Saltar ao contido

Selección feminina de hóckey sobre xeo de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Federación
Real Federación Española de Deportes de Hielo
Seleccionador
Juan Bravo
Último título
2018 (Div IIB)
Máis partidos
Elena Álvarez Jiménez: 53
Máis puntos
Vega Muñoz: 59
Clasificación IIHF
24
Estrea internacional
Baviera 10–1 España España
(Cergy, Francia; 21 de maio de 2009)
Maior vitoria
España España 14–0 Irlanda
(Sofía, Bulgaria; 19 de marzo de 2011)
Maior derrota
Baviera 10–1 España España
(Cergy, Francia; 21 de maio de 2009)

A selección feminina de hóckey sobre xeo de España é o equipo que representa a España nas competicións internacionais de hóckey sobre xeo en categoría feminina. En 2024, a IIHF (das siglas en inglés de Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo) publicou a clasificación mundial de seleccións, na que España ocupou o 24º posto, oito postos por riba da selección masculina. Segundo datos da IIHF, en 2024 había en España un total de 201 mulleres que practicaban o hóckey sobre xeo.

O equipo debutou en 2009 nun torneo amigable disputado en Cergy (Francia), e en competición oficial no Campionato do Mundo 2011 - Division V, no que finalizou na segunda posición. En 2018 ascendeu ao cuarto nivel do Campionato do Mundo, a Division IIA. Ao longo da súa historia, a selección española gañou oito medallas na Division IIB Campionato do Mundo (1 ouro, 5 pratas e dous bronces), e catro na Division IIA (2 ouros e dúas pratas). España disputou o Preolímpico de hóckey sobre xeo en tres ocasións, mais en ningunha delas conseguiu praza para disputar os Xogos Olímpicos de Inverno.

Dende 2022 a selección absoluta feminina de hóckey sobre xeo de España está dirixida por Juan Bravo. Elena Álvarez Jiménez é a xogadora que máis partidos disputou co combinado español (53), mentres que Vega Muñoz é a máxima puntuadora histórica do equipo con 59 puntos.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Se ben as primeiras referencias ao hóckey sobre xeo en España datan da década de 1920, disputándose o primeiro partido da modalidade en Madrid o 30 de outubro de 1922,[1][2] o hóckey sobre xeo feminino non comezou a súa andaina en España ata o ano 2008, cando se disputou a primeira edición da Liga Nacional Femenina entre outubro dese mesmo ano e febreiro de 2009,[3] así como a Copa de España.[4]

Entre o 21 e o 24 de maio de 2009 a selección española feminina participou no XVI Torneo Internacional feminino de Cergy (Francia), o que supuxo o debut en competición internacional do hóckey sobre xeo feminino español. No torneo, organizado polo Hockey Club Cergy Pontoise, o combinado español enfrontouse aos equipos de Bélxica, Baviera (Alemaña), Grefrath (Alemaña), Collège Les Lynx d’Edouart Montpetit (Canadá) e Cergy (Francia). O equipo foi dirixido por Sylvain Humeau, quen convocou ás seguintes xogadoras:[4]

Porteiras
Defensas
Atacantes

España debutou o 21 de maio fronte o equipo de Baviera, contra o que perdeu por 10-1. A autora do primeiro gol do equipo español foi Ainhoa Merino a pase de Julia Fouz.[5] Con todo, o día seguinte o equipo conseguiu a súa primeira vitoria fronte o equipo alemán do Grefrath (4-0) con tres goles de Andrea Peralta e un de Alejandra Rodríguez.[6] España finalizou o torneo na derradeira posición, cunha única vitoria, nove goles a favor e 26 goles en contra. A participación do equipo foi ben valorada no seo da Real Federación Española de Deportes de Hielo, xa que "puideron xogar de ti a ti contra deportistas dunha categoría moi superior", en palabras do vicepresidente da federación Frank González.[7]

Ese mesmo ano a selección española debía ter debutado na Division V do Campionato do Mundo en Gdańsk (Polonia),[8] mais o torneo foi cancelado.[9]

Os anos na quinta categoría[editar | editar a fonte]

España debutou en competición oficial no Campionato do Mundo 2011 - Division V celebrado en Bulgaria. Para preparar a cita mundialista as xogadoras dirixidas por Sylvain Humeau participaron na "2011 Women Erzurum Cup" disputada na cidade de Erzurum (Turquía) entre o 3 e o 9 de xaneiro de 2011.[10]

As xogadoras españolas debutaron cunha contundente vitoria fronte o equipo turco (7-0) con goles de Vanessa Abrisqueta, Clara Hernández, Laura Alvarado, Lorena Ortuño e Alejandra Rodríguez, estas dúas últimas con dous goles cada unha.[11] Logo de repetir resultado fronte ás anfitrioas,[12] o equipo español se enfrontou a Polonia co ascenso en xogo, mais un gol na prórroga de Karolina Pozniewska en superioridade para as polonesas privou do ascenso ás xogadoras de Humeau, que dominaron durante boa parte do partido.[13] O derradeiro partido fronte a Irlanda (14-0) foi un simple trámite para confirmar o segundo posto das españolas en Sofía.[14] Entre as xogadoras españolas salientou Vanessa Abrisqueta, que foi nomeada mellor defensora do campionato.[15]

O Campionato do Mundo 2012 - Division II B disputado no mes de marzo na cidade de Seúl (Corea do Sur) non comezou ben para o equipo español, que cedeu novamente ante as xogadoras polonesas (3-4) na xornada inaugural, con todo, as xogadoras dirixidas por Humeau conseguiron gañar todos os partidos restantes do campionato para facerse coa medalla de prata. As xogadoras españolas aseguráronse a medalla xa na penúltima xornada logo de gañar a Bélxica (1-0), e despedíronse da competición cunha nova vitoria fronte a Islandia (0-3).[16][17] España finalizou o torneo como o equipo menos goleado con tan só cinco goles en contra, e foi o segundo máximo goleador con 22 goles a favor, só superado por Polonia (38 goles a favor).[18] No eido anotador salientaron Lucia Ruiz e Ana Ucedo, ambas con oito puntos (3+5 cada unha), mentres que a porteira española Carlota Alvarado foi a segunda mellor porteira do campionato cun 97,14 % de paradas e dous shutouts rexistrados.[19][20] Ademais o equipo recibiu o premio ao xogo limpo.[18]

Ese mesmo ano Barcelona acolleu o torneo preliminar de cualificación para os XXIIos Xogos Olímpicos de Inverno que se celebrarían na cidade rusa de Sochi. O grupo estivo integrado polas seleccións de Croacia, Dinamarca e Hungría, ademais da propia selección española. A pesar de que as españolas comezaron cunha vitoria sobre as croatas (1-2), caeron nos seguintes dous encontros e finalizaron na terceira posición con tres puntos, e quedaron fóra da loita pola praza olímpica.[21]

En 2013 España organizou un Campionato do Mundo Femenino por primeira vez na súa historia e a sede elixida foi a localidade catalá de Puigcerdà. Na competición a derrota na segunda xornada fronte o equipo de Corea do Sur evitou que o equipo ascendera de categoría, sumando unha nova prata e finalizando o torneo como o segundo equipo menos goleado (7 goles en contra) e o segundo máis goleador (23 goles a favor).[22] A porteira española Carlota Alvarado volveu ser unha das tres mellores porteiras do campionato cun 94,12 % de paradas,[23] mentres que a atacante Ana Ucedo foi recoñecida como a mellor atacante do torneo.[24]

E 2014 España baixou por primeira vez na súa historia ao terceiro caixón do podio do Campionato do Mundo - Division IIB. As xogadoras españolas comezaron ben a competición disputada en Reiquiavik (Islandia) ao impoñerse a Bélxica (5-0), con todo, as derrotas fronte a Croacia (5-7) e Eslovenia (5-3) no segundo e no derradeiro partido respectivamente levaron á selección española a conseguir o primeiro bronce da súa historia logo de tres pratas consecutivas nas súas tres primeiras participacións.[25] Desta volta, o rendimento de Carlota Alvarado na portería reduciuse, rexistrando un 88,70 % de paradas, o que a situou na quinta posición da clasificación de porteiras, só por diante da islandesa Karitas Halldórsdóttir.[26]

En 2015 España organizou por segunda vez o Campionato do Mundo - Division IIB, desta volta na localidade aragonesa de Jaca, cuxo logotipo se presentou en xaneiro dese mesmo ano.[27] Malia a xogar na casa con audiencias de ata 1 500 persoas no Pavillón de Xeo de Jaca,[28] e do bo traballo da defensora Vanesa Abrisqueta, que foi nomeada mellor defensora do campionato,[29] España volveu perder fronte Eslovenia (que se acabaría proclamando campioa) e México, e só puido sumar dous puntos na vitoria na prórroga sobre as xogadoras islandesas, o que deixou de novo ao equipo no terceiro posto da táboa.[30] O 5 de agosto dese mesmo ano a Federación Española anunciou que o sueco Christian Yngve sería o seleccionador nacional feminino na seguinte tempada,[31] co obxectivo de levar o equipo á Division I en tres anos.[32]

Por segundo ano consecutivo Jaca acolleu o Campionato do Mundo - Division IIB en 2016. O equipo español partía co obxectivo de gañar o campionato e ascender á Division IIA, para o cal o equipo preparouse con sesións de adestramento dobres, tanto no xeo como fóra del,[32] con todo, a derrota fronte a Australia na cuarta xornada deixaba a clasificación final no aire á espera da disputa da quinta e derradeira xornada, na que o triunfo das australianas sobre Islandia deulles o ascenso, facendo insuficiente a vitoria de España fonte a Turquía.[33][34] A nivel individual dúas xogadoras españolas foron recoñecidas pola organización, tratouse de Alba Gonzalo e de Vanesa Abrisqueta, nomeadas mellor porteira e mellor defensora respectivamente.[35]

Entre os días 4 e o 6 de novembro de 2016 disputouse no Palacio de Xeo de Txuri Urdin de Donostia o grupo H da segunda rolda do toreo de cualificación para os Xogos Olímpicos de 2018 que se celebrarían na cidade surcoreana de Pyeongchang. Todos os rivais de España competían en categorías superiores, a pesar do cal, as xogadoras dirixidas por Christian Yngve conseguiron rematar na terceira posición da clasificación logo de gañar na derradeira xornada a Eslovenia (5-1).[36][37]

O 27 de xaneiro de 2017 anunciouse a lista de xogadoras que competirían coa selección española no Campionato do Mundo - Division IIB que se disputou entre os días 17 de febreiro e o 5 de marzo en Akureyri, Islandia.[38] O torneo non comezou ben para o cadro español, que caeu no seu debut fronte á selección mexicana (3-1).[39] Finalmente, as xogadoras dirixidas por Christian Yngve conseguiron a prata logo da vitoria na prórroga fronte a Nova Zelandia (3-2), as goleadas a Romanía (8-1) e Turquía (11-0), e a vitoria na última xornada fronte ás anfitrioas.[40] A pesar de non conseguir o ascenso, o combinado español foi o equipo máis goleador da competición con 26 goles e o menos goleado con sete, aínda que ningunha das xogadoras españolas estivo entre as cinco mellores anotadoras, e ningunha das porteiras recibiu o galardón á mellor porteira, que foi para a mexicana Mónica Rentería.[39]

O Campionato do Mundo volveu a España en 2018 logo de que a cidade madrileña de Valdemoro fora escollida para acoller ese ano Campionato do Mundo - Division IIB no congreso anual da IIHF celebrado en maio de 2017 en Colonia (Alemaña), onde se disputara o Campionato do Mundo de 2017.[41][42] A selección española preparouse para a cita mundialista meses antes, en decembro, xunto coa selección U18 en Valdemoro e Majadahonda.[43] Como parte da preparación, en febreiro o equipo desprazouse a Katowice (Polonia) para disputar o Torneo das 4 Nacións fronte os equipos de Polonia, Letonia e Hungría U19, todas elas pertencentes a divisións superiores agás o combinado húngaro de menores de 19 anos. España conseguiu unha única vitoria fronte ás xogadoras húngaras (0-5), aínda que perdeu os outros partidos por estreita marxe, e finalizou na terceira posición.[44][45] O 17 de marzo iniciouse o Campionato do Mundo - Division IIB na Pista Municipal de Hielo Francisco Fernández Ochoa de Valdemoro,[46] onde o combinado español conseguiu o campionato e o ascenso á Campionato do Mundo - Division IIA logo de derrotar na derradeira xornada a Taipei (6-1) cunha gran actuación do equipo, que unha vez máis foi o equipo máis goleador (29 goles a favor en cinco partidos) e o menos goleado (5 goles en contra), e especialmente da porteira Alba Gonzalo e a defensa Elena Álvarez, que recibiron o premio á mellor porteira e á mellor defensa respectivamente, mentres que a máxima puntuadora do equipo foi Vega Muñoz (11, 3+8).[47]

Na Division-IIA[editar | editar a fonte]

En agosto de 2018 a Real Federación Española de Deportes de Hielo anunciou ao estadounidense Harry Rosenholtz como novo seleccionador das categorías femininas.[48] Esta nova etapa comezou coa disputa do Campionato do Mundo - Division IIA en Dumfries (Escocia) o 2 de abril de 2019, onde o combinado español acabou colgándose a prata no seu debut na categoría. O mundial comezou ben para as xogadoras dirixidas por Rosenholtz, que se impuxeron nos shootouts a Eslovenia grazas a un gol de Carmen Rivera e ás paradas de Alba Gonzalo logo de ter remontado no terceiro terzo.[49][50] As posteriores vitorias fronte a México na segunda xornada, e Australia na derradeira, déronlle a medalla de bronce a un equipo que só caeu contra Corea do Norte nos shootouts (2-1), e Gran Bretaña (1-4). O equipo español foi o segundo equipo que menos goles anotou (11), mais o bo traballo na portería fixo que encaixaran o mesmo número de goles.[51]

Durante os dous seguintes anos, a selección española feminina non tivo actividade a causa da pandemia por coronavirus, que cancelou os Campionatos do Mundo de 2020, que debía disputarse no mes de marzo en Jaca (España),[52] e o de 2021, que tamén se debía ter celebrado na localidade aragonesa.[53][54][55] A pandemia non só afectou á actividade da selección, senón que detivo todas as competicións organizadas pola Real Federación Española de Deportes de Hielo dende marzo de 2020,[56] se ben a actividade competitiva en España reanudouse en setembro.[57]

Entre o 7 e o 10 de outubro de 2021, logo de dous anos sen actividade a causa da pandemia por coronavirus, a selección española desprazouse a Torre Pellice (Italia) para disputar a segunda rolda do Preolímpico. España presentouse cun equipo moi novo, con 21 anos de media, o que non impediu que as xogadoras dirixidas por Harry Rosenholtz acabaran a competición na segunda posición do grupo G, no que tamén estaban as selección de Italia, Casaquistán e Taiwán. O equipo perdeu no debut fronte as xogadoras transalpinas (1-4), mais na segunda xornada conseguiu levar o partido fronte ás casacas á prórroga e logo aos penaltis, onde conseguiu unha vitoria histórica fronte a unha selección de categoría superior.[a] As xogadoras española remataron a súa carreira olímpica derrotando a Taiwán (0-4).[58][59][60]

O Pavillón de Xeo de Jaca si acolleu o mundial en 2022, no que España se enfrontou aos combinados de Gran Bretaña, Letonia, México e Taipei.[61] O equipo español tivo un inicio prometedor logo de impoñerse a Letonia, unha das favoritas, nos shootouts grazas aos goles de Haizea Fernández de Romarategui e Vega Muñoz, así como á actuación de Alba Gonzalo na portería.[62] As xogadoras de Rosenholtz ofreceron unha boa imaxe no seu segundo partido, no que as españolas se adiantaron no marcador nos primeiros cinco minutos, con todo, dous goles das británicas nos tres últimos minutos do partido deixaron sen puntuar a España, deixándolle moi complicado o ascenso de categoría.[63] Logo de asegurar a medalla ao derrotar a Taipei (4-1),[64] o equipo español xogábase finalizar na segunda posición ante México, perdendo por 0-2 e finalizando na terceira posición por detrás de británicas e letonas. O papel destacado de Alba Gonzalo no campionato valeulle o recoñecemento como mellor porteira, mentres que Paula Moreno foi escollida como mellor xogadora do equipo español.[65][66][67] Nesta edición, o equipo español foi o único que foi quen de marcar un gol á porteira británica Nicole Jackson.[68][69]

No verán de 2022 a Real Federación Española de Deportes de Hielo anunciou que Harry Rosenholtz deixaba de ser o seleccionador das categorías femininas de España. Deste xeito acababa unha relación co adestrador estadounidense que levou a España a conseguir dous bronces en categoría absoluta (2019 e 2022) e dous ouros co equipo U18 (2020 e 2022), así como a segunda posición no Preolímpico de 2021.[70] O mes seguinte anunciábase que Laura Rollins substituiría a Roenholtz como seleccionadora logo de catro tempadas como adestradora aistente.[71] Con todo, finalmente foi Juan Bravo o encargado de dirixir a selección absoluta, debutando no Campionato do Mundo de 2023.[72]

En 2023 a selección española desprazouse a Cidade de México para disputar un novo Campionato do Mundo, onde conseguiu a medalla de prata logo de perder no derradeiro partido do torneo fronte a Letonia (4-1), que finalmente se fixo co ouro e o ascenso á Division-IB. O campionato comezou ben para o equipo español, que derrotou ás anfitrioas na xornada inaugural (0-6). No segundo partido as españolas derrotaron a Taipei (2-0), mentres que no terceiro conseguiron unha nova goleada, desta volta fronte a Islandia (8-2). Marta Martín foi escollida como mellor xogadora do equipo español, mentres que as máximas goleadoras do equipo foron Claudia Castellanos, Haizea Fernández e Vega Muñoz (que foi a segunda máxima puntuadora do torneo con oito puntos, 3+5), con tres goles cada unha. España foi o segundo equipo máis goleador (17 goles a favor) e menos goleado (6 goles en contra).[73][74]

A Real Federación Española de Deportes de Hielo volveu organizar un mundial en 2024, mais desta volta a sede escollida foi a localidade de Canillo, no Principado de Andorra, entre os días 7 e 13 de abril, aínda que inicialmente estaba previsto que se celebrara entre os días 18 e 24 de marzo.[75][76][77] O obxectivo de España nesta edición era continuar a liña ascendente na división e conseguir o ouro e o ascenso á Division IB, un fito histórico para o hóckey feminino español, para o cal tería que superar ás seleccións de Casaquistán, México, Taipei, Islandia e Bélxica.[77] Igual que ocorrera na edición precedente celebrada en México, o equipo dirixido por Juan Bravo comezou gañando todos os seus partidos, goleando no seu debut no Palau de Gel de Canillo a Islandia (8-0),[78] mantivo de novo a súa portería a cero fronte a México no segundo partido (3-0) e no terceiro contra unha Bélxica moi nova con tan so 18 anos de media (8-0), á que xa gañaba por 4-0 logo do primeiro terzo.[79] No cuarto partido, xogado contra Taipei, chegou o primeiro gol en contra para o equipo español, con todo, as xogadoras españolas acabaron impoñéndose 3-1 ao cadro asiático logo dun partido moi igualado a pesar de que as locais tiraron 52 veces á portería por 12 do equipo de Taipei. Deste xeito o ouro e o ascenso quedaban pendentes da derradeira xornada de competición, na que España se enfrontaría a Casaquistán.[80] No partido decisivo España conseguiu chegar por diante no marcador ata o principio do terceiro terzo (3-2), mais axiña as casacas igualaron o encontro, e a falta dun minuto para cumprirse os 60 minutos regulamentarios Alexandra Shegay adiantouu a Casaquistán, que acabou impoñéndose por 3-5 mentres o equipo español tentaba a igualada xogando sen porteira. Deste xeito conseguía unha nova prata a pesar da xuventude do equipo, que contaba con apenas 21 anos de media. Vega Muñoz foi a máxima puntuadora do torneo con nove puntos, mentres que Bridget O'Hare foi nomeada a mellor defensora.[81][82]

Rexistros nos Campionatos do Mundo[editar | editar a fonte]

España debutou nun Campionato do Mundo feminino en 2011, partido da Division V, a categoría máis baixa. En 2024 xogou por sexto ano consecutivo na Division IIA, o cuarto nivel dos Campionatos do Mundo de hóckey sobre xeo feminino. A selección española feminina tan só conseguiu un ascenso de categoría, en 2018, cando ascendeu da Division IIB (quinto nivel) á Division IIA (cuarto nivel). Ademais, a Real Federación Española de Deportes de Hielo organizou seis veces os campionatos da súa división correspondente, se ben a edición de 2024 non se celebrou en España senón en Andorra, e as edicións de 2020 e 2021 se debían ter celebrado igualmente en España, mais foron canceladas pola pandemia de COVID-19. A continuación amósanse os rexistros de España nos Campionatos do Mundo femininos:

Ano División Posición PX V E D
Tier Div. Ov Div.
2009 4 Div IV Cancelado
2011 5 Div V 32 2 4 3 0 1
2012 5 Div II B 27 2 5 4 0 1
2013 5 Div II B 28 2 5 4 0 1
2014 5 Div II B 29 3 5 3 0 2
2015 5 Div II B 29 3 5 3 0 2
2016 5 Div II B 28 2 5 4 0 1
2017 5 Div II B 28 2 5 4 0 1
2018 5 Div II B 28 1 5 5 0 0
2019 4 Div II A 25 3 5 3 0 2
2020 4 Div II A Cancelado a causa da pandemia de COVID-19
2021 4 Div II A Cancelado a causa da pandemia de COVID-19
2022 4 Div II A 24 4 1 1 0 2
2023 4 Div II A 24 2 4 3 0 1
2024 4 Div II A 24 2 5 4 0 1

Uniforme e escudo[editar | editar a fonte]

España ten empregado diversas cores nas súas equipacións, principalmente o vermello, o branco, o amarelo, o azul, mais tamén o negro. Entre 2018 e 2022 a camiseta local de España era de cor amarela, mentres que a segunda camiseta era de cor azul, o que supuxo un cambio respecto das camisetas empregadas no período anterior, que empregaron a cor negra na segunda equipación.[83] Dende 2022 a camiseta titular de España é de cor branca, mentres que a reserva é vermella, os pantalóns son azuis en ambos casos.[84]

Ao contrario do que ocorre con outras seleccións nacionais, que empregan o escudo da federación que rexe o hóckey sobre xeo no país, o escudo empregado pola selección española é o escudo de España, visible no centro da camiseta.[84]

Xogadoras[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Actualizado a 23 de xaneiro de 2024.[85]

# Nac Xogador/a Posición[b] S/G[c] Idade Adquirido/a Lugar de nacemento
1 Moreno, CarolinaCarolina Moreno G E (22 anos)
2 Ansoleaga, ValeriaValeria Ansoleaga D D (19 anos)
3 Rivas, MartaMarta Rivas D E (22 anos)
4 Serna, MaríaMaría Serna D E (22 anos)
5 Villar, LeyreLeyre Villar D E (24 anos)
6 Moreno, PaulaPaula Moreno F E (25 anos)
7 Muñoz, VegaVega Muñoz F E (25 anos)
8 Martín, MartaMarta Martín D D (23 anos)
9 O'Hare, BridgetBridget O'Hare D D (20 anos)
10 García, AitanaAitana García F D (21 anos)
11 Serrano, Victoria BelénVictoria Belén Serrano F D (23 anos)
12 Giménez, PaulaPaula Giménez F D (16 anos)
13 Giménez, NereaNerea Giménez F E (18 anos)
14 Bosch, IndiraIndira Bosch D E (18 anos)
15 Scilipoti, SofíaSofía Scilipoti F D (22 anos)
17 Fernández, HaizeaHaizea Fernández F D (19 anos)
18 Castellanos, ClaudiaClaudia Castellanos F E (17 anos)
20 Gonzalo, AlbaAlba Gonzalo G E (27 anos)
21 Serrano, Jimena IsabelJimena Isabel Serrano D E (21 anos)
22 Gil, LauraLaura Gil F D (20 anos)
23 Romero, LidiaLidia Romero F E (16 anos)
24 Álvarez, EelenaEelena Álvarez D E (27 anos)


Capitás[editar | editar a fonte]

A primeira capitá da selección española foi María Gurrea.[86]

Capitás de España
Xogadora Período
María Gurrea 2010-2014
Vanesa Abrisqueta 2014-2018
Sen actividade 2020-2021
Elena Álvarez 2024

Líderes históricas[editar | editar a fonte]

A xogadora que máis partidos vestiu a camisola da selección española é Elena Álvarez Jiménez, cun total de 53 partidos entre os anos 2011 e 2024. No que respecta ao xogo, a líder nas estatísticas de España é a madrileña Vega Muñoz, que lidera o equipo en puntos, goles e asistencias dende o seu debut en 2013. Pola súa parte, Leticia Abrisqueta é a xogadora máis penalizada do combinado español con 74 minutos.[87]

Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.

Líderes históricas de España
Xogadora Pos  PX  G   A  Pts
Vega Muñoz C 43 29 30 59
Ainhoa Merino F 39 28 16 44
Vanesa Abrisqueta D 44 18 15 33
María Gurrea F 24 15 15 30
Ana Ucedo F 19 11 19 30

Seleccionadores[editar | editar a fonte]

Dende a creación da selección española feminina de hóckey sobre xeo en 2009 o equipo tivo un total de cinco seleccionadores distintos, todos homes. O primeiro seleccionador foi o francés Sylvain Humeau, que se fixo cargo do equipo dende o seu debut en 2009 ata o ano 2013.[88]

Seleccionadores de España
Nome(s) Período
Francia Sylvain Humeau 2009-2013
España Karlos Gordovil 2013-2015
Christian Yngve 2015-2018
Harry Rosenholtz 2018-2022
España Juan Bravo 2022-

Clasificacións[editar | editar a fonte]

Ránkings de España
Ano Posto Ref.
2011 35 [89]
2012 30 [89]
2013 29 [90]
2014 (febreiro) 26 [91]
2014 (abril) 26 [92]
2015 26 [93]
2016 27 [94]
2017 26  [95]
2018 (febreiro) 25 [96]
2018 (abril) 25 [97]
2019 25 [98]
2020 25 [99]
2021 25 [100]
2022 (febreiro) 24 [101]
2022 (setembro) 24 [102]
2023 24 [103]
2024 24 [104]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Colectivos[editar | editar a fonte]

  • Campionato do Mundo - Division II B 2018
    • 1 medalla de ouro: 2018
    • 5 medallas de prata: 2011,[d] 2012, 2013, 2016 e 2017
    • 2 medallas de bronce: 2014 e 2015
  • Campionato do Mundo - Division II A
    • 2 medallas de prata: 2023, 2024
    • 1 medalla de bronce: 2019, 2022

Individuais[editar | editar a fonte]

Division V/IIB

Mellor defensora

Mellor atacante

Mellor porteira

Division IIA

Mellor defensora

Mellor porteira

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tanto Casaquistán como Italia disputaban daquela a Division IB, mentres que España competía na Division IIA.
  2. As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
    • G: Goalie (porteiro)
    • D: Defenceman (defensa)
    • F: Forward (atacante).
  3. As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
  4. Actualmente o quinto nivel dos Campionatos do Mundo, antes denominado "Campionato do Mundo - Division V", coñécese como "Campionato do Mundo - Division II B".
Referencias
  1. "Pistoletazo de salida a la temporada del Centenario del Hockey Hielo en España" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 15 de setembro de 2022. Consultado o 29 de outubro de 2023. 
  2. Riquelme, Gerardo (10 de marzo de 2023). "Viaje al centenario del hockey hielo en España". MARCA (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2023. 
  3. "Championnat d'Espagne féminin 2008/09" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "La selección femenina de hockey hielo debuta en competición internacional" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 19 de maio de 2009. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  5. "Debut con derrota de la selección femenina de hockey hielo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 22 de maio de 2009. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  6. "Primera victoria de la selección femenina de hockey hielo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 22 de maio de 2009. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  7. "Primera victoria de la selección femenina de hockey hielo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 22 de maio de 2009. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  8. "2009 IIHF Championship Program" (en inglés). IIHF]]. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2023. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  9. "WC D5 (W) - 2010-2011" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  10. "Hockey Hielo Femenino: Ya hay lista de chicas para el torneo de Erzurum en Turquía" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 30 de novembro de 2010. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  11. "Cto. del Mundo Femenino de Hockey Hielo: España 7 – Turquía 0. Nuestras chicas debutan con victoria" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 15 de marzo de 2011. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  12. "Cto. del Mundo Hockey Hielo Femenino: Bulgaria 0 – España 7" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 16 de marzo de 2011. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  13. "España 4 – Polonia 5 – Un «Gol de Oro» en la prórroga impide el ascenso de la Selección Femenina" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 18 de marzo de 2011. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  14. "España se despide de Bulgaria goleando a Irlanda" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 19 de marzo de 2011. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  15. "BEST PLAYERS SELECTED BY THE DIRECTORATE 2011" (PDF) (en inglés). IIHF. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  16. "La selección femenina se asegura el podio en el Mundial de hockey hielo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 15 de marzo de 2012. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  17. "España se cuelga la plata en el Mundial femenino de hockey hielo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 16 de marzo de 2012. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  18. 18,0 18,1 "Championnats du monde féminins 2012" (en inglés). hockeyarchives.info. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  19. "IIHF Ice Hockey Women's World Championship DIV II Group B (2012) - SCORING LEADERS" (PDF) (en inglés). IIHF. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  20. "IIHF Ice Hockey Women's World Championship DIV II Group B (2012) - GOALKEEPERS" (PDF) (en inglés). IIHF. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  21. "Qualifications pour les Jeux Olympiques 2014, féminines" (en inglés). hockeyarchives.info. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  22. "Championnats du monde féminins 2013" (en inglés). hockeyarchives.info. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  23. "IIHF Ice Hockey Women's World Championship DIV II Group B (2013) - GOALKEEPERS" (PDF) (en inglés). IIHF. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  24. "BEST PLAYERS SELECTED BY THE DIRECTORATE 2013" (PDF) (en inglés). IIHF. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  25. "Championnats du monde féminins 2014" (en inglés). hockeyarchives.info. Consultado o 8 de decembro de 2023. 
  26. "IIHF Ice Hockey Women's World Championship DIV II Group B (2014) - GOALKEEPERS" (PDF) (en inglés). IIHF. Consultado o 11 de decembro de 2023. 
  27. "Se presenta el logo del Mundial Femenino de Hockey Hielo de Jaca" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 22 de xaeiro de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2023. 
  28. "GAME SUMMARY. ESP - AUS" (PDF) (en inglés). IIHF. Consultado o 11 de decembro de 2023. 
  29. "BEST PLAYERS SELECTED BY THE DIRECTORATE 2014" (PDF) (en inglés). IIHF. Consultado o 11 de decembro de 2023. 
  30. "Championnats du monde féminins 2015" (en inglés). hockeyarchives.info. Consultado o 11 de decembro de 2023. 
  31. "El medallista olímpico, Christian Yngve, nuevo seleccionador nacional de Hockey Hielo Femenino" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 5 de agosto de 2015. Consultado o 11 de decembro de 2023. 
  32. 32,0 32,1 "La Selección Española Femenina de Hockey Hielo, a por el oro en Jaca" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 18 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2023. 
  33. "España pierde ante Australia y todas las medallas siguen juego en el Mundial de Hockey Hielo Femenino de Jaca" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 5 de marzo de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2023. 
  34. "Championnats du monde féminins 2016" (en inglés). hockeyarchives.info. Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  35. "BEST PLAYERS SELECTED BY THE DIRECTORATE 2016" (PDF) (en inglés). IIHF. Consultado o 6 de decembro de 2023. 
  36. "Presentado el Preolímpico de Hockey Hielo Femenino de San Sebastián" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 28 de outubro de 2016. Consultado o 11 de decembro de 2023. 
  37. "Qualifications pour les Jeux Olympiques 2018, féminines" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  38. "Jugadoras convocadas para participar en el 2017 Women’s World Championship Division II Group B" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2024. 
  39. 39,0 39,1 "Championnats du monde féminins 2017" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 12 de xuño de 2024. 
  40. Luis, Sandra (6 de marzo de 2017). "España, plata en el Mundial de Hockey sobre hielo femenino". MARCA (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2024. 
  41. "Presentadas las sedes para los mundiales 2017-18 de Hockey Hielo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 19 de maio de 2017. Consultado o 12 de xuño de 2024. 
  42. "Info" (en inglés). IIHF. Consultado o 12 de xuño de 2024. 
  43. "Convocatoria para el campamento de Valdemoro y Majadahonda del 13 al 17 de diciembre" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 21 de novembro de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  44. "4 Naciones para preparar el Mundial de Valdemoro" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 16 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  45. "Matches internationaux féminins 2017/18" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  46. "Empiezan los preparativos para los Mundiales de Hockey Hielo Senior" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 27 de novembro de 2017. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  47. "¡España es Campeona del Mundial de Valdemoro!" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 22 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  48. "Harry Rosenholtz, nuevo seleccionador para las categorias femeninas de hockey hielo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 10 de agosto de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  49. "España se estrena con victoria en el Mundial de Hockey Hielo femenino" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 2 de abril de 2019. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  50. Potts, Andy (2 de abril de 2019). "Prolific Slovenia grabs gold" (en inglés). IIHF. 
  51. "Championnats du monde féminins 2019" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  52. Steiss, Adam (2 de marzo de 2020). "IIHF cancels March tournaments" (en inglés). IIHF. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  53. "El Mundial Senior femenino 2021 de hockey hielo se celebrará en Jaca" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 22 de xuño de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  54. Steiss, Adam (18 de novembro de 2020). "IIHF Council announces more cancellations" (en inglés). IIHF. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  55. "El Mundial femenino División II-A de 2021 se disputará en Jaca". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de xuño de 2020. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  56. "Se posponen las competiciones de FEDHielo durante el mes de marzo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 10 de marzo de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  57. "¡Vuelve el hockey hielo en España!" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 10 de setembro de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  58. "España presenta su convocatoria para el PreOlímpico de Torre Pellice" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 29 de setembro de 2021. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  59. "España vuelve a la acción en el Preolímpico de hockey hielo". Sport (en castelán). 6 de outubro de 2021. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  60. "España pide paso en Torre Pellice". Sport (en castelán). 10 de outubro de 2021. Consultado o 10 de decembro de 2023. 
  61. "Abierto el plazo de acreditación de medios para el Mundial de Jaca 2022" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 16 de marzo de 2022. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  62. "España presenta candidatura al oro con una emocionante victoria ante Letonia (0-1)" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 3 de abril de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2024. 
  63. "España cae ante Gran Bretaña con la cabeza alta (3-1)" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 5 de abril de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2024. 
  64. "Brillante último tercio de España para asegurar medalla en el Mundial (4-1)" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 7 de abril de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2024. 
  65. "España revalida el bronce en el Mundial 2022" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 8 de abril de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2024. 
  66. "Championnats du monde féminins 2022" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 14 de xuño de 2024. 
  67. "España se cuelga el bronce". hockeyhielofemenino.es (en castelán). 9 de abril de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  68. Potts, Andy (9 de abril de 2022). "GB women take Div. II gold" (en inglés). IIHF. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  69. "GAME SUMMARY" (en inglés). IIHF. 5 de abril de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  70. "Harry Rosenholtz finaliza su etapa junto a la RFEDH" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 27 de xullo de 2022. Consultado o 14 de xuño de 2024. 
  71. "La RFEDH anuncia el staff para sus selecciones femeninas de hockey hielo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 31 de agosto de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  72. "Entry list by team. ESP - Spain" (PDF) (en inglés). IIHF. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  73. "España consigue la plata en el Mundial IIHF IIA de México". hockeyhielofemenino.es (en castelán). 10 de abril de 2023. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  74. "Championnats du monde féminins 2023" (en francés). hockeyarchives.info. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  75. "And 2027 goes to …" (en inglés). IIHF. 26 de maio de 2023. Consultado o 15 de xuño de 2024. 
  76. "Mundiales 2023 – 2024". hockeyhielofemenino.es (en castelán). 26 de maio de 2023. Consultado o 16 de xuño de 2024. 
  77. 77,0 77,1 "España busca el oro en el Mundial Femenino de Hockey Hielo 2024 de Canillo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 4 de abril de 2024. Consultado o 16 de xuño de 2024. 
  78. "España debuta con victoria en el Mundial femenino División II". MARCA (en castelán). 7 de abril de 2024. Consultado o 16 de xuño de 2024. 
  79. "España asegura medalla en el Mundial femenino División II". MARCA (en castelán). 10 de abril de 2024. Consultado o 16 de xuño de 2024. 
  80. "España supera a China Taipei y pone la vista en el oro en el Mundial División II". MARCA (en castelán). 11 de abril de 2024. Consultado o 16 de xuño de 2024. 
  81. "España se queda a un paso del oro en Canillo" (en castelán). Real Federación Española de Deportes de Hielo. 13 de abril de 2024. Consultado o 16 de xuño de 2024. 
  82. "2024 IIHF WW IIA - Kazakhs promoted to Division I B" (en castelán). IIHF. 14 de abril de 2024. Consultado o 16 de xuño de 2024. 
  83. "Imaxe das camisetas do período 2018-2022 no Facebook da Real Federación Española de Deportes de Hielo" (en castelán). 14 de xuño de 2018. Consultado o 16 de xuño de 2024. 
  84. 84,0 84,1 "Spain" (en inglés). IIHF. Consultado o 16 de xuño de 2024. 
  85. "Spain players" (en inglés). IIHF. Consultado o 16 de xuuño de 2024. 
  86. "Spain - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  87. "Spain - All Time Regular Season Player Stats" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 13 de xuño de 2024. 
  88. "Spain - Team Staff History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 12 de decembro de 2023. 
  89. 89,0 89,1 "2012 WORLD RANKING" (en inglés). webarchive.iihf.com. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  90. "2013 WORLD RANKING" (en inglés). webarchive.iihf.com. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  91. "2014 WORLD RANKING (Feb.)" (en inglés). webarchive.iihf.com. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  92. "2014 WORLD RANKING (April)" (en inglés). webarchive.iihf.com. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  93. "2015 WORLD RANKING" (en inglés). webarchive.iihf.com. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  94. "2016 WORLD RANKING" (en inglés). webarchive.iihf.com. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  95. "2017 WORLD RANKING" (en inglés). webarchive.iihf.com. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  96. "2018 WORLD RANKING" (en inglés). webarchive.iihf.com. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  97. "2018 WORLD RANKING" (en inglés). webarchive.iihf.com. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  98. "2019 WORLD RANKING" (en inglés). IIHF. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  99. "2020 WORLD RANKING" (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  100. "2021 WORLD RANKING" (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2022. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  101. "2022 WORLD RANKING" (en inglés). IIHF. Arquivado dende o orixinal o 8 de abril de 2022. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  102. "IIHF - Canada remains first in World Ranking" (en inglés). IIHF. 15 de setembro de 2022. Consultado o 7 de decembro de 2023. 
  103. "2023 IIHF Women's World Ranking" (en inglés). reddit.com. Consultado o 11 de xuño de 2024. 
  104. "2024 WORLD RANKING" (en inglés). IIHF. Consultado o 11 de xuño de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]