Sergio García Ferrera
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de maio de 1925 Cádavos, España |
Morte | 26 de marzo de 2019 (93 anos) Cádavos, España |
Alcalde da Mezquita | |
1987 – 1995 – Francisco José Montesinos Rodríguez → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Sergio García Ferrera, nado en Cádavos (A Mezquita) o 3 de maio de 1925 e finado no mesmo lugar o 26 de marzo de 2019, foi un mestre, médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Bernardo García Barros. Aos once anos foi enviado a estudar a Ourense co seu irmán e viviu cos seus tíos Fructuoso Manrique Martín e Marcial García Barros. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 detiveron ao seu pai e aos seus tíos aos que lle levaba comida á cadea de Ourense. Estudou Maxisterio en Santiago de Compostela e licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como médico interino no Barco de Valdeorras e despois en Guadalaxara. Diplomouse en Madrid en Medicina laboral e Sanidad Nacional. Exerceu como médico titular en Zamora e A Gudiña para finalmente trasladarse á Mezquita. Foi un dos fundadores do PSOE en Galicia. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE da Mezquita e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 1987 volveu encabezar a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde da Mezquita por maioría simple. Nas municipais de 1991 foi novamente elixido alcalde, nesta ocasión con maioría absoluta. Continuou como alcalde ata 1995, cando non concorreu á reelección.
Predecesor: José Andrés Prieto Rodríguez |
Alcalde da Mezquita 1987 - 1995 |
Sucesor: Francisco José Montesinos |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2013 inaugurouse en Cádavos unha praza co seu nome.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na Gudiña con María del Carmen Pravos Rico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El PSOE destacó el trabajo del exalcalde de A Mezquita, Sergio García Ferrera", La Voz de Galicia, Ourense, 1-9-2013, p. 8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Homenaxe ao Dr. Sergio García, ex alcalde socialista da Mezquita
- Héroes o traidores, artigo de Sergio García Ferrera en La Región, (en castelán).
- García Ferrera: 'É un orgullo que o lugar leve o meu nome