo | ||
Unión | Federación Galega de Rugby | ||
Adestrador | Carlos Bernardos Vallejo Evaristo Martínez Barallobre | ||
Estadio | Manuel Anxo Cortizo, Lalín (8.000) | ||
| |||
Estrea internacional | |||
Galicia : Portugal 1999 | |||
Maior vitoria | |||
Navarra 5:45 Galicia 17 de decembro de 2006 | |||
Maior derrota | |||
País Vasco 59:0 Galicia 21 de decembro de 2003 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 0 | ||
Mellor resultado | - |
A Selección de rugby de Galicia representa a Galicia no deporte de rugby en competicións internacionais de carácter oficial e amigábeis[1], independentemente de que os xogadores participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola IRB.
Historia
[editar | editar a fonte]A Federación Galega de Rugby data do ano 1983, malia que houbo algúns clubs anteriores á fundación da federación coma o Club de Rugby Arquitectura Técnica da Coruña. Hoxe en día os recursos do rugby galego son moi limitados e a nivel de clubs o rugby galego non pasa por un bo momento, a pesar diso o XV do Toxo está a xogar a un grande nivel estando entre as mellores do estado[2], e chegando a participar en competicións internacionais de rugby oficiais, sendo a primeira selección galega en acadalo[3].
O seu primeiro partido foi unha derrota fronte a potente Selección de rugby de Portugal en Santa Isabel na capital galega, os seguintes partidos que xoga a selección son no Campionato de Seleccións territoriais, campionato no que nunca venceu pero no que ten acadado moi boas clasificacións, que a levaron a xogar na Copa de Europa de rexións, onde até o de agora saíu derrotada en tódolos partidos.
O seu debut nun partido internacional foi contra o equipo de Bearn, equipo que representa a esta rexión do Iparralde de fala gascona, no estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín. Os do Toxo saíron derrotada 8 a 26 nunha data histórica para o deporte galego, ao ser o primeiro partido oficial disputado por unha selección do país.
Os símbolos
[editar | editar a fonte]A Flor do Toxo
[editar | editar a fonte]O símbolo da selección galega de rugby é a flor do toxo, a chorima (tamén coñecido coma xorima, e outras formas dialectais) a cal é considerada flor nacional de Galiza[4], debido a súa abundancia nas terras galegas e ao seu significado, unha fermosa flor que xermina entre espiñas.
O himno
[editar | editar a fonte]O himno da selección é "Os Pinos", coma himno de Galicia, con trazas do celtismo (común a grandes seleccións europeas de rugby coma Irlanda, Escocia ou Gales) e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal.
Estadios representativos do XV do Toxo
[editar | editar a fonte]A selección galega ten disputado xogos por toda Galicia. Os primeiros partidos do equipo foron xogados en Santa Isabel, en Santiago de Compostela. Este estadio foi inaugurado o 22 de setembro de 1963, tiña un peche sinxelo cunha cuberta, e en 1969 instalouse nel unha tribuna e uns focos luminosos, cun custo de 1 millón de pesetas e capacidade para 8.000 espectadores. O equipo de fútbol SD Compostela xogou neste campo até 1993. En 2003, o campo foi remodelado como parte do Centro Municipal de Deportes, co nome de Santa Isabel.
Posteriormente pasa a xogar partidos tanto en Vigo coma en Culleredo, na cidade olívica no Estadio Universitario e na cidade da comarca coruñesa no Complexo Deportivo de Acea de Ama. Os partidos internacionais xogados até o de agora en territorio galego foron xogados no Estadio Manuel Anxo Cortizo en Lalín, na comarca do Deza, estadio moderno (recentemente en remodelación), e con capacidade para 8.000 seareiros.
Rexistros
[editar | editar a fonte]Relación de tódolos partidos xogados pola Selección de rugby de Galiza en campionatos estatais e internacionais[5]
Partidos amigábeis
[editar | editar a fonte]Data | Lugar | Equipo Local | Equipo Visitante | Resultado |
---|---|---|---|---|
1999 | Santa Isabel, Compostela | Galicia | Portugal |
Data | Lugar | Equipo local | Equipo visitante | Resultado |
---|---|---|---|---|
12-10-2003 | Campo Municipal de Santa Isabel, Santiago de Compostela | Galicia | Cataluña | |
21-12-2003 | País Vasco | Galicia | ||
10-10-2004 | La Foixarda, Barcelona | Cataluña | Galicia | |
18-12-2004 | As Lagoas-Marcosende, Vigo | Galicia | País Vasco | |
16-01-2005 | Campos de Pepe Rojo, Valladolid | Galicia | Asturias | |
29-10-2005 | Acea de Ama, Culleredo | Galicia | Navarra | |
27-11-2005 | Instalacións Deportivas UNBE, Éibar | País Vasco | Galicia | |
25-11-2006 | Acea de Ama, Culleredo | Galicia | País Vasco | |
17-12-2006 | Nafarroako Unibertsitate Publikoa, Pamplona | Navarra | Galicia | |
13-01-2007 | Las Mestas, Xixón | Galicia | Castela e León | |
22-09-2007 | Estadio Universitario, Vigo | Galicia | Comunidade Valenciana | |
29-09-2007 | Plaiaundi, Irún | País Vasco | Galicia | |
16-12-2007 | Santa Bárbara de Llaranes, Avilés | Galicia | Castela e León |
Copa de Europa de Rexións
[editar | editar a fonte]Data | Lugar | Equipo local | Equipo visitante | Resultado |
---|---|---|---|---|
07-10-2006 | Manuel Anxo Cortizo, Lalín | Galicia | Bearn | |
04-11-2006 | Antoine Béguère, Lourdes | Armagnac-Bigorre | Galicia | |
22-12-2007 | Manuel Anxo Cortizo, Lalín | Galicia | Armagnac-Bigorre |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Nosa Terra". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2008. Consultado o 07 de marzo de 2009.
- ↑ "Entrevista a Manuel Espiña" en Vieiros.
- ↑ "Cal é a primeira Selección Galega que ten un partido internacional oficial?"[Ligazón morta] Nova en www.xornal.com.
- ↑ "Flores nacionais", no Setestrelo do Portal das Palabras, 25 de xullo de 2014.
- ↑ FER Outras Competicións (en castelán)